Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario O Breixo (conversa·contribucións) realizou a última edición na páxina hai 3 días. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse.
Con Fred Archer, Adams desenvolveu o Sistema de Zonas como un xeito de determinar a exposición axeitada e axustar o contraste na impresión final. A claridade e profundidade resultante caracterizou as súas fotografías. Adams usou principalmente cámaras de formato grande porque a súa alta resolución axudouno a asegurar a nitidez nas súas imaxes. (Ler máis...)
Picasso comezou o seu percorrido estilístico cunha curta experiencia co modernismo despois do contacto coa natureza que tivo na súa estadía en Horta de Sant Joan e a amizade cos artistas cataláns de Els Quatre Gats. Coas súas primeiras visitas a París, a partir de 1900, comezou a desenvolver un estilo propio, primeiro no "período azul", que se caracteriza por obras feitas en tonalidades azuis, frías e personaxes alongados con expresións tráxicas, influído por Van Gogh e Paul Gauguin, que reflectían unha tendencia nihilista; continuou cun xiro cara a un certo optimismo manifestado por un cambio a cores cálidas e coñecido como "período rosa", nun intre no que Picasso estaba permanentemente instalado en París e no que entrou en contacto con escritores achegados ó surrealismo. Deste período, son as obras de saltimbanquis, pallasos ou acróbatas de contido máis lixeiro e alegre. (Ler máis...)
Nomeado como representante especial da UNICEF o 3 de abril de 2001, dedicouse a facer crónicas sobre a vida das persoas excluídas, traballo do cal xurdiron dez libros e varias exposicións. (Ler máis...)
Image 6
A escultura románica, insírese en xeral, dentro das metas artísticas do movemento da arte románica, incluída a comunicación entre a Igrexa católica e os fieis, o que é o reino de Deus na terra e mailo templo. Así, a escultura tivo unha estreita relación coa arquitectura, inseríndose no seu lugar como un elemento complementario, e dedicouse principalmente ao ensino das escenas bíblicas con relevos de pedra que fosen comprensibles para os crentes laicos. Esta actividade desenvolveuse entre o século XI e, en correspondencia coas diferentes partes de Europa, o século XII ou a primeira metade do XIII.
É o románico do século XI, no que se dan a coñecer as primeiras obras de escultura monumental que se presentan dende o século V, período no que deixan de existir pezas de vulto redondo (pezas tridimensionais) e observan un aumento da produción de pequena escultura e traballos en metal, desenvolvidos durante o período prerrománico. (Ler máis...)
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena. Igualmente, é valorada polo feminismo debido á súa comprometida representación da forma e da experiencia feminina. A súa vida estivo cruzada polo infortunio dunha enfermidade infantil, a poliomielite, e por un grave accidente na súa mocidade que a mantivo prostrada durante longos períodos. De feito, chegou a someterse até a 32 operacións cirúrxicas. Levou unha vida pouco convencional, foi bisexual e entre os seus amantes atopábase Lev Trotski. A súa obra pictórica xira tematicamente en torno á súa biografía e ao seu propio sufrimento.
En 1939 expuxo as súas pinturas en Francia grazas a unha invitación de André Breton. Este tentou convencela de que eran «surrealistas», aínda que Kahlo dicía que esta tendencia non correspondía coa súa arte, xa que ela non pintaba soños senón a súa propia vida. Unha das obras desta exposición (Autorretrato-O marco, que actualmente se atopa no Centro Georges Pompidou), converteuse no primeiro cadro dun artista mexicano adquirido polo Museo do Louvre. Até entón, Frida Kahlo pintara só no ámbito privado, e custoulle admitir que a súa obra puidese ter interese xeral. Aínda que gozou da admiración de destacados pintores e intelectuais da súa época como Pablo Picasso, Vasili Kandinski, André Breton ou Marcel Duchamp, a súa obra alcanzou fama e verdadeiro recoñecemento internacional despois da súa morte, especialmente a partir da década de 1970. (Ler máis...)
