Xénero musical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un xénero musical é unha categoría que reúne composicións musicais que comparten distintos criterios de afinidade.[1] Estes criterios poden ser especificamente musicais, como o ritmo, a instrumentación, as características armónicas ou melódicas ou a súa estrutura, e tamén basearse en características non musicais, como a rexión xeográfica de orixe, o período histórico, o contexto sociocultural ou outros aspectos máis amplos dunha determinada cultura.

Os xéneros á súa vez divídense en subxéneros. Nalgúns xéneros determinados como o flamenco o término subxénero substitúese por outro que determina cada unha das variedades denominándose dunha forma propia, neste caso adoita chamarse palo. Unha composición musical pode ser clasificada dentro de varios xéneros, e é expresada a través do estilo concreto do artista. Nos casos en que esta multiplicidade de xéneros resulta evidente dentro do estilo do artista, ou é un obxectivo buscado polo compositor, adoita falarse de música de fusión, que si se chegan a xeneralizar o suficiente poden chegar a formar xéneros de fusión practicamente independentes.

Estilo musical e xénero musical[editar | editar a fonte]

Existe certa confusión entre os termos estilo musical e xénero musical. Un estilo musical é o carácter propio que dá ás súas obras un artista ou un músico (exemplo: o estilo de Rossini).[2]

Cando un estilo diferénciase o suficiente e xeneralízase en distintas obras e múltiples artistas que toman trazos comúns entre si formase unha categoría que se denomina xénero musical (exemplo: o rock é un xénero musical de ritmo moi marcado).[3].

Noutro sentido o término estilo tamén se pode utilizar para definir ao conxunto de características específicas no caso de que se refira en concreto a aquelas que individualizan a tendencia dunha época (exemplo: estilo neoclásico).

Xéneros musicais[editar | editar a fonte]

Actualmente existen multitude de xéneros musicais en constante evolución. Desde xéneros musicais demarcados conceptualmente que abarcan campo definido e específico, e que presentan unha asentada concepción (tango, blues, salsa, hip hop...); ata amplas e difusas categorías musicais que abarcan un marco absolutamente heteroxéneo musicalmente, de nova creación por parte das discográficas para achegar a música ao profano e facilitar a súa clasificación (música rock, música universal ou world music, música electrónica...).

Criterios de clasificación[editar | editar a fonte]

A clasificación en xéneros musicais adoita realizarse segundo os seguintes criterios:

  • Características melódicas, armónicas e rítmicas.
  • Instrumentación típica.
  • Lugar xeográfico onde se desenvolve principalmente.
  • Orixe histórica e sociocultural.
  • Estrutura das obras (cancións, movementos, etc.).
  • Normas e técnicas de composición e interpretación.
  • Medios e métodos de difusión.

Problemática da clasificación[editar | editar a fonte]

Subxectividade[editar | editar a fonte]

Un dos inconvenientes ao agrupar música por xéneros reside en que se trata dun proceso subxectivo que resulta moi influído polo coñecemento persoal e a forma de cada un de sentir e escoitar a música. Isto é especialmente certo nas "grandes categorías" que clasifican á música en culta ou música popular, debido ao alto grado de abstracción que a complexidade do conxunto require para atopar características comúns, e -no outro extremo- no caso de subxéneros por especificación detallada que contrasta tamén coa complexidade de orixes e influencias dunha obra determinada. Un exemplo disto último é a música de Led Zeppelin, que pode ser chamada heavy metal, hard rock, blues rock, en función do que cada un interprete.

Cambio do contexto cultural[editar | editar a fonte]

Este problema afecta especialmente ao concepto de popularidade na clasificación por xéneros. Por exemplo, a música barroca ou renacentista, que a maioría das persoas agruparía actualmente baixo o supraxénero de "música académica" - xa que a súa difusión e interpretación está limitada a sectores especializados - foi en realidade a "música popular" daquela época.

Relatividade[editar | editar a fonte]

Algúns xéneros musicais son moi raros, e poden resultar relativizados ou ignorados polos críticos; o post-rock, por exemplo, é un término creado por Simon Reynolds, resultando nunha clasificación controvertida. Outro exemplo é a música de videoxogos, definida pola súa canle de difusión, que podería ou non segundo o criterio que se utilice, definir un xénero musical propio.

Resistencia[editar | editar a fonte]

A categorización da música, especialmente en xéneros moi específicos ou subxéneros, pode resultar difícil para os novos estilos emerxentes ou para pezas musicais que incorporan características de múltiples xéneros. Os intentos por circunscribir músicos individuais a un xénero determinado poden inducir a erro, xa que é habitual que produzan música nunha variedade de xéneros no transcurso da súa carreira, ou ata, nunha mesma peza musical. Algunhas persoas senten que a categorización da música en xéneros baséase máis en motivos comerciais e de mercado que en criterios musicais. Por exemplo John Zorn, un músico cuxa obra cubriu unha ampla gama de xéneros, escribiu que estes son ferramentas usadas para "facer máis cómoda e comercializable a complexa visión persoal dun artista".[4]

Vantaxes da clasificación[editar | editar a fonte]

Categorizar a música faise necesario para facilitar o seguimento da historia e os distintos xéneros da música, ademais de conceptualizar, distinguir e definir máis claramente cada un deles. Ademais, o uso de etiquetas pode actualmente dirixir o desenvolvemento da nova música ao extremo de axudar a cultivar o interese e a participación da audiencia nos estadios iniciais dunha tendencia.


Xéneros principais[editar | editar a fonte]

Música culta[editar | editar a fonte]

A música docta, académica, culta ou selecta é un dos tres grandes xéneros nos que se pode dividir a música en xeral, xunto coa música popular e a música tradicional ou folclórica.[5][6]

  1. Van der Merwe, Peter (1989). Origins of the Popular Style: The Antecedents of Twentieth-Century Popular Music. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-316121-4.
  2. Estilo no Dicionario da Real Academia Galega
  3. Rock no Dicionario da Real Academia Galega
  4. John Zorn, Arcana: Musicians on Music
  5. Dicionario da Real Academia Galega
  6. WordReference.com [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Van der Merwe, Peter (1989). Origins of the Popular Style: The Antecedents of Twentieth-Century Popular Music. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-316121-4.
  2. Estilo no Dicionario da Real Academia Galega
  3. Rock no Dicionario da Real Academia Galega
  4. John Zorn, Arcana: Musicians on Music
  5. Dicionario da Real Academia Galega
  6. WordReference.com [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]