Saltar ao contido

Portal:Hóckey sobre xeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O hóckey sobre xeo é un deporte de equipo xogado sobre unha pista de xeo entre dous equipos de seis xogadores cada un. Todos os xogadores van en patíns de xeo e empregan un pau ou stick para guiar un disco de caucho denominado puck á portería contraria para anotar un gol. É considerado a principal variedade de hóckey nos países do hemisferio norte con climas fríos, gozando de gran popularidade en países como Canadá (onde se inventou e é considerado o deporte nacional), Finlandia, Suecia, Rusia, República Checa, Eslovaquia, e os Estados Unidos.

O hóckey sobre xeo é un deporte olímpico dende os Xogos Olímpicos de 1920. O máximo dominador olímpico é Canadá, con 15 medallas en categoría masculina (9 ouros, 4 pratas e 2 bronces) e 5 en categoría feminina (as mesmas que Estados Unidos, pero con 4 ouros por un das estadounidenses). No Campionato do Mundo o máximo dominador na categoría feminina é Canadá, mentres que na categoría masculina domina a selección de Rusia tras herdar as 34 medallas conseguidas pola Unión Soviética.

Artigo destacado

editar

O Ilves Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo fundado en 1971 na cidade de Tampere, Finlandia. Inicialmente tivo que xogar contra equipos masculinos de categoría júnior ao ser o único equipo feminino da cidade, e debutou contra un equipo feminino o 5 de marzo de 1978 en Espoo. Xoga na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, a Naisten Liiga, dende a súa tempada inaugural en 1982, e conquistaron o seu primeiro campionato finlandés en 1985. En total o equipo proclamouse campión de Finlandia 10 veces, sendo o segundo equipo máis laureado do hóckey sobre xeo finlandés por detrás de Kiekko-Espoo, que conta con cinco campionatos máis. En 2011 converteuse no primeiro e único equipo feminino finlandés de hóckey sobre xeo en conquistar un título continental logo de gañar a sétima edición da IIHF European Women's Champions Cup.

Logo de empregar distintas pistas da cidade, na década de 1980 o equipo xogou na pista de xeo de Koulukatu, e en 1989 trasladouse ao recentemente finalizado Tesoman jäähalli como pista para os seus partidos como local, onde xoga dende aquela.

O Museo finlandés do hóckey sobre xeo introduciu sete antigas xogadoras do equipo no seu Salón da Fama (coñecido como Suomen Jääkiekkoleijonat, en galego Leóns/leoas do hóckey sobre xeo finlandés), sendo Marianne Ihalainen unha das dúas primeiras mulleres homenaxeadas. O equipo retirou os números 10, 15 e 16 en honor a Anne Haanpää, Johanna Koivula, e a propia Ihalainen. Ademais, tres mulleres do equipo foron homenaxeadas no chamado "Ilves Hockey Legends", no que están incluídas algunhas das personalidades máis destacadas do equipos de hóckey sobre xeo de Ilves, tanto en categoría feminina como na masculina.

Categorías
Personalidade destacada

editar

Sarah Nurse, nada o 4 de xaneiro de 1995 en Burlington (Ontario, Canadá) é unha xogadora profesional canadense de hóckey sobre xeo. Na tempura 2024-25 xoga nas Toronto Sceptres da Professional Women's Hockey League (PWHL), así como na selección canadense, coa que debutou na edición de 2015 da 4 Nations Cup e coa que disputou os Xogos Olímpicos de Inverno en 2018 e 2022.

Logo da súa carreira no hóckey universitario co equipo das Wisconsin Badgers, Nurse xogou unha tempada coas Toronto Furies da Canadian Women's Hockey League (CWHL) antes de que a liga cesara as súas operacións en 2019. Posteriormente axudu a fundar a Asociación de Xogadoras de Hóckey Profesionais (PWHPA polas súas siglas en inglés) e formou parte da súa xunta directiva. Cando a Asociación axudou a fundar a PWHL en 2023, Nurse uniuse ao comité executivo do sindicato da liga, a PWHL Players Association (PWHLPLA).

Imaxe destacada

editar

Jens Bergenström, Mark Hurtubise e Johan Ryno, do Leksands IF, celebran un gol fronte ao Mora IK en 2014.
Vexa o artigo Hockeyallsvenskan


Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Baloncesto
Baloncesto

Baloncesto

Balonmán
Balonmán

Balonmán

Deportes gaélicos
Deportes gaélicos

Deportes gaélicos

Fórmula 1
Fórmula 1

Fórmula 1

Hóckey a patíns
Hóckey a patíns

Hóckey a patíns

Rugby
Rugby

Rugby

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons