Portal:Muller
![]()
Artigo destacado
O feminismo é un conxunto de teorías sociais, movementos políticos e filosofías morais, principalmente motivadas por ou concernentes ás experiencias das mulleres, especialmente referidas á súa situación social, política e económica. Como movemento social, o feminismo principalmente está enfocado a erradicar a desigualdade de xénero e promover os dereitos das mulleres e os seus intereses na sociedade. Isto tamén concirne ao efecto que producen os roles de xénero nos homes, e o estímulo aos homes para trocar os roles tradicionais masculinos.
O feminismo alterou principalmente as perspectivas predominantes en diversas áreas da sociedade occidental, desde a cultura ao dereito. As activistas feministas fixeron campañas polos dereitos legais das mulleres (dereitos de contrato, dereitos de propiedade, dereitos ao voto), polo dereito da muller á súa autonomía e á integridade do seu corpo (dereitos ao aborto e dereitos reprodutivos —incluíndo o acceso á contracepción—), pola protección contra a violencia de xénero e a sexual ou polo remate da discriminación no traballo en todas as súas formas. Imaxe destacada
Sabías que...?
Categorías
Biografía destacada de hoxe
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abondosa bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio galego como no estranxeiro. É tal a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo, que nas últimas décadas os seus poemas foron traducidos a linguas como o francés, o alemán, o ruso ou o xaponés. O 24 de febreiro de 2015, o Doodle Google estivo adicado a Rosalía de Castro, para conmemorar o 178 aniversario do seu nacemento.
Cita destacada
Proxectos relacionados
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|