Carrie Fisher
Carrie Frances Fisher, nada en Beverly Hills (condado dos Ánxeles) o 21 de outubro de 1956 e finada nos Ánxeles o 27 de decembro de 2016, foi unha actriz estadounidense de cine e televisión. Foi coñecida principalmente por interpretar a princesa Leia Organa na triloxía orixinal de Star Wars.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do cantante Eddie Fisher e da actriz Debbie Reynolds, tiña un irmán máis novo, Todd Fisher. Os seus avós paternos eran inmigrantes xudeus procedentes de Rusia; por parte materna os seus devanceiros procedían de Inglaterra e Escocia.
Apareceu nalgunhas producións coa súa nai antes de comezar o seu primeiro traballo de cine, cando interpretou a sedutora moza de Warren Beatty en Shampoo (1975), de Hal Ashby.
Dous anos despois obtivo o papel polo que sería amplamente recoñecida, a Princesa Leia Organa, na inicialmente coñecida como A guerra das galaxias (1977), unha interpretación que repetiu nas continuacións O imperio contraataca (1980), O retorno do Jedi (1983) e, 32 anos máis tarde, en Star Wars: The Force Awakens (2015). Entre medias, en 1980, apareceu en Os Blues Brothers.
Despois destes éxitos loitou contra a dependencia das drogas e o alcohol e viviu un feliz matrimonio co cantante Paul Simon.
A súa carreira cinematográfica resentiuse e interpretou papeis en filmes de menor peso como Under the Rainbow (1981) e Hollywood Vice Squad (1986), mais tamén na gañadora de tres premios Óscar de 1986 Hannah e as súas irmás. A partir de entón traballou como actriz secundaria en comedias como o éxito Cando Harry atopou a Sally (1989), Sibling Rivalry (1990) e Soapdish (1991).
Foi entón cando se revelou como escritora, publicando a novela semi autobiográfica Postcards from the Edge. En 1990 o director Mike Nichols encargoulle o guión para a adaptación ao cine do seu libro, con Shirley MacLaine no papel da nai. Fisher seguiu escribindo e publicou outras novelas como Surrender the Pink e Delusions of Grandma.
En 2001 levou á pantalla outro guión seu: foi o telefilme These Old Broads, cun cuarteto protagonista de luxo formado pola súa nai Debbie Reynolds, a súa antiga inimiga Elizabeth Taylor, Shirley MacLaine e Joan Collins.
Fisher falou publicamente dos problemas que tivo coas drogas, a súa batalla co trastorno bipolar e a adicción aos antidepresivos no programa 20/20 da canle de televisión da ABC.
En setembro de 2009 publicou unha biografía chamada Wishful Drinking, un éxito de vendas nos Estados Unidos; nela narraba as súas experiencias en clave de humor, ríndose da súa tendencia ao alcoholismo e os seus fracasos matrimoniais.[1]
Nunha entrevista en outubro de 2010, mentres se atopaba en Sidney, Australia, Carrie confesou a súa forte adicción á cocaína durante a rodaxe de O Imperio Contraataca (1980) e que sobreviviu a unha sobredose:
Aos poucos, deime conta de que estaba a usar as drogas un pouco máis que outras persoas e que estaba a perder o control sobre elas.(...) Deille tanto á cocaína en Star Wars, que mesmo John Belushi me dixo que tiña un problema".[2][3]
Falecemento
[editar | editar a fonte]O 23 de decembro de 2016, Carrie Fisher sufriu un infarto masivo mentres se atopaba nun voo que a trasladaba de Londres aos Ánxeles, aplicándose inmediatamente medidas de reanimación. Foi trasladada a un centro médico da cidade en estado grave. A popular actriz norteamericana atopábase realizando a xira de promoción do seu novo libro, The Princess Diarist. Máis tarde, o seu irmán Todd Fisher confirmou que estaba en condición estable e recuperándose do ataque.[4] Carrie Fisher faleceu o 27 de decembro de 2016 nos Ánxeles tras permanecer hospitalizada nun centro médico da cidade durante catro días; un comunicado da súa filla Billie Lourd confirmou o deceso.[5]