Image 9
Alberto Durero ou Albrecht Dürer, nado en Núremberg o 21 de maio de 1471 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1528, foi un pintor, gravador e matemático alemán. As súas impresións estableceron a súa reputación por toda Europa cando aínda non cumprira os 30 anos, e foi tradicionalmente considerado xa dende entón como un dos máis importantes artistas do renacemento nórdico. A súa vasta obra abrangue retablos e traballos relixiosos, numerosos retratos e autorretratos e gravados en cobre e madeira. Exerceu unha decisiva influencia nos artistas do século XVI, tanto alemáns coma dos Países Baixos, e chegou a ser admirado por mestres italianos como Rafael Sanzio. Os seus gravados alcanzaron gran difusión e inspiraron a múltiples artistas posteriores, incluíndo os nazarenos do século XIX e os expresionistas alemáns de principios do século XX.
As súas obras máis amplamente coñecidas son a Apocalipse de 1498 e as súas dúas series da crucifixión de Cristo, a Gran Paixón (1498–1510) e a Pequena Paixón (1510–1511). (Ler máis...)
Liszt é o pai da técnica pianística moderna e do recital. El está na orixe do impresionismo pianístico, do piano orquestral (en Mazeppa, o cuarto estudo de execución transcendente) e do piano literario (Ans de pélérinage, baseada na obra de GoetheWanderjahre) Con Frédéric Chopin é fundamental para a aparición de toda unha liña de compositores: Maurice Ravel, Serguei Rachmaninov, Scriabin. (Ler máis...)
Image 14
Henri Cartier-Bresson, nado o 22 de agosto de 1908 en Chanteloup-en-Brie e finado o 3 de agosto de 2004 en Montjustin, foi un célebre fotógrafofrancés considerado por moitos o pai do fotorreportaxe. Predicou sempre coa idea de atrapar o instante decisivo, versión traducida das súas "images a la sauvette", que veñen a significar con máis precisión "imaxes a hurtadillas". Tratabase, pois, de poñer a cabeza, o ollo e o corazón no mesmo momento no que se desenvolve o clímax dunha acción. (Ler máis...)
Image 15
Sir Charles Spencer "Charlie" Chaplin, nado en Walworth (Londres, Inglaterra) o 16 de abril de 1889 e finado en Corsier-sur-Vevey (Suíza) o 25 de decembro de 1977, foi un actor, director de cine e compositor inglés que acadou a fama na era do cine mudo. Converteuse nunha icona mundial a través da súa personaxe "Charlot" (The Tramp en inglés, "O vagabundo"), e é considerado unha das figuras máis importantes da historia da industria do cine. A súa carreira abrangue máis de 75 anos, dende a súa nenez na época vitoriana ata un ano antes da súa morte ós 88 anos.
A súa infancia estivo marcada pola pobreza e as dificultades. Como o seu pai estaba ausente e a súa nai tiña dificultades económicas, estivo dúas veces nun hospicio antes de cumprir os 9 anos. Cando tiña 14, a súa nai foi ingresada nun hospital mental. Chaplin comezou a interpretar dende moi cedo, pasando por salóns musicais e máis tarde traballando como actor e cómico. Con 19 anos entrou na prestixiosa compañía de Fred Karno, quen o levou canda el a América. Chaplin fixo a súa primeira aparición no cine no filme de Keystone Studios, Making a Living (1914). Axiña desenvolveu a súa personaxe de Charlot e conseguiu moitos admiradores. Chaplin dirixiu os seus propios filmes dende o comezo da súa carreira, e continuou a mellorar a súa arte trasladándose ás corporacións de Essanay, Mutual e First National. En 1918, xa era unha das persoas máis coñecidas do mundo. (Ler máis...)
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic)[1] ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva.
Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo. (Ler máis...)
Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros. Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe, axudando a dar pulo ós comezos do audiovisual galego. (Ler máis...)
Image 4
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.
Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita. O seu valor é filolóxico, sociolóxico e literario. (Ler máis...)
Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo. Foi anunciado en numerosas ocasións por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate", e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".
Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950. (Ler máis...)
Image 9
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril do ano 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe. (Ler máis...)