Saltar ao contido

María Tareixa I de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Tareixa I de Austria

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Maria Theresia Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de maio de 1717 Editar o valor en Wikidata
Viena (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 1780 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Viena (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Imperial de Viena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Raíña Apostólica de Hungría
22 de outubro de 1740 – 24 de novembro de 1780 (finado no cargo)
← Carlos VI de AlemañaXosé II de Habsburgo →
Rei de Bohemia
1740 – 1780
← Carlos VI de AlemañaXosé II de Habsburgo →
Príncipe elector
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoState administration (en) Traducir e política Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Viena (1740–1780) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaristócrata , monarca , política Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua latina e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuquesa de Brabante (1740–1780)
Duquesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFrancisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico (1736–)
FillosMaria Isabel da Áustria (1737-1740) (pt) Traducir, Maria Josefa da Áustria (pt) Traducir, Maria Joana Gabriela da Áustria (pt) Traducir, Leopoldo II de Habsburgo, Maria Carolina da Áustria (pt) Traducir, María Antonieta de Austria, Fernando Carlos de Áustria-Este (pt) Traducir, Maria Carolina da Áustria (pt) Traducir, Maria Amália da Áustria (pt) Traducir, Maria Isabel da Áustria (pt) Traducir, Maria Ana da Áustria (pt) Traducir, Carlos José da Áustria (pt) Traducir, Maria Carolina da Áustria (pt) Traducir, Maria Cristina da Áustria (pt) Traducir, Xosé II de Habsburgo, Maximiliano Francisco da Áustria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos VI de Alemaña Editar o valor en Wikidata  e Isabel Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria Ana da Áustria (pt) Traducir e Maria Amália da Áustria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1197061 Discogs: 2770397 WikiTree: Habsburg-51 Find a Grave: 22379 Editar o valor en Wikidata

María Tareixa I de Austria[1][Nota 1], tamén citada como María Tareixa, nada en Viena o 13 de maio de 1717 e finada o 29 de novembro de 1780, foi a primeira e única muller que gobernou sobre os dominios dos Habsburgo e a última xefa da casa de Habsburgo, pois a partir do seu matrimonio, a dinastía pasou a chamarse casa de Habsburgo-Lorena.

Anverso dun tálero de María Tareixa de 1780

Foi arquiduquesa e soberana de Austria, Hungría, Bohemia, Croacia e Galicia e Lodomeria, duquesa de Mántua, Milán, Parma e soberana dos Países Baixos austríacos desde 1740 ata a súa morte. Polo seu matrimonio con Francisco I, foi tamén emperatriz consorte do Sacro Imperio Romano Xermánico, duquesa de Lorena e gran duquesa de Toscana.[2] Está considerada como unha déspota ilustrada e foi a cabeza dun dos Estados máis importantes da súa época, pois gobernou gran parte da Europa Central.

O seu reinado de 40 anos comezou coa morte do seu pai Carlos VI, en outubro de 1740. O seu ascenso ao trono só foi posible coa promulgación da Pragmática Sanción de 1713, xa que os territorios dos Habsburgo estaban rexidos pola Lei sálica, que impedía a sucesión feminina.[3] Cando este finou, Saxonia, Prusia, Baviera e Francia rexeitaron o documento que recoñeceran como lexítimo ata entón. Prusia invadiu a provincia de Silesia e provocou un conflito de nove anos, coñecido como a Guerra de Sucesión Austríaca. Máis tarde María Tareixa intentará, sen éxito, reconquistar Silesia durante a Guerra dos Sete Anos.

Casou con Francisco Estevo de Lorena, futuro Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico, e tivo con el 16 fillos, entre eles as raíñas María Antonieta e María Carolina de Austria, a duquesa María Amelia de Habsburgo-Lorena e dous emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico: Xosé II e Leopoldo II (ambos cogobernantes de Austria e Bohemia, xunto coa súa nai).[4]

María Tareixa foi responsable da maioría das grandes reformas financeiras e educativas realizadas nos seus dominios, co apoio do conde Federico Guillerme de Haugwitz e Gottfried van Swieten, promoveu o comercio, desenvolveu a agricultura e reorganizou o exército austríaco, o que fortaleceu a posición internacional de Austria. Porén, negouse a permitir a tolerancia relixiosa,[Nota 2] o que fixo que os seus contemporáneos cualificaran o seu réxime como prexuizoso e supersticioso.[5] Como xove monarca que loitou en dúas guerras dinásticas, María Tareixa cría que a súa causa debería ser a dos seus súbditos pero, nos seus últimos anos, pasou a crer que a dela debía prevalecer.[6]

