Samurai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samurai.

Os samurais[1] servían como soldados da aristocracia do Xapón entre 1100 e 1867. Coa era Meixi os samurais chegaron ao seu final. A súa principal característica era a gran disciplina, lealdade e mais súa grande habilidade coa catana.

Características[editar | editar a fonte]

Un termo máis apropiado para Samurai (侍, さむらい) é bushi (武士) (literalmente "guerreiro ou home de armas") que era usado durante o período Edo. Porén, o termo "Samurai" refírese normalmente á nobreza guerreira e non por exemplo á infantaría alistada. Un samurai sen ligazóns a un clan ou daimyō era chamado Rōnin (literalmente "home-oa"). Rōnin son tamén samurais que largaron a súa honra ou aqueles que non cumpriron co seppuku, que significa dividir a barriga, de modo a repór a honra do seu clan ou familia. Samurais ao servizo do han eran chamados "hanshi".

Era esperado dos Samurai que non fosen analfabetos senón cultos ata un nivel básico, e ao longo do tempo, durante a era Tokugawa (tamén chamada de período Edo), perderon gradualmente a súa función militar.

Polo fin da era Tokugawa, os samurai era burócratas aristocráticos ao servizo dos daimyo, coas súas espadas servindo para fins cerimoniais. Con as reformas da era Meixi, nos finais do século XIX, a clase dos samurai foi abolida e foi establecido un exército nacional ao estilo occidental. O ríxido código samurai, chamado bushido, aínda sobrevive, porén, na actual sociedade xaponesa, tal como moitos outros aspectos do seu modo de vida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para samurai.
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samurai