Le pays, peuplé d’environ 5,1 millions d'habitants, a pour capitale Oslo. La Norvège a deux langues officielles: le bokmål (prononcez boukmol) et le nynorsk. La langue majoritaire est le bokmål et la monnaie est la couronne norvégienne (NOK).
Os ruxios eran unha tribo xermánica cuxa orixe se remonta á rexión de Rogaland no sur de Noruega, que significa literalmente "terra engurrada", debido ao relevo accidentado dos fiordes nórdicos. Do século -III ata fins do século -I, a poboación desta área migra para o sur en procura de áreas máis quentes, debido á baixada das temperaturas de Europa neste período. Establécense na illa de Rügen, no mar Báltico, dando o seu nome a esta illa.
A tribo é mencionada polo escritor romano Tácito no século I, no seu libro Germania. Segundo Tácito, os rugii habitaban a costa do mar Báltico entre os ríos Vístula e Oder, eran veciños dos godos e utilizaban escudos redondos e espadas curtas. Existe un gran intervalo de rexistro histórico, sendo citados os ruxios despois de Tácito soamente no século V. Con todo, pódense supoñer indirectamente algúns eventos. Presionado por guerras contra os godos na finais do século I, os ruxios son atopados desprazándose cara ao sur, cara á rexión do Danubio e os Cárpatos entre os anos 200 e 300. No 390 fanse un pobo vasalo dos hunos invasores, xunto a outras nacións xermánicas, como os ostrogodos. Convértense ao cristianismo ariano. No 451 participan, xunto con Atila, na invasión da Galia e na Batalla dos Campos Cataláunicos (batalla de Chalôns). Logo da morte de Atila, no 454 ocorre a Batalla de Nedao, onde unha federación de pobos xermánicos derrota aos hunos e alcanza a independencia.
Oslo e a capital e cidade máis poboada de Noruega. A cidade constitúe ao mesmo tempo un condado e un concello. A cidade é o centro económico e gobernamental de Noruega, así como o centro da actividade comercial, bancaria, industrial e de transportes, e é un importante centro da industria marítima e de transporte marítimo europeo.
Fundada no ano 1040, e establecida como "kaupstad" ou mercado en 1048 polo Rei Harald III, en 1070 foi elevada a bispado, sendo proclamada capital do país en torno ao ano 1300 por Haakon V. En 1624 a cidade foi arrasada polo lume, sendo posteriormente trasladada a un emprazamento máis próximo á fortaleza de Akershus durante o reinado de Cristian IV e renomeada Christiania no seu honor. Estableceuse como concello (formannskapsdistrikt) o 1 de xaneiro de 1838. Logo dunha reforma ortográfica, a cidade foi coñecida como Kristiania entre 1877 e 1925, momento no cal o seu nome orixinal noruegués foi restaurado.
O 1 de xaneiro de 2016, o concello de Oslo tiña unha poboación de 658.390 habitantes, mentres que a poboación da súa área urbana ascendía a 942.084 habitantes, e a súa área metropolitana a 1,71 millóns de habitantes. A poboación da cidade aumenta a un ritmo récord, sendo a cidade co crecemento máis rápido de Europa. Este crecemento débese principalmente á inmigración internacional e á alta tasa de natalidade, así como á migración dentro do propio país. A poboación inmigrante aumenta a un ritmo maior que a poboación norueguesa, elevándose a poboación inmigrante da cidade ao 25%.
O berro (1893; orixinalmente titulado Desesperación), é a súa obra máis coñecida e considerada coma unha icona da angustia existencial. Como en moitas das súas obras realizou numerosas versións. Foi roubada do museo Munch en Oslo, Noruega o 22 de agosto de 2004 e recuperada o 30 de agosto do 2006 con danos menores reparables.
O pintor dicía de si mesmo que, do mesmo modo que Leonardo da Vinci estudara a anatomía humana e disecado corpos, el tentaba disecar almas. Xa que logo, os temas máis frecuentes na súa obra foron os relacionados cos sentimentos e as traxedias humanas, coma a soidade (Melancolía), a angustia (O berro), a morte (Morte dun bohemio) e o erotismo (Amantes, O bico). Considéraselle o precursor do expresionismo, pola forte expresividade dos rostros e as actitudes das súas figuras, ademais do mellor pintor noruegués de todos os tempos.