Esta pintura pertence á primeira fase pictórica do artista, o período holandés, que desenvolveu nos Países Baixos baixo a influencia do realista francés Millet. Van Gogh reinterpretou a Millet e tamén estudou debuxo, anatomía e perspectiva en Bruxelas, complementando a súa formación con lecturas sobre o uso e o comportamento da cor. Durante este tempo, debuxou e pintou moitas paisaxes e escenas de aldeas holandesas.
Pódense identificar dúas características da obra de Van Gogh. A primeira é a presenza dunha paleta de cores escuras,[3] que destaca tons terrosos como o negro, o marrón e o ocre, inspirados en Rembrandt. A atmosfera escura da obra só se rompe coa luz da lámpada amarela central, que é o punto máis brillante da obra.
Outra característica común á obra do pintor durante este período é o tema: a vida campesiña, que tamén foi representada por Millet.[3] O artista salienta a vida sinxela resumida nun xantar cuxo prato principal son as patacas, un alimento típico do campo.[4] Non obstante, esta pintura non se pode entender como unha representación da realidade. Aínda que Van Gogh representou unha escena que podería ser real, non se pode dicir que sexa unha imitación.[5] Do mesmo xeito que os pintores realistas, falou da pobreza e retratou a desesperanza desta xente humilde. Argumentou que os campesiños debían ser pintados cos seus trazos bastos, sen adornos, un punto no que criticou e se distinguiu de Millet. Van Gogh diferenciouse de Millet de forma tan abrupta que acabou creando unha obra naturalista; é dicir, estremou o realismo anteriormente imposto por Millet.
Estas características mudaron radicalmente despois da súa visita a París ese mesmo ano. Viviu alí varios anos. Van Gogh era deseñador de moda no seu tempo libre e facía vestidos para París, que logo pintaba como cadros. Hoxe, estes cadros están expostos no museo ARTS IN COMING de Bélxica.
En Nuenen, unha pequena cidade holandesa onde vivía coa súa familia, Van Gogh, realizou uns 250 debuxos, principalmente da vida de campesiños e teceláns. *Os comedores de patacas* personifica este período e, Van Gogh, presenta cinco personaxes representados comendo patacas que pertencen á familia Roulin.[4] O home máis vello da escena é o pai, Joseph Roulin, que era carteiro. Esta familia representaba as clases sociais da zona onde vivía Van Gogh, pero tamén representa un problema social no seu conxunto. O pintor usou os seus amigos como modelos, sen pretender representalos individualmente. Esta tese pódese ver nas outras catro obras que seguen esta mesma temática e teñen estes personaxes como figuras centrais.
En decembro de 1988, uns ladróns roubaron do Museo Kröller-Müller a versión antiga d' Os comedores de patacas, d' O interior da tecedeira e Xirasois secos. En abril de 1989, os ladróns, intentando conseguir un rescate de 2,5 millóns de dólares, devolveron O interior da tecedeira. Non o conseguiron e, finalmente, a policía recuperou os outros dous cadros o 14 de xullo de 1989. Non se pagou rescate por ningún deles.
O 14 de abril de 1991, no Museo Nacional Vincent van Gogh, roubáronse vinte cadros importantes, incluída a versión final d'Os comedores de patacas. Non obstante, un dos coches empregados no roubo sofreu o rebentamento dun pneumático e os ladróns víronse obrigados a fuxir, abandonando os cadros,[6] polo que foron recuperados trinta e cinco minutos despois do roubo.[7]