Saltar ao contido

Historia da arte

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A historia da arte é unha disciplina científica e humanística que ten como obxectivo a análise da produción artística desenvolta ao longo da historia da humanidade, prestando especial atención aos procesos de creación e a súa contribución á cultura.[1]

Esta disciplina comezou a tomar forma en Europa no século XV coa aparición dos primeiros tratados sobre pintura, que contiñan algúns comentarios históricos, e deu un paso fundamental no XVI grazas a Giorgio Vasari e a súa recompilación de biografías: Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori. En 1764, Johann Winckelmann publicou o seu libro Geschichte der Kunst des Alterthums ("Historia da Arte da Antigüidade"), o primeiro escrito que enlaza arte e historia nunha análise da Grecia e Roma antigas. A finais do século XVIII, gañou a admiración dos pensadores máis destacados do seu tempo converténdose nun pioneiro e inspirando o movemento neoclasicista. A historia da arte floreceu como disciplina académica no século XIX.[2][3][4]

Os primeiros historiadores da arte centráronse na tradición europea e, a mediados do século XX, estableceuse unha narrativa estándar que rastrexaba o seu desenvolvemento dende o Mediterráneo prehistórico, antigo e medieval ata a Europa moderna. A arte do resto do mundo adoitaba tratarse marxinalmente e dende unha perspectiva colonialista.[5]

Os cambios socioculturais que tiveron lugar no século XX levaron a emendar estas narrativas. O enfoque tradicional na pintura, escultura e arquitectura ampliouse para incluír as chamadas artes menores, como a cerámica ou os téxtiles, e medios contemporáneos, coma o vídeo; o interese pola arte non occidental aumentou e os relatos que antes só presentaban homes brancos foron revisados ​​para incluír artistas de cor e mulleres.[5]

Arte prehistórica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte prehistórica.

A arte prehistórica é toda aquela feita en culturas precedentes á invención dos sistemas de escritura, abarcando un período tan longo que se adoita dividir o seu estudo en outros dous: o Paleolítico e o Neolítico. Cómpre ter en conta que a súa datación varía segundo a rexión, en función do momento no que cada sociedade alcanzou determinados fitos culturais e tecnolóxicos.

Arte paleolítica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte paleolítica.

O Paleolítico, que se estende dende o uso das primeiras ferramentas de pedra ata arredor do 10000 a.C., coincidindo coa fin da última glaciación, caracterízase pola aparición de dúas formas principais de expresión artística. Por unha banda está a arte rupestre, tamén coñecida como arte parietal, que consiste en gravados ou pinturas de figuras e signos feitos en paredes e teitos de covas.[6][7] Estas eran realizadas con lapis de cores e pinturas elaboradas a partir de minerais e terras naturais con propiedades colorantes.[8] Por outra, está a arte moble, que designa todas as pezas portábeis gravadas ou esculpidas en materiais como óso, cornamenta, marfil ou pedra. Inclúe ferramentas e armas con elementos ornamentais, bloques gravados con debuxos e esculturas exentas que representan humanos e animais, dentro das que destacan as figuras femininas coñecidas como venus.[9]

Entre as obras máis antigas coñecidas feitas polo Homo sapiens atópase un debuxo abstracto de hai uns 73.000 anos, descuberto na cova de Blombos, en Suráfrica.[10] No caso da arte figurativa, destacan pola súa antigüidade a pintura rupestre dun porco na cova de Leang Tedongnge e a escultura da Venus de Hohle Fels.[11][12]

Véxase tamén: Mesolítico.

Arte neolítica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte neolítica.

O Neolítico comeza coa introdución da agricultura e a domesticación de animais arredor do 10000 a. C. e remata coa aparición da metalurxia. Este período supuxo un cambio profundo nas sociedades humanas: a vida sedentaria consolidouse, impulsáronse transformacións sociais e económicas, a tecnoloxía avanzou coas ferramentas de pedra pulida e desenvolvéronse artesanías como a cerámica e a tecedura.[13][14]

Arte da Idade Antiga

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte da antigüidade.

Arte mesopotámica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte mesopotámica.

Arte exipcia

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte exipcia.