Fillos e vida familiar

[editar | editar a fonte]

Ao longo de 20 anos, a emperatriz deu a luz a dezaseis fillos, trece dos cales sobreviviron máis aló da infancia. A súa primeira filla, María Isabel, naceu pouco despois do primeiro ano de matrimonio. De novo, o sexo do bebé causou gran decepción, así como a causa dos nacementos seguintes: María Ana e María Carolina. Mentres loitaba por preservar a súa herdanza, María Tareixa deu a luz a un fillo Xosé, nome dado en homenaxe a san Xosé, a quen lle rezara con frecuencia durante o embarazo para ter un varón. Porén, a súa filla favorita era María Cristina, que naceu o día que a emperatriz cumpría 25 anos e catro días despois da derrota do exército austríaco na batalla de Chotusitz. Cinco fillos máis naceron durante a guerra: María Isabel, Carlos Xosé, María Amelia, Leopoldo e María Carolina. Durante este período non houbo descanso para María Tareixa: os embarazos e os cuidados aos acabados de nacer producíanse ao mesmo tempo que a guerra e os partos. Cinco fillos máis naceron no período de paz que houbo entre a Guerra de Sucesión austríaca e a Guerra dos Sete Anos: María Xoana, María Xosefa, María Carolina, Fernando Carlos e María Antonieta. Tivo o seu último fillo, Maximiliano, durante a Guerra dos Sete Anos, cando xa tiña 39 anos.[7] María Tareixa chegou a afirmar que, de non ter estado case sempre embarazada, tería ido soa ao campo de batalla.[8]

A emperatriz viúva Isabel, nai de María Tareixa, fino en 1750. Catro anos máis tarde, Marie Karoline von Fuchs-Mollard, a gobernanta pola que María Tareixa sentía un grande aprecio, finou tamén aos 73 anos. A emperatriz demostroulle o seu afecto facendo que a enterraran na Cripta Imperial de Viena, onde só eran sepultados os membros da familia imperial.

Apenas deu a luz os seus últimos fillos, María Tareixa viuse coa tarefa de casar os máis vellos. Ela mesma conduciu as negociacións para as vodas á vez que se ocupaba das campañas bélicas e do resto das obrigas do estado. A pesar de ser moi agarimosa cos seus fillos, usounos como peóns nos xogos dinásticos e sacrificou a súa felicidade en beneficio do Estado.[6][9] Era unha nai dedicada, pero dominante: escribíalles a todos os fillos polo menos unha vez á semana e cría que tiña dereito a exercer autoridade sobre eles, independentemente da súa idade ou posición.[10]

A emperatriz, xa viúva, coa familia (1776), por Heinrich Füger.

María Tareixa sufriu un violento ataque de varíola pouco logo de cumprir 50 anos, en 1767, enfermidade que a súa nora a emperatriz Xosefa de Baviera contaxioulle.[11] María Tareixa sobreviviu, non así a súa nora. Entón, obrigou á súa filla, a arquiduquesa María Xosefa, a rezar con ela na cripta imperial, á beira da tumba non pechada da nora. A arquiduquesa empezou a presentar as erupcións características da varíola dous días despois da visita á cripta e faleceu pouco despois. María Carolina substituíu a irmá morta como prometida do rei Fernando I das Dúas Sicilias. María Tareixa culpouse da morte da súa filla, dado que, naquela época, non se sabía que a varíola posuía un período de incubación prolongado, o que levou a que todos cresen que María Xosefa contaxiouse por visitar a tumba da súa cuñada.[Nota 3]

En abril de 1770 a filla máis nova de María Tareixa, María Antonieta, casou por poderes en Viena con Lois de Borbón, Delfín de Francia. A educación da arquiduquesa descoidouse cando o francés interesouse por ela, aínda que a súa nai intentou educala o mellor posible. María Tareixa escribíase cada quince días coa súa filla, á que agora chamaban María Antonieta, e lle regañaba pola súa pereza, frivolidade e por non concibir un fillo. A María Tareixa non lle gustaba tampouco a personalidade reservada de Leopoldo e acusábao constantemente de frialdade. Tamén criticou a María Carolina polas súas actividades políticas, a Fernando pola súa falta de organización e María Amalia polo seu pobre francés e arrogancia. Coa única filla coa que apenas tiña problemas era María Cristina, que gozaba da total confianza da súa nai a pesar dos problemas que tiña con ela por non ter fillos (xa que a arquiduquesa só tivo unha filla, María Cristina de Saxonia, que finou cun día de vida). Un dos maiores desexos de María Tareixa era o de ter o maior número de netos posible. Porén, cando finou, a emperatriz contaba con só vinte netos e, a excepción da súa neta máis vella María Carolina de Borbón-Parma, filla de María Amalia, todas as demais netas primoxénitas recibiron o seu nome.[10][Nota 4]

