Disonancia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A oitava perfecta, un intervalo consonante Escoitar. (axuda · info)
A oitava perfecta, un intervalo consonante Perfect octave on C.mid Escoitar.
O segundo menor, unha disonancia Escoitar. (axuda · info)
O segundo menor, unha disonancia Minor second on C.mid Escoitar.

A disonancia é a calidade de tensión inherente nun intervalo ou acorde que, nun contexto tonal ou modal tradicional, involucra un choque entre dúas ou máis notas, e que nalgúns contextos harmónicos pode esperarse unha determinada resolución. O concepto oposto ao de disonancia é, pois, o de consonancia.

Usualmente considéranse como disonancias os intervalos de segunda menor, segunda maior, sétima menor e sétima maior e todos os intervalos aumentados e diminuídos. Isto inclúe o trítono —aceptado actualmente tanto como cuarta aumentada como quinta diminuída— no extremo da táboa, aínda que sempre se considerou unha disonancia moi particular. Tamén se consideran disonantes os intervalos compostos que derivan deles e os intervalos aumentados e diminuídos que resultan de intervalos consonantes enharmónicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Teoría de la Música. Joaquín Zamacois. Ed. Labor (1973) ISBN 84-335-7838-3
  • Latham, Alison (ed.) Diccionario enciclopédico de la música (D.R., 2008). D.R © Fondo de Cultura Económica. ISBN 9788435090162

Outros artigos[editar | editar a fonte]