Paquistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
اسلامی جمہوریۂ پاکستان
Islami Yamahuriat Pakistan
República Islámica de Paquistán
Bandeira de Paquistán Escudo de Paquistán
Bandeira Escudo
Lema: Iman, Aktad, Nizam (Urdú: «Fe, Unidade, Disciplina»")
Himno nacional: Pak sarzamin shad bad
 
Pakistan (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Islamabad
1.151.868 (2011)
Cidade máis poboada Karachi
Linguas oficiais
Urdú e inglés
Forma de goberno República Islámica / semipresidencialista
Mamnoon Hussain
Nawaz Sharif
Independencia
- Declarada
Do Reino Unido (Raj Británico)
14 de agosto de 1947
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 34º
803.940 km²
n/d
3.621 km km
2.389 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 6º
197.361.691 (2011) [1].
n/d
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 45º
US$ 128.996 millóns
US$ 830 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 26º
US$ 422.943 millóns
US$ 2.722 (2006)
IDH (2007) 0,551 (136º) – Medio
Moeda Rupia paquistaní
Xentilicio Paquistaní
Fuso horario UTC+5
Dominio de Internet .pk
Prefixo telefónico +92
Prefixo radiofónico APA-ASZ
Código ISO 586 / PAK / PK
Membro de: ONU, SAARC, OMT, OCE
Tódolos países do mundo

Paquistán (en urdú پاکستان) En-us-Pakistan.ogg En-us-Pakistan.ogg , e oficialmente República Islámica de Paquistán, (en urdú اسلامی جمہوریۂ پاكستان), é un estado de Asia Meridional. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratéxicamente, cunha costa de 1046km ó longo do Mar Arábigo e do Golfo de Omán no sur. Limita coa India polo leste, con Afganistán polo norte o polo oeste, con Irán polo suroeste e con China polo noreste. Está separado de Taxiquistán polo territorio afgán do Corredor de Wakhan.

O territorio da moderna Paquistán foi o fogar de varias culturas antigas, incluíndo a neolítica Mehrgarh e a civilización do val do Indo da Idade do Bronce. O territorio tivo varios reinos gobernados por pobos de diferentes crenzas e culturas, como hindús, persas, indogregos, islámicos, turco-mongois, afgáns e sikh. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio Maurya da India, o Imperio Aqueménida persa, Alexandre o Grande, o Califato Omeia árabe, o Imperio Mongol, o Imperio Mogol, e Imperio Durrani, o Imperio Sikh e o Imperio Británico. Como resultado do Movemento de Paquistán liderado por Muhammad Ali Jinnah e da loita da India pola independencia, Paquistán acadou a independencia en 1947 como unha nación das rexións da India con maioría musulmá. Inicialmente un dominio, Paquistán adoptou unha nova constitución en 1956, converténdose nunha República Islámica. A guerra civil de 1971 debeu na secesión do leste do país nun novo país, Bangladesh.

Paquistán é unha república parlamentaria federal que consta de catro provincias e catro territorios federais. É un país etnica e lingüisticamente diverso, que tamén posúe unha gran diversidade na súa xeografía e fauna. É unha potencial media e rexional,[2][3] e posúe a sétima maior forza armada do mundo e armas nucleares, sendo a única nación do mundo musulmán, e a segunda de Asia Meridional, con esa clase de armas. A súa historia despois da independencia está caracterizada por períodos de goberno militar, inestabilidade política e conflitos coa veciña India. O país enfróntase a problemas como a sobrepoboación, o terrorismo, a pobreza, o analfabetismo e a corrupción. É un membro fundador da Organización da Conferencia Islámica e é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións, dos Próximos once, da SAARC e da OCE.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Pakistan significa literalmente "Terra dos puros" en urdú e persa. Foi acuñado en 1933 como un acrónimo (Pakstan) ideado por Choudhry Rahmat Ali, un activista do Movemento de Paquistán.[4] Está formado a partir das iniciais das rexións do país: Punjab, Afgania, Kashmir (Caxemira en galego), o Sind e o Baluchistán.[5][6][7] A letra i foi incorporada para facer máis doada a pronunciación e dotar do seu significado ó nome.[8]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Paquistán.
Artigo principal: Xeografía de Paquistán.