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico, María Tareixa tivo 16 fillos, dos cales 10 chegaron á idade adulta:

Nome Nacemento Morte Notas
María Isabel 1737 1740 Herdeira dos títulos de raíña Hungría e Bohemia de 1737 a 1740. Finou na infancia.
María Ana, arquiduquesa da Austria 1738 1789 Herdeira dos títulos de raíña Hungría e Bohemia de 1740 a 1741. Abadesa do Imperial e Real Convento para Damas Nobres de Praga. Sen descendencia.
María Carolina, arquiduquesa da Austria 1740 1741 Finou na infancia.
Xosé, arquiduque de Austria, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, rei de Hungría e Bohemia. 1741 1790 Sucedeu a súa nai e foi emperador do Sacro Imperio entre 1780 e 1790 como Xosé II. Tivo dúas fillas.
María Cristina, arquiduquesa de Austria 1742 1798 Foi gobernadora dos Países Baixos Austríacos entre 1778 e 1798. Casada con Alberte de Saxonia-Teschen, duque de Teschen e vicerrei de Hungría (1738-1822). Tivo unha filla.
María Isabel, arquiduquesa de Austria 1743 1808 Abadesa do Imperial e Real Convento para Damas Nobres de Praga. Sen descendencia.
Carlos José, arquiduque de Austria 1745 1761 Finou debido á varíola. Sen descendencia.
María Amelia, arquiduquesa de Austria 1746 1804 Comprometida con Fernando I das Dúas Sicilias, pero logo casada co duque Fernando I de Borbón-Parma (1751-1802). Tivo nove fillos.
Leopoldo, arquiduque de Austria, gran duque de Toscana, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e rei de Hungría e Bohemia (1790-1792). 1747 1792 Sucedeu ao seu irmán Xosé II. Tivo dezaseis fillos.
María Carolina, arquiduquesa de Austria 1748 1748 Finou ao pouco de nacer.
María Xoana, arquiduquesa de Austria 1750 1762 Comprometida con Fernando I das Dúas Sicilias. Finou debido á varíola. Sen descendencia.
María Xosefa, arquiduquesa de Austria 1751 1767 Comprometida con Fernando I das Dúas Sicilias. Finou debido á varíola. Sen descendencia.
María Carolina, arquiduquesa de Austria e Raíña Consorte de Nápoles e Sicilia 1752 1814 Casada con Fernando I das Dúas Sicilias (1751-1825). Tivo dezaoito fillos.
Fernando, arquiduque de Austria, duque de Brisgovia 1754 1806 Casou con María Beatriz de Este. Tivo once fillos.
María Antonieta, arquiduquesa de Austria, Raíña consorte de Francia e de Navarra 1755 1793 Esposa de Lois XVI de Francia, raíña de Francia. Guillotinada durante a Revolución francesa. Tivo catro fillos.
Maximiliano Francisco, arquiduque de Austria. 1756 1801 Arcebispo elector de Colonia. Sen descendencia.

Morte e legado

[editar | editar a fonte]
María Tareixa e o seu marido sepultados nunha tumba dobre, por vontade expresa dela.

É pouco probable que María Tareixa recuperarase totalmente da varíola contraída en 1767, como afirmaban escritores do século XVIII. Ademais padecía dispnea, fatiga, tose, necrofobiainsomnio e, máis tarde, tamén desenvolveu un edema.

A emperatriz enfermou o 24 de novembro de 1780, aparentemente por un arrefriado. O Dr. Stöck, o seu médico, constatou que o seu estado era grave. O 28 de novembro pediu a extrema unción e, ao día seguinte, arredor das nove da noite, María Tareixa finou rodeada dos seus fillos. Con ela, desaparecía tamén a casa de Habsburgo, que foi substituída pola casa de Habsburgo-Lorena. Xosé, que xa era co-rexente nos dominios dos Habsburgo, sucedeu a súa nai.[12][13]

María Tareixa deixou un imperio revitalizado, o que influíu ao resto de Europa durante o século XIX. Os seus descendentes seguiron o seu exemplo e deron continuidade ás reformas. A adquisición do reino de Galitzia e Lodomeria deu ao imperio un carácter aínda máis multinacional, que o acabaría levando a súa destrución.[14] A introdución da escolaridade obrigatoria, como medio de xermanización, provocou o renacemento da cultura checa.[15][16]

A emperatriz está sepultada na Cripta Imperial de Viena, nun sarcófago dobre, ao carón do seu marido.[17]