Filmes, series e videoxogos
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Rol | Notas |
|---|---|---|---|
| 1975 | Shampoo | Lorna Carp | |
| 1977 | A guerra das galaxias | Princesa Leia Organa | |
| Come Back, Little Sheba | Marie | ||
| 1978 | Ringo | Marquine | |
| Leave Yesterday Behind | Marnie Clarkson | ||
| The Star Wars Holiday Special | Princesa Leia Organa | ||
| 1980 | O imperio contraataca | Princesa Leia Organa | |
| Os Blues Brothers | Mistery Woman | ||
| 1981 | Under the Rainbow | Annie Clark | |
| 1982 | Laverne & Shirley | Cathy | Serie de televisión, 1 episodio: "The Playboy Show" |
| 1983 | O retorno do Jedi | Princesa Leia Organa | |
| 1984 | Faerie Tale Theatre | Thumbelina | Serie de televisión, 1 episodio: "Thumbelina" |
| Garbo Talks | Lisa Rolfe | ||
| Frankenstein | Elizabeth | Filme para televisión | |
| 1985 | From Here to Maternity | Verónica | Curtametraxe |
| The Man with One Red Shoe | Paula | ||
| George Burns Comedy Week | Serie de televisión, 1 episodio: "The Couch" | ||
| Happily Ever After | Alice Conway | Voz | |
| 1986 | Hannah e as súas irmás | April | |
| Hollywood Vice Squad | Betty Melton | ||
| Liberty | Emma Lazarus | ||
| Sunday Drive | Franny Jessup | ||
| 1987 | Amazing Stories | Laurie McNamara | Serie de televisión, 1 episodio: "Gershwin's Trunk" |
| Paul Reiser Out on a Whim | Filme para televisión | ||
| Amazon Women on the Moon | Mary Brown | Segmento: "Reckless Youth" | |
| The Time Guardian | Petra | ||
| 1988 | Appointment with Death | Nadine Boynton | |
| 1989 | The 'burbs | Carol Peterson | |
| Loverboy | Mónica Delancy | ||
| Two Daddies | Alice Conway | Voz | |
| She's Back | Beatrice | ||
| Cando Harry atopou a Sally | Marie | ||
| Trying Times | Enid | Serie de televisión, 1 episodio: "Hunger Chic" | |
| 1990 | Sweet Revenge | Linda | |
| Sibling Rivalry | Iris Turner-Hunter | ||
| 1991 | Drop Dead Fred | Janie | |
| Soapdish | Betsy Faye Sharon | ||
| Hook | Muller bicándose nunha ponte | ||
| 1992 | This Is My Life | Claudia Curtís | |
| 1994 | Super Star Wars: Return of the Jedi | Princesa Leia Organa | Videoxogo |
| 1995 | Present Tense, Past Perfect | ||
| Frasier | Phyllis | Serie de televisión, 1 episodio: "Phyllis". Voz | |
| 1997 | Austin Powers: International Man of Mystery | Terapeuta | |
| Gun | Nancy | Serie de televisión, 1 episodio: "The Hole" | |
| 1998 | Dr. Katz, Professional Therapist | Roz Katz | Serie de televisión, 1 episodio: "Thanksgiving" |
| 1999 | Return of the Ewok | Curtametraxe (filmada en 1983) | |
| 2000 | Scream 3 | Bianca | |
| 2001 | These Old Broads | Hooker | |
| Heartbreakers | Ms. Surpin | ||
| Jay and Silent Bob Strike Back | Nun | ||
| 2002 | A Midsummer Night's Rave | ||
| A Nero Wolfe Mystery | Ellen Tenzer | Serie de televisión, episodio de dúas partes: "Motherhunt" | |
| 2003 | Charlie's Angels: Full Throttle | Madre superiora | |
| Wonderland | Sally Hansen | ||
| Good Morning, Miami | Judy Silver | Serie de televisión, 1 episodio: "A Kiss Before Lying" | |
| Sex and the City | Ela mesma | Serie de televisión, 1 episodio: "Sex and Another City" | |
| 2004 | Stateside | Mrs. Dubois | |
