Saltar ao contido

Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Premio Álvaro Cunqueiro»)
Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais
 Instancia de
 Epónimo
 Xénero artístico
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1988 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Gañador/a
2024: AveLina Pérez (27 edición)
2022: Fernando Castro Paredes (26 edición)
2020: Carme Varela (25 edición)
2018: AveLina Pérez (24 edición)
2016: Manuel Lourenzo (23 edición)
2014: Santiago Cortegoso (22 edición)
2012: Gustavo Pernas (21 edición)
2011: Marcos Abalde (20 edición)
2010: Raúl Dans (19 edición)
2009: Manuel Lourenzo (18 edición)
2008: Teresa González Costa (17 edición)
2007: Roberto Salgueiro (16 edición)
2006: Manuel Guede (15 edición)
2005: Rubén Ruibal (14 edición)
2004: Antón Lopo (13 edición)
2003: Siro López Lorenzo (12 edición)
2002: Roberto Salgueiro (11 edición)
2001: Afonso Becerra de Becerreá (10 edición)
2000: Roberto Salgueiro (9 edición)
1999: premio deserto (8 edición)
1994: Raúl Dans (7 edición)
1993: Manoel Riveiro Loureiro (6 edición)
1992: Andrés Á. Vila (5 edición)
1992: Xosé Cid Cabido (5 edición)
1991: Roberto Vidal Bolaño (4 edición)
1990: Agustín Magán (3 edición)
1989: Euloxio R. Ruibal (2 edición)
1988: Roberto Salgueiro (1 edición) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Wikidata

O Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais é un premio de literatura dramática en lingua galega convocado primeiro anualmente polo IGAEM e financiado pola Xunta de Galicia e logo bienal e convocado polo AGADIC.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Convócase dende o ano 1988 e ata hai pouco[cando?] era o premio máis prestixioso e con mellor dotación económica de teatro galego, superado agora polo Premio Rafael Dieste que organiza a Deputación da Coruña e implica a representación do texto premiado.

A dotación actual do premio inclúe a publicación da obra gañadora e, nun principio, implicaba a súa representación por parte do Centro Dramático Galego. Esta última era incumprida frecuentemente e xeraba certa polémica, polo que acabou por ser retirada das bases e substituída por unha base, a oitava, que implicaba "sacar a concurso a posta en escena do texto premiado".

Na convocatoria do ano 2006 suprimiuse tamén esta base e actualmente a dotación consiste na posibilidade da publicación do texto (se hai orzamento) e en 6000 euros, cantidade semellante á coa que foi dotado no momento da súa creación no ano 1988.

Inicialmente tivo unha periodicidade anual, pero en 2013 pasou a ser bienal[1].

Obras premiadas

[editar | editar a fonte]
  1. Camilo Franco (2 de xullo de 2013). "O premio Álvaro Cunqueiro pasará a ser bienal". La Voz de Galicia. 
  2. "Carme Varela, con 'As desterradas', gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-11-18. 
  3. http://www.acvgalaica.com, Global Web 6 2-. "AGADIC". www.agadic.gal. Consultado o 2022-12-01. 
  4. Diario, Nós (2024-11-12). "Avelina Pérez, Carlos Labraña e Andrea Cid, premios de literatura dramática". Nós Diario. Consultado o 2024-11-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]