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. Aínda que por ser a segunda soberana chamada María que reinou nos Países Baixos Austríacos, (tras María de Borgoña) e no Hungría, (tras María I de Hungría), foi chamada ás veces María II Tareixa. Ellenius, 210.
  2. Nunha carta a Xosé II, a emperatriz escribiu: «Sen unha relixión dominante? Tolerancia, indiferenza, son exactamente os medios correctos para minalo todo... Que outra restrición habería? Ningunha- Nin a forca, nin a roda... Falo como política, non como cristiá. Non é tan necesario nin beneficioso para a relixión. Ti permitirías que todos actuaran conforme á súa imaxinación? Se non houbera un culto oficial, sen unión á Igrexa, onde estariamos? A lei do máis forte podería facerse co mando.»(Crankshaw, 302)
  3. Os síntomas da varíola maniféstanse unha semana despois do contaxio. Como as erupcións xurdiron só dous días trala visita da arquiduquesa á Cripta Imperial, o contaxio debeu ocorrer antes. Hopkins, 64.
  4. As netas máis vellas de María Tareixa foron: María Tareixa de Austria (filla de Xosé II), María Tareixa Xosefa de Austria (filla de Leopoldo II), María Tareixa das Dúas Sicilias (filla de María Carolina), María Tareixa de Habsburgo-Este (filla de Fernando) e María Tareixa de Francia (filla de María Antonieta)
  1. academia.gal (ed.). "María Tareixa I de Austria na RAG". Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  2. "Marie Theresa" (en inglés). Encyclopædia Britannica. 2011. Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 
  3. Crankshaw, 11-12
  4. Dawson Beales, 39
  5. Dawson Beales, 69
  6. 6,0 6,1 Russell Richards Treasure, 410.
  7. Mahan, 266–271, 313.
  8. Dawson Beales, 21, 39.
  9. Mahan, 271.
  10. 10,0 10,1 Dawson Beales, 194.
  11. Crankshaw, 273.
  12. Crankshaw, 336–338.
  13. Leland Goldsmith, 272.
  14. Del Testa, Lemoine & Strickland, 119.
  15. Carroll, 38.
  16. Glajar, 75.
  17. Mahan, 335.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Browning, Reed: The War of the Austrian Succession Palgrave Macmillan 1995 ISBN 0-312-12561-5 (en inglés)
  • Byrne, James M: Religion and the Enlightenment: from Descartes to Kant Westminster John Knox Press 1997 ISBN 0-664-25760-7 (en inglés)
  • Caroll, Harry J: The development of civilization: a documentary history of politics, society, and thought, Volume 2 Scott, Foresman 1969 (en inglés)
  • Crankshaw, Edward: Maria Theresa, Longman publishers 1969 (en inglés)
  • Cochrane, Lydia G. & Melograni, Piero: Wolfgang Amadeus Mozart: a biography University of Chicago Press 2007 ISBN 0-226-51956-2 (en inglés)
  • Dawson Beales, Derek Edward: Joseph II: In the shadow of Maria Theresa, 1741–1780 Cambridge University Press 1987 ISBN 0-521-24240-1 (en inglés)
  • Dawson Beales, Derek Edward: Enlightenment and reform in 18th-century Europe I.B.Tauris 2005 ISBN 1-86064-950-5 (en inglés)
  • Del Testa, David W; Lemoine, Florence; Strickland, John: Government leaders, military rulers, and political activists, Part 107 Greenwood Publishing Group 2001 ISBN 1-57356-153-3 (en inglés)
  • Duffy, Christopher: The army of Maria Theresa: The Armed Forces of Imperial Austria, 1740–1780 Hippocrene Books 1977 ISBN 0-88254-427-6 (en inglés)
  • Ellenius, Allan; European Science Foundation: The Origins of the Modern State in Europe: 13th to 18th Centuries Oxford University Press 1998 ISBN 0-19-820550-3 (en inglés)
  • Fraser, Antonia: Marie Antoinette: the journey Anchor Books 2001 ISBN 0-385-48949-8
  • Fraser, David: Frederick the Great: King of Prussia A. Lane 2000 ISBN 0-7139-9377-4 (en inglés)
  • Glajar, Valentina: The German legacy in East Central Europe as recorded in recent German-language literature Boydell & Brewer 2004 ISBN 1-57113-256-2 (en inglés)
