David Prowse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Prowse

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) David Charles Prowse Editar o valor em Wikidata
1 de xullo de 1935 Editar o valor em Wikidata
Bristol, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónBristol Grammar School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , halterófilo , actor de cinema , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata - 2017 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deportehalterofilia Editar o valor em Wikidata
Participou en
1962Jogos do Império Britânico e da Commonwealth de 1962 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdarthvader-starwars.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0001190 Allocine: 64487 Rottentomatoes: celebrity/david_prowse Allmovie: p57960 TV.com: people/david-prowse WikiTree: Prowse-513 Editar o valor em Wikidata

David Prowse, nado en Bristol, Inglaterra,[1] o 1 de xullo de 1935 e finado en Londres o 28 de novembro de 2020, foi un culturista, levantador de pesas e actor de cine, televisión, teatro e voz inglés coñecido por interpretar o papel de Darth Vader en catro películas de Star Wars.

Carreira[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Fillo de Gladys Burt e Charles Prowse.[2] Criouse na urbanización Southmead en Bristol, gañando unha bolsa para a Bristol Grammar School.[3] Prowse era alto e desenvolveu un interese polo musiculturismo (culturismo e danza). Os seus primeiros traballos incluíron o de porteiro nun salón de baile (onde coñeceu a Norma, coa que estivo casado desde 1963 até a súa morte) e axudante na piscina de Henleaze. Tras os seus éxitos de 1961 no campionato británico de halterofilia, deixou Bristol en 1963 para traballar nunha empresa de halterofilia de Londres.

Deporte e adestramento[editar | editar a fonte]

Prowse gañou o campionato británico de levantamento de pesas en 1962 e os dous anos seguintes.[1] Representou a Inglaterra nos Xogos do Imperio Británico e da Commonwealth de 1962 en Perth, Australia Occidental.[4] Axudou a adestrar a Christopher Reeve para o papel principal en Superman (1978), papel que el mesmo buscara interpretar. Nunha entrevista televisiva, relatou como a súa resposta cando lle dixeron "atopamos o noso Superman" foi "Moitas grazas". Entón dixéronlle que Reeve fora elixido e que el só ía ser adestrador.[5] Adestrou a Cary Elwes para o seu papel de Westley en A princesa prometida (1987).[6] Prowse tamén se converteu en consultor de fitness de Harrod's e abriu unha serie de ximnasios, incluíndo o Dave Prowse Fitness Center en Londres.

Outros papeis[editar | editar a fonte]

Antes do seu papel de Vader, Prowse fíxose famoso no Reino Unido por formar parte da campaña de educación sobre o tráfico peonil do Green Cross Code, que estivo activa dúas décadas, até 1990. Como agradecemento pola súa contribución altruísta á seguridade viaria, foi homenaxeado pola raíña Isabel II como membro da Orde do Imperio Británico (MBE).

Tamén tivo un papel como en A Clockwork Orange (1971). Encarnou o monstro de Frankenstein en tres ocasións: Casino Royale (1967), The Horror of Frankenstein (1970) e Frankenstein and the Monster from Hell (1974).

Como Darth Vader[editar | editar a fonte]

Foi elixido para este papel pola súa constitución física (2,01 m e 118 kg), pero George Lucas decidiu prescindir da voz de Prowse, gravando a de James Earl Jones por riba da súa. Como declarou máis tarde, non soubo desa substitución até a estrea da película.

Lucas afirmou que quería unha voz "máis escura" para o personaxe que Prowse non puido proporcionar. Nunha entrevista en 2004, Carrie Fisher, a actriz que interpretou a Princesa Leia, afirmou que alcumaran a Prowse "Darth Farmer" (Darth Granxeiro) debido ao seu pouco intimidante acento do oeste de Inglaterra.

Interpretou a Darth Vader coa voz do personaxe interpretada por James Earl Jones, en películas filmadas entre 1976 e 1982. En 2015, protagonizou un documental titulado I Am Your Father ("Eu son o teu pai") sobre a súa experiencia durante a rodaxe de Star Wars.