Paquistán está situado no sur do continente asiático e linda ao noroeste con Afganistán, ao nordés coa China, ao leste coa India, ao oeste con Irán e ao sur co Océano Índico. O seu principal río é o Indo, o cal flúe por Punjab até desembocar no mar Arábigo. Contra o norte e o occidente do territorio localízase unha rexión montañosa, na cal están algúns dos cumes máis altos do mundo. O sueste paquistaní, especialmente cara á fronteira coa India, é unha rexión desértica.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Paquistán.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en millóns de habitantes.

Relixión[editar | editar a fonte]

A mesquita nacional de Paquistán, Mesquita Faisal, construída en 1986 polo arquitecto turco Vedat Dalokay por conta do rei saudí Faisal bin Abdul-Aziz.

Paquistán é o segundo país islámico por poboación[9] e o segundo con máis poboación xiíta no mundo[10]. Arredor do 97% dos paquistanís son musulmáns, a maioría sunnitas, estimándose os xiítas entre o 5 e o 20%[11][12]. Un 2,3% son ahmaditas[13], que oficialmente non son considerados musulmáns desde a emenda constitucional de 1974.[14]. Hai tamén varias comunidades coranistas, que só aceptan o Corán rexeitando a Hadîth (tradición)[15][16]. A vilencia sectaria entre denominacións musulmáns aumentou nos últimos anos, con 400 mortos entre os xiítas só en 2012 pero tamén chamados á fin desa violencia e apelando á unidade entre xiítas e sunnitas contra ela[17][18]. Os ahmaditas son particularmente perseguidos, en especial desde a emenda constitucional de 1974 e mesmo en 1984 prohibíronlle denominar os seus templos como mesquitas[19]. En 2012 un 12% dos musulmáns paquistanís considerábanse só musulmáns, sen pertencer a ningunha denominación particular.[20]

O islam sincretizou nalgún grao as crenzas preislámicas, resultando nunha relixión con algunhas tradicións diferentes ás do mundo árabe[21]. O sufismo, unha tradición mística islámica ten unha longa historia no país e é moi popular, con dous santuarios de místicos sufís con longa tradición, os de Alí Hajweri en Lahore (ca. XII)[22] e Shahbaz Qalander en Sehwan.