  • Goodwin, A: The New Cambridge Modern History CUP Archive 1976 ISBN 0-521-29108-9 (en inglés)
  • Grell, Ole Peter & Porter, Roy: Toleration in Enlightenment Europe (en inglés)
  • Himka, John-Paul: Religion and nationality in Western Ukraine: the Greek Catholic Church and Ruthenian National Movement in Galicia, 1867–1900 McGill-Queen's Press – MQUP 1999 ISBN 0-7735-1812-6 (en inglés)
  • Holborn, Hajo: A History of Modern Germany: 1648–1840 Princeton University Press 1982 ISBN 0-691-00796-9 (en inglés)
  • Hopkins, Donald R: The greatest killer: smallpox in history, with a new introduction University of Chicago Press 2002 ISBN 0-226-35168-8 (en inglés)
  • Ingrao, Charles W: The Habsburg monarchy, 1618–1815 Cambridge University Press 2000 ISBN 0-521-78505-7 (en inglés)
  • Jones, Colin: The Great Nation: France from Louis XV to Napoleon, University of Columbia Press 2002 ISBN 0-231-12882-7 (en inglés)
  • Kann, Robert A.: A history of the Habsburg Empire, 1526–1918 University of California Press 1980 ISBN 0-520-04206-9 (en inglés)
  • LeCaine Agnew, Hugh: The Czechs and the lands of the Bohemian crown Hoover Press 2004 ISBN 0-8179-4492-3 (en inglés)
  • Leland Goldsmith, Margaret: Maria Theresa of Austria A. Barker, ltd. 1936 (en inglés)
  • Lever, Evelyne: Madame de Pompadour: A Life FSR 2002 ISBN 0-374-11308-4 (en inglés)
  • Levy, Allison Mary: Widowhood and visual culture in early modern Europe, Issue 7630 Ashgate Publishing Ltd. 2003 ISBN 0-7546-0731-3 (en inglés)
  • Magocsi, Paul R. & Canadian Institute of Ukrainian Studies & Harvard Ukrainian Research Institute: Galicia: a historical survey and bibliographic guide University of Toronto Press 1983 ISBN 0-8020-2482-3 (en inglés)
  • Mahan, J. Alexander: Maria Theresa of Austria READ BOOKS 2007 ISBN 1-4067-3370-9 (en inglés)
  • McGill, William J.: Maria Theresa Twayne Publishers 1972 (en inglés)
  • Morris, Constance Lily: Maria Theresa – The Last Conservative READ BOOKS 2007 ISBN 1-4067-3371-7 (en inglés)
  • Patai, Raphael: The Jews of Hungary: history, culture, psychology Wayne State University Press 1996 ISBN 0-8143-2561-0 (en inglés)
  • Penslar, Derek Jonathan: Shylock's children: economics and Jewish identity in modern Europe University of California Press 2001 ISBN 0-520-22590-2 (en inglés)
  • Pick, Robert: Empress Maria Theresa: the earlier years, 1717–1757 Harper & Row 1966 (en inglés)
  • Roider, Karl A.: Maria Theresa Prentice-Hall 1973 ISBN 0-13-556191-4 (en inglés)
  • Russell Richards Treasure, Geoffrey: The making of modern Europe, 1648–1780 Taylor & Francis 1985 ISBN 0-416-72370-5 (en inglés)
  • Saperstein, Marc: Your voice like a ram's horn": themes and texts in traditional Jewish preaching Hebrew Union College Press 1996 ISBN 0-87820-417-2 (en inglés)
  • Spielman, John Philip: The city & the crown: Vienna and the imperial court, 1600–1740 Purdue University Press 1993 ISBN 1-55753-021-1 (en inglés)
  • Temperley, H.W.V: Frederick the Great and Kaiser Joseph Routledge 1968 ISBN 0-7146-1518-8 (en inglés)
  • Vovk, Justin C. (2010). In Destiny's Hands: Five Tragic Rulers, Children of Maria Theresa. iUniverse: Bloomington, Ind. ISBN 978-1-4502-0081-3 (en inglés)
  • Wyatt, Walter James: Hungarian Celebrities BiblioBazaar LLC 2009 ISBN 1-110-82046-1 (en inglés)
  • Yonan, Michael: Empress Maria Theresa and the Politics of Habsburg Imperial Art Penn State Press, 2011. ISBN 978-0-271-03722-6 (en inglés)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Emperador Carlos VI
Raíña de Hungría e Bohemia
Arquiduquesa de Austria e duquesa de Milán

1740 - 1780
Sucesor:
Emperador José II
Predecesor:
Carlos II
Duquesa de Parma, Plasencia e Guastalla
17401748
Sucesor:
Filipe I
Predecesor:
María Amelia de Austria
Emperatriz consorte do Sacro Imperio Romano Xermánico
1745 - 1765
Sucesor:
Xosefa de Baviera