| Jack & Bobby | Madison Skutcher | Serie de televisión, 1 episodio: "The First Lady" | |
| 2005 | Undiscovered | Carrie | |
| Smallville | Pauline Kahn | Serie de televisión, 1 episodio: "Thirst" | |
| Romancing the Bride | Edwina | ||
| 2005 | Family Guy | Angela | Serie de televisión, episodios: "Jungle Love", "The Courtship of Stewie's Father", "Hell Comes to Quahog", "Whistle While Your Wife Works", "It Takes a Village Idiot, and I Married One", "Tales of a Third Grade Nothing", "Peter-assment", "Baby, You Knock Me Out", "Road to the North Pole", "Friends of Peter G.", "Peter-Assment" |
| 2007 | Suffering Man's Charity | Reporteira | |
| Cougar Club | Glady Goodbey | ||
| Odd Job Jack | Dr. Finch | Serie de televisión, 1 episodio: "The Beauty Beast" | |
| Weeds | Celia's attorney | Serie de televisión, 1 episodio: "The Brick Dance" | |
| Side Order of Life | Dr. Gilbert | Serie de televisión, 1 episodio: "Funeral for a Phone" | |
| 30 Rock | Rosemary Howard | Serie de televisión, 1 episodio: "Rosemary's Baby" | |
| 2008 | The Women | Bailey Smith | |
| Robot Chicken: Star Wars Episode II | Princesa Leia Organa, Mon Mothma, Krayt Dragon's Mother | Filme para televisión. Voz | |
| 2009 | Fanboys | ||
| White Lightnin' | Cilla | ||
| Sorority Row | Mrs. Crenshaw | ||
| 2010 | Wright vs. Wrong | Joan Harrington | |
| Entourage | Anna Fowler | Serie de televisión, 1 episodio: "Tequila and Coke" | |
| Family Guy | Mon Mothma | Serie de televisión, 1 episodio: "It's a Trap". Voz | |
| A Quiet Word With ... | Ela mesma | Serie de televisión australiana, 1 episodio:[6] | |
| 2011 | The Talk | Ela mesma | Serie de televisión norteamericana |
| 2012 | It's Christmas, Carol! | Eve | Filme rodado para televisión da canle Hallmark |
| Dishonored | Voz | Videoxogo | |
| Comedy Central Roast | Ela mesma | The Roast of Roseanne Barr | |
| 2014 | Maps to the Stars | Ela mesma | |
| The Big Bang Theory | Ela mesma | Serie de televisión, temporada 7, episodio 14: "The Convention Conundrum" | |
| 2015 | Star Wars Episode VII: The Force Awakens | Xeneral Leia Organa |

Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Premios BAFTA
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1990 | Mellor guión adaptado | Postcards from the Edge | Nomeada |
| 2012[7] | Outstanding Variety, Music Or Comedy Special - 2011 | Wishful drinking | Nomeada |
| 2012 | Outstanding Picture Editing For A Special (Single Or Multi-Camera) - 2011 | Wishful drinking | Nomeada |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carrie Fisher, eterna princesa Leia, lleva el monólogo sobre su vida a la TV". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). 2010-12-11. Consultado o 2020-02-01.
- ↑ http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-1319676/Carrie-Fishers-drug-shame-I-did-cocaine-set-Empire-Strikes-Back.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2010. Consultado o 24 de decembro de 2016.
- ↑ "Carrie Fisher, en condición estable tras sufrir un ataque cardiaco". ELMUNDO (en castelán). 2016-12-23. Consultado o 2020-02-01.
- ↑ Biobichile. "Aos 60 anos falece Carrie Fisher, a recordada Princesa Leia". Chile. Consultado o 27 de decembro de 2016.
- ↑ "A Quiet Word With Carrie Fisher". Official site. Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 31 de xullo de 2011.
- ↑ Television Academy. "Carrie Fisher In Wishful Drinking" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2014.