Nas escenas finais da loita entre Vader e Luke Skywalker (Mark Hamill), Prowse, un espadachín non moi hábil (rompía as varas que se interpoñían no camiño dos sabres de luz), foi substituído en combate polo coreógrafo da escena, dobre e adestrador de acrobacias e esgrima Bob Anderson. Prowse tamén foi substituído polo actor británico Sebastian Shaw como o personaxe detrás da máscara na devandita película.

Na edición remasterizada de 2004 Shaw é substituído por un mozo Anakin Skywalker como pantasma da Forza sen o traxe negro habitual da primeira triloxía (papel asumido por Hayden Christensen na saga recente), só para dar continuidade á historia.

I am your father[editar | editar a fonte]

A voz e o rostro de David Prowse non aparecen en ningunha das tres películas nas que protagonizou, por iso en 2015, no documental I am your father[7], financiado pola televisión autonómica balear (IB3 Televisió) gravaron a escena final da morte de Darth Vader interpretada por David Prowse, aínda que só se emitiu en pase privado, pois Lucasfilm non deu o permiso de emitila publicamente.[8] No documental contan como nunha entrevista nos anos 70, pouco despois do primeiro filme gravado da saga, desvelou detalles que, supostamente, non coñecía ninguén. El afirmou que non o lembraba, e membros do equipo dixeron que non foi máis que unha elucubración. Prowse, nesa entrevista afirmaba que talvez habería máis filmes de Star Wars, e que neles igual cadraba que Darth Vader morría e que igual era o pai de Luke Skywalker.[9] O documental conta tamén como Prowse foi paulatinamente apartado das convencións oficiais da saga, até que desde 2010 se lle prohibiu participar en ningunha máis.

Anos finais[editar | editar a fonte]

En novembro de 2014, Prowse revelou que tiña demencia.[10] En 2018, diagnosticáronlle por segunda vez cancro de próstata despois de entrar en remisión en 2009.[11]

Prowse morreu o 28 de novembro de 2020 en Londres, aos 85 anos.[12] Dúas semanas antes da súa morte, diagnosticáronlle COVID-19.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Darth-Vader-returns-Bristol-home-grew". Arquivado dende o orixinal o 25-09-2012. Consultado o 20-3-2022. 
  2. "Obituarios". independent.co.uk. Archived from the original on 29 de novembro de 2020. Consultado o 29 de novembro de 2020. 
  3. "Onde foron á escola estas 11 celebridades de Bristol? Arquivado 20 de maio de 2017 en Wayback Machine.", Bristol Post, 2 de abril de 2017 (Consultado o 4 de abril de 2017)
  4. "Dave Prowse, actor who played Darth Vader, dies at 85". AP NEWS (en inglés). 2021-04-20. Consultado o 2022-03-20. 
  5. "Superman movie". chrisreevehomepage.com. Archived from the original on 22 de setembro de 2018. Consultado o 20 de marzo de 2022. 
  6. "Cary_Elwes ; Tribute". Twitter. 29 de novembro de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  7. "I Am Your Father Trailer English HD". Consultado o 2022-03-20. 
  8. "I am your father". Diario de Mallorca (en castelán). 2015-11-20. Consultado o 2022-03-20. 
  9. Andrew Roberts (2015-05-17). "The Man Behind Darth Vader Apparently Spoiled ‘The Empire Strikes Back’ Ending In A Local Paper In 1978". UPROXX (en inglés). Consultado o 2022-03-20. 
  10. "star-wars-darth-vader". Consultado o 20-3-2022. 
  11. "D. Prowser dies". www.cnn.com. 
  12. "Darth Vader's David Prowne dies aged 85". Consultado o 20-2-2022. 
  13. ‘Star Wars’ icon David Prowse died after two-week coronavirus battle

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]