Ramón Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ramón Lorenzo Vázquez")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Ramón Lorenzo
Ramón Lorenzo.jpg
Nacemento 16 de setembro de 1935
  Eirapedriña
Nacionalidade España
Ocupación filólogo e profesor
Cónxuxe Úrsula Heinze
Premios Premio Trasalba e Premio Lois Peña Novo
editar datos en Wikidata ]

Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro da RAG desde 1999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa tese titulada Traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla recibiu o premio extraordinario de doutoramento e constitúe unha referencia inescusable para o estudo da lingua medieval galega e portuguesa. Non menos valiosa é a edición galega da Crónica troiana. Por outra banda, formou parte do grupo literario Brais Pinto, canda Méndez Ferrín, Alexandre Cribeiro, Herminio Barreiro, Reimundo Patiño etc, e foi un dos impulsores da revista de creación poética Dorna.

En 1971 participou na fundación do Instituto da Lingua Galega[1], institución á que permanece vinculado.

Traduciu obras de literatura xuvenil, como O ponche dos desexos, de Michael Ende (xunto a Úrsula Heinze).

Galardóns[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado coa escritora Úrsula Heinze.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]