Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa. Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande, foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.
O Estandarte Real de Escocia (en scots: Royal banner o Scotland, en escocés: Bratach rìoghail na h-Alba, en inglés: Royal Standard of Scotland), tamén coñecido como Royal Standard of the King of Scots ("Estandarte Real do Rei dos Escoceses") ou máis comunmente como "León Rampante", é a bandeira empregada historicamente polo Rei de Escocia. Era a bandeira de escudo de armas do Reino de Escocia.
A montaña é un popular destino turístico que atrae a unhas 100.000 persoas cada ano, das cales tres cuartos empregan o Pony Track dende Glen Nevis.
Os cantís de 700m da cara norte están entre os máis altos do Reino Unido, e proporcionan escaladas de diferentes dificultades para escaladores e montañeiros.
En 1887, desenvolveu o primeiro pneumático con cámara de aire para o triciclo que o seu fillo de nove anos de idade usaba para ir á escola polas rúas bacheadas de Belfast. Para resolver o problema do traqueteo do triciclo, Dunlop inflou uns tubos de goma cunha bomba de aire para inflar balóns. Despois envolveu os tubos de goma cunha lona para protexelos e pegounos sobre as lamias das rodas do triciclo. Ata entón, a maioría das rodas tiñan lamias con goma maciza, pero os pneumáticos permitían unha marcha notablemente máis suave. Desenvolveu a idea e patentou o pneumático con cámara o 7 de decembro de 1888.