Guanajuato
Cidade histórica de Guanajuato e minas adxacentes | |
---|---|
![]() Guanajuato | |
Location Guanajuato.png Localización da cidade | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Coordenadas: 21°00′59″N 101°15′12″O / 21.01639, -101.25333 |
Tipo | Cultural |
Criterios | [[Patrimonio da Humanidade#Criterios de selección|]] |
Inscrición | 1988 (12ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 482 |
Guanajuato é unha cidade mexicana, capital do estado de Guanajuato.
A súa orixe é precolombiana. Os aztecas chamábana "Paxtitlan", que significa "palleiro", mais o nome de agora provén da lingua purépecha, de "Quanaxhuato", que quere dicir "lugar cheo de ras".
As minas de ouro e prata foron a principal riqueza da cidade e da rexión. Na guerra de independencia, Miguel Hidalgo liderou unha importante batalla aquí. Hai en Guanajuato unha importante actividade universitaria. A cidade histórica é Patrimonio da Humanidade, xunto ás minas adxacentes.
Guanajuato, aínda que é a capital do estado, é apenas a quinta maior cidade, detrás de Léon, Irapuato, Celaya e Salamanca. A poboación do censo de 2005 foi de 171.709 persoas. Ten unha extensión de 78 km ².
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guanajuato |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |