Saltar ao contido

Debuxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O "home de Vitruvio". Debuxo realizado a lapis e tinta por Leonardo da Vinci

O debuxo, máis ca unha técnica gráfica baseada no uso da liña, é a expresión dunha imaxe que se fai de forma manual, e dicir, usase a man para realizalo. Os materiais que se poden usar son moitos, coma tamén a superficie onde se pode facer. Os máis usados son o papel como soporte e o lapis como instrumento, e actualmente usase o ordenador cun lapiseiro óptico ou un rato.

Conceptos

[editar | editar a fonte]

Valémonos do debuxo para representar o que temos na mente e que non podemos expresar detalladamente con palabras.

Podería afirmarse que o debuxo é a linguaxe universal porque sen mediar palabras, podemos transmitir ideas que todos entendan mediante debuxos. Hai debuxos que xa son recoñecidos universalmente ós que chaman iconas. A torre Eiffel, por exemplo, é unha icona de Francia e París, e podemos graficala como unha longa torre que ten barras cruzadas en forma de xe ó largo da súa estrutura.

Ao facer un debuxo pódese empregar a cor ou prescindir dela.

A palabra debuxo pode ter varios significados:

  • Medidas da figura do obxecto que se debuxa ou pinta.
  • Delineación, figura ou imaxe executada en claro e escuro, e que obtén o nome de material co que se realiza. Debuxo de carbón, de lapis.
  • Nos encaixes, bordados, tecidos etcétera, figura e disposición das labores que os adornan.
  • Conxunto de sucos que hai nas bandas de rodadura dun pneumático.

Tamén:

  • Un debuxo á man alzada é o que se realiza sen apoiar a man.
  • Un debuxo do natural é o que se fai copiando directamente do modelo.
  • Un debuxo lineal é unha delineación con segmentos de liñas xeométricas e polo xeral axudado de regras, os escuadros, cartabóns etcétera.
  • Os debuxos animados son os que se fotografan nunha película sucesivamente, e que ao ir recollendo os sucesivos cambios de posición imitan ou suxiren o movemento natural dos seres vivos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]