Arte grega

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte grega.

Arte etrusca

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte etrusca.

Arte romana

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte romana.

Arte da Idade Media

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte da Idade Media.

Arte paleocristiá

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte paleocristiá.

Arte bizantina

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte bizantina.

Arte islámica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte islámica.

Arte prerrománica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte prerrománica.

Arte románica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte románica.

Arte gótica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte gótica.

Arte da Idade Moderna

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte da Idade Moderna.

Arte do Renacemento

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte do Renacemento.
Artigo principal: Barroco.
Artigo principal: Rococó.

Neoclasicismo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Neoclasicismo.

Romanticismo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Romanticismo.

Arte da Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte contemporánea.
Artigo principal: Realismo.

Impresionismo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Impresionismo.

Modernismo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Modernismo.

Vangardas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Vangardas.

Por localización xeográfica

[editar | editar a fonte]
Arte europea
Arte africana
Arte bérber | Arte mourisca
Arte asiática
Arte do Próximo Oriente: Arte islámica
Arte do Extremo Oriente: Arte chinesa (Cerámica) | Arte xaponesa (arquitectura | cerámica) | Arte tibetana | Arte indiana
Arte americana
Arte precolombiana: (Mesoamérica) - Arte olmeca | Arte tolteca | Arte maia | Arte azteca | (Andes) - Arte inca
Arte norteamericana: Arte india
Arte oceania
Arte aborixe
  1. "Grao en Historia da Arte". usc.gal. Consultado o 2025-08-25. 
  2. "Historiography of European Art". oxfordbibliographies.com (en inglés). Consultado o 2025-08-25. 
  3. Jarrar, Celine (2024-08-25). "The Father of Art History: Who Was Johann Joachim Winckelmann?". www.thecollector.com (en inglés). Consultado o 2025-08-25. 
  4. "Johann Winckelmann". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2025-08-26. 
  5. 5,0 5,1 "Smarthistory – What is art history and where is it going?". smarthistory.org. Consultado o 2025-08-26. 
  6. Toth, Nicholas; Schick, Kathy (01 January 2007). 21 Overview of Paleolithic Archeology (en inglés). Springer, Berlin, Heidelberg. pp. 1943–1963. ISBN 978-3-540-33761-4. doi:10.1007/978-3-540-33761-4_64. 
  7. "Paleolithic Period". www.britannica.com (en inglés). 2025-07-24. Consultado o 2025-08-26. 
  8. Domingo, Inés; Chieli, Annalisa (2021-10-13). "Characterizing the pigments and paints of prehistoric artists". Archaeological and Anthropological Sciences (en inglés) 13 (11): 196. ISSN 1866-9565. doi:10.1007/s12520-021-01397-y. 
  9. "portable art". www.britishmuseum.org (en inglés). Consultado o 2025-09-01. 
  10. Henshilwood, Christopher S.; d’Errico, Francesco; van Niekerk, Karen L.; Dayet, Laure; Queffelec, Alain; Pollarolo, Luca (2018-10). "An abstract drawing from the 73,000-year-old levels at Blombos Cave, South Africa". Nature (en inglés) (12 September 2018) 562 (7725): 115–118. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/s41586-018-0514-3. 
  11. Brumm, Adam; Oktaviana, Adhi Agus; Burhan, Basran; Hakim, Budianto; Lebe, Rustan; Zhao, Jian-xin; Sulistyarto, Priyatno Hadi; Ririmasse, Marlon; Adhityatama, Shinatria (13 January 2021). "Oldest cave art found in Sulawesi". Science Advances (en inglés) 7 (3). ISSN 2375-2548. PMC 7806210. PMID 33523879. doi:10.1126/sciadv.abd4648. 
  12. Conard, Nicholas J. (14 May 2009). "A female figurine from the basal Aurignacian of Hohle Fels Cave in southwestern Germany". Nature (en inglés) 459 (7244): 248–252. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/nature07995. 
  13. Jacksonville, Florida State College at. Humanities: Prehistory to the 15th Century (en inglés). 
  14. "Neolithic". www.britannica.com (en inglés). 2025-08-25. Consultado o 2025-08-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]