Blizzard Entertainment
Blizzard Entertainment | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | desenvolvedora de videoxogos e distribuidora de videoxogos ![]() | |||
Epónimo | xistra ![]() | |||
Forma xurídica | sociedade por accións ![]() | |||
Personalidades | ||||
Propietario/a | Activision Blizzard ![]() | |||
Fundador/a | Mike Morhaime ![]() | |||
Director/a | Mike Ybarra 3 de agosto de 2021 - 25 de xaneiro de 2024 Jen Oneal (en) ![]() J. Allen Brack (en) ![]() ![]() | |||
Actividade | ||||
Industria | industria dos videoxogos ![]() | |||
Entidades | ||||
Matriz | Activision Blizzard ![]() | |||
Ten en propiendade
| ||||
Entidades subsidiarias
| ||||
Data | ||||
Fundación | 8 de febreiro de 1991 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
Blizzard Entertainment 2012 data breach (en) ![]() ![]() | ||||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | California | |||
Condado | Condado de Orange | |||
Cidade | Irvine ![]() | |||
País | Estados Unidos de América ![]() | |||
Sede | Irvine ![]() | |||
Premios | ||||
| ||||
Nomeamentos
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | blizzard.com… ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Blizzard Entertainment é unha empresa dedicada á creación de videoxogos radicada en Irvine (California). Tamén administra un servizo gratuíto de xogo a través de Internet chamado Battle.net.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
En 2004 a compañía nai Vivendi Universal Games, a distribuidora de Blizzard Entertainment, despediu a 348 empregados en Norte América. En decembro de 2007 Vivendi Universal fusionouse con Activision, outra empresa de videoxogos, de xeito que apareceu a nova compañía, Activision Blizzard.[1][2]
Blizzard Entertainment tivo varios propietarios dende a súa creación. En 1991, baixo o nome de Silicon & Synapse, tiña como propietario e fundador a Allen Adham. Máis tarde, en 1994, Silicon & Synapse foi mercada pola distribuidora Davidson & Associates, que despois cambiou o nome da empresa a Blizzard Entertainment Inc. Máis tarde, en 1996, Davidson foi adquirida por CUC, que á súa vez se fusionou con HFS Corporation en 1997 para formar Cendant Software.
Por problemas de fraude, Blizzard foi vendida a Havas en 1998 e finalmente a Vivendi. Ante as pretensións de Vivendi de poñer á venda Blizzard, Erich Schaefer, Max Schaefer, David Brevik e Bill Roper, pesos pesados dentro de Blizzard, remitiron unha carta a Vivendi pedindo explicacións sobre o futuro da empresa, coa ameaza de abandonala. Ante o silencio de Vivendi finalmente deixaron a empresa en xullo de 2003.
En 2007 Vivendi adquiriu Activision e en 2008 creou a filial "Activision-Blizzard"
Bill Roper, actual responsable de Flagship Studios, era o vicepresidente de Blizzard, e o pai da saga Diablo. Ademais prestou a súa voz na narración da versión inglesa da saga Warcraft, realizando ademais a locución dos footman das tres versións existentes.
Actividade
[editar | editar a fonte]Desde o lanzamento de Warcraft: Orcs & Humans en 1994 os xogos que comercializaron tiveron un grande éxito debido ó seu acabado, ó seu soporte técnico, a súa adaptación a Mac OS X e as súas innovacións conceptuais. De acordo coa súa política de calidade, Blizzard Entertainment cancelou unha das súas creacións: a aventura gráfica baseada no mundo de Warcraft, Warcraft Adventures: Lord of the Clans. Igualmente en 2006 foi detido o proxecto Starcraft: Ghost que levaba varios anos en desenvolvemento. Blizzard argumentou que estaba sendo desenvolvido para as consolas (PlayStation 2, GameCube e Xbox), e ante a chegada da nova xeración de plataformas (PlayStation 3 e Xbox 360) o xogo quedara algo desfasado. Finalmente anunciaron que Ghost sería posposto para posteriores datas. Tamén en 2006 anunciouse o desenvolvemento da expansión de World of Warcraft, World of Warcraft: The Burning Crusade.
En 2007 Blizzard fixo público o desenvolvemento de StarCraft II. Ademais está traballando na nova expansión do World of Warcraft, World of Warcraft: Wrath of the Lich King.
O 28 de xuño de 2008, durante a Worldwide Invitational en París, Blizzard anunciou a terceira entrega da serie Diablo.[3]
Títulos
[editar | editar a fonte]- The Lost Vikings (1992). Videoxogo de plataformas
- Rock N' Roll Racing (1993). Videoxogo de carreiras
- Blackthorne (tamén chamado Blackhawk) (1994). Videoxogo de plataformas
- The Death and Return of Superman (1994). Beat 'em up de scroll horizontal
- Warcraft: Orcs & Humans (1994). Videoxogo de estratexia en tempo real.
- Justice League Task Force (1995). Videoxogo de loita un contra un.
- The Lost Vikings II (1995). Videoxogo de plataformas.
- Warcraft II: Tides of Darkness (1995). Videoxogo de estratexia en tempo real.
- Warcraft II: Beyond the Dark Portal (1996). Expansión.
- Diablo (1996). Videoxogo de rol.
- Diablo: Hellfire (1998). Expansión
- StarCraft (1998). Videoxogo de estrategia en tempo real de ciencia ficción.
- StarCraft: Brood War (1998). Expansión.
- Warcraft II: Battle.net Edition (1999). Relanzamento.
- Diablo II (2000). Videoxogo de rol.
- Diablo II: Lord of Destruction (2001). Expansión.
- Warcraft III: Reign of Chaos (2002). Videoxogo de estrategia en tempo real.
- Warcraft III: The Frozen Throne (2003). Expansión.
- World of Warcraft (2004). Videoxogo de rol multixogador masivo.
- World of Warcraft: The Burning Crusade (2007). Expansión.
- World of Warcraft: Wrath of the Lich King (2008). Expansión
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "VIVENDI AND ACTIVISION TO CREATE ACTIVISION BLIZZARD – WORLD'S LARGEST, MOST PROFITABLE PURE-PLAY VIDEO GAME PUBLISHER". blizzard.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2008. Consultado o 24 de abril de 2009.
- ↑ "Activision y Vivendi consuman su acuerdo económico". meristation.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de abril de 2009.
- ↑ "Diablo III, StarCraft II y WoW: The Wrath of Lich King, en imágenes". meristation.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de abril de 2009.