Oratorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O oratorio é unha composición de estrutura narrativa en que interveñen solistas vocais, coro e orquestra. Baséase sempre en textos de carácter relixioso e, xa que logo, é un dos xéneros da música relixiosa. As primeiras mostras aparecen maiormente durante a época barroca. Normalmente, interprétanse en versión de concerto, sen escenificación nin vestiario.

Historia[editar | editar a fonte]

O oratorio desenvólvese a partir da Contrarreforma por obra de Filipe Neri, que nas reunións piadosas escenificaba fragmentos das escrituras. A primeira composición que se pode consider como oratorio é Rappresentazione di anima e di corpo, de Emilio de' Cavalieri (1600). Tense interpretado que, en certa maneira, o grande pulo que tivo despois, maiormente no século XVII, se debeu ao feito de que actuou como unha especie de resposta da Igrexa ao enorme éxito que tivera a ópera, o xénero de música escénica dedicado case exclusivamente á narración escenificada de historias profanas. Pola contra, o oratorio opta sempre polas historias bíblicas, tanto do Antigo como do Novo Testamento, con predilección dun ou do outro segundo o momento.

A estrutura resultante, que quedará plenamente fixada na segunda metade do século XVII, na maioría dos casos fai que a obra comece cun movemento no que intervén só a orquestra ou o grupo instrumental encargado do acompañamento instrumental, que segundo os momentos recibiu nomes diversos, como abertura e sinfonía. A partir daquí, a maior parte da obra contén unha alternancia entre recitacións e arias. Ao non haber representación escenica, ao oratorio cómprelle sempre -polo menos na súa forma barroca- un narrador, que invariablemente recae nunha voz masculina e que se expresa con recitativos. Entre as arias e os recitativos intercálanse as intervencións dos coros. Cada número ou pasaxe cantados polo coro denomínase, así mesmo, coro.

Unha das figuras máis salientables do barroco e que sobresaíu maiormente polos seus oratorios foi Georg Friedrich Händel. Os seus oratorios máis coñecidos son O mesías (Messiah, 1742) -cuxo texto non ten, propiamente, unha estrutura narrativa- e Solomon (1749).

Durante o clasicismo destacan, nos derradeiros anos do século XVIII, Franz Joseph Haydn con oratorios como A Creación (Die Schöpfung, 1798) e As Estacións (Die Jahreszeiten, 1801), ambas as dúas cun fondo moi marcadamente masónico.

No século XIX Ludwig van Beethoven compuxo o oratorio Christus am Ölberge (1803) e Felix Mendelssohn Paulus (1838) e Elías (1846). Robert Schumann, Franz Liszt, Hector Berlioz e César Franck (Les Béatitudes, 1879) son os autores máis salientables que cultivaron o oratorio na segunda metade do século XIX. A principios do século XX, sobresaen os oratorios de Lorenzo Perosi.

O oratorio como técnica compositiva[editar | editar a fonte]

Fragmento dun recitativo do evanxelista n'A Paixón Segundo San Xoán, de Johann Sebastian Bach

Aproximadamente desde principios do século XVIII, as técnicas do oratorio aplicáronse a moitro outros textos relixiosos que se musicaban habitualmente, en especial no relativo a textos dunha certa amplitude e que recibían unha música de grandes dimensións, especialmente concibida para celebracións litúrxicas dunha marcada solemnidade. Entre estes, as diversas partes da misa, os salmos que se musicaban polas vespras de festividades especialment relevantes do ano litúrxico, o Stabat Mater, etc. Concretamente consistía en fragmentar estes textos estándar da liturxia por uns puntos que adoitaban ser sempre os mesmos. Cada fragmento era tratado como unha composición separada, cunhas voces ou outras, con solistas e/ou coro, cun acompañamento de todo o grupo instrumental ou só cunha parte, etc.; pero tamén cunha tonalidade, unha métrica e un tempo diferenciados e contrastando adoito cos dos fragmentos inmediatamente anteriores e posteriores.

Segue esta técnica compositiva a maioría das misas dos compositores dos séculos XVIII e XIX, entre moitas outras obras relixiosas. No caso das paixóns, o narrador toma o nome de evanxelista, e adoita recaer na voz dun tenor.

Oratorios máis salientables[editar | editar a fonte]

Messiah. Haendel.

Ordenados cronoloxicamente segundo o ano da estrea:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bukofzer, Manfred F. Music in the Baroque Era. New York, NY: W.W. Norton and Co. 1947. 
  • Carreras Bulbena, Josep. El oratorio musical, 1906. 
  • Smither, Howard. The History of the Oratorio. Vol. 1-4. Chapel Hill, NC: Univ. of N.C. Press, 1977-2000. 
  • Deedy, John. The Catholic Fact Book. Chicago, IL: Thomas Moore Press, 1986. 
  • Hardon, John A. Modern Catholic Dictionary. Garden City, NY: Double Day and Co. Inc., 1980. 
  • New Catholic Encyclopedia. New York: McGraw-Hill, 1967. 
  • Randel, Don. "Oratorio". The Harvard Dictionary of Music. The Belknap Press [Cambridge, MA], 1986.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]