Tras o islam as outras dúas grande relixións son o hinduísmo e o cristianismo con arredor de 2.800.000 de fieis cada unha en 2005.[23]. Tamén hai seguidores da Fe Bahá'í, uns 30.000, do sikhismo, budismo e zoroastrianismo, con arredor de 20.000 seguidores cada un[11] e uns poucos xainistas. A maioría dos cristiáns son descendentes de conversos das castas baixas hinduístas punxabís durante a época colonial británica, fóra do Punxab os cristiáns só teñen presenza nos centros urbanos. Unha excepción é a comunidade católica de Karachi que ten a súa orixe en emigrantes procedentes de Goa mais en támiles establecidos na cidade entre a na primeira metade do século XX.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pak population increased by 46.9% between 1998 and 2011". The Times of India. 29 de marzo de 2012. http://articles.timesofindia.indiatimes.com/2012-03-29/pakistan/31253998_1_population-gilgit-baltistan-balochistan. Consultado o 7 de setembro de 2013. 
  2. Barry Buzan (2004). The United States and the great powers: world politics in the twenty-first century. Polity. pp. 71, 99. ISBN 978-0-7456-3374-9. http://books.google.com/books?id=XvtS5hKg9jYC&pg=PR8. Consultado o 27 de decembro de 2011. 
  3. Hussein Solomon. "South African Foreign Policy and Middle Power Leadership". http://wayback.archive.org/web/20020624231948/http://www.iss.co.za/Pubs/Monographs/No13/Solomon.html. Consultado o 27 de decembro de 2011. 
  4. Choudhary Rahmat Ali (28 de xaneiro de 1933). "Now or never: Are we to live or perish for ever?". Columbia University. http://www.columbia.edu/itc/mealac/pritchett/00islamlinks/txt_rahmatali_1933.html. Consultado o 4 de decembro de 2007. 
  5. Choudhary Rahmat Ali (28 de xaneiro de 1933). "Now or Never. Are we to live or perish forever?". http://en.wikisource.org/wiki/Now_or_Never;_Are_We_to_Live_or_Perish_Forever%3F. 
  6. S.M. Ikram (1 de xaneiro de 1995). Indian Muslims and partition of India. Atlantic Publishers & Dist. pp. 177–. ISBN 978-81-7156-374-6. http://books.google.com/books?id=7q9EubOYZmwC&pg=PA177. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  7. Rahmat Ali. "Rahmat Ali ::Now or Never". The Pakistan National Movement. p. 2. http://www.chaudhryrahmatali.com/now%20or%20never/index.htm. Consultado o 14 de abril de 2011. 
  8. Roderic H. Davidson (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4): pp. 665–675. DOI:10.2307/20029452. 
  9. Robert U. Ayres (1998). Turning Point: The End of the Growth Paradigm.. James & James publishers. p. 63. ISBN 1-85383-439-4. 
  10. "Mapping the Global Muslim Population: A Report on the Size and Distribution of the World's Muslim Population". Pew Research Center. outubro de 2009. Arquivado do orixinal o 27 de marzo de 2010. https://web.archive.org/web/20100327201319/http://pewforum.org/Muslim/Mapping-the-Global-Muslim-Population%286%29.aspx. Consultado o 9 de xuño de 2010. 
  11. 11,0 11,1 "Pakistan — International Religious Freedom Report 2008". United States Department of State. 2008. http://www.state.gov/g/drl/rls/irf/2008/108505.htm. Consultado o 28 de agosto de 2010. 
  12. "Field Listing :: Religions". The World Factbook. Central Intelligence Agency. 2010. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/fields/2122.html?countryName=Pakistan&countryCode=pk&regionCode=sas&#pk. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  13. "Ahmadis of Pakistan". faqs.org. http://www.faqs.org/minorities/South-Asia/Ahmadis-of-Pakistan.html. Consultado o 24 de xullo de 2010. 
  14. "International Religious Freedom Report 2008: Pakistan". US State Department. http://www.state.gov/g/drl/rls/irf/2008/108505.htm. Consultado o 24 de xuño de 2010. 
  15. "South Asian Media Net". South Asian Free Media Association. Arquivado do orixinal o 18 de maio de 2011. https://web.archive.org/web/20110518210117/http://www.southasianmedia.net/profile/pakistan/pk_leadingpersonalities_literature.cfm#gap. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  16. "Can Sufi Islam counter the Taleban?". BBC. 24 de febreiro de 2009. http://news.bbc.co.uk/1/hi/world/south_asia/7896943.stm. Consultado o 20 de maio de 2010. 
  17. "2012 bloodiest year for Shias in Pakistan". AFP. 19 de febreiro 2013. http://www.google.com/hostednews/afp/article/ALeqM5jURPF9QMucM4uQY2KbI9ou-ip-RA. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  18. "Bomb kills four at Pakistan Shiite funeral: police". The Times of India. 17 de xaneiro de 2013. http://articles.timesofindia.indiatimes.com/2013-01-17/pakistan/36393344_1_shias-bloodiest-year-ali-dayan-hasan. Consultado o 17 de xameiro de 2013. 
  19. New Approaches to the Analysis of Jihadism: Online and Offline – Page 38, Rüdiger Lohlker – 2012
  20. Chapter 1: Religious Affiliation consultado o 4 de setembro de 2013
  21. Ishtiaq Ahmed (12 de agosto de 1999). "South Asia". Islam Outside the Arab World. Ingvar Svanberg, David Westerlund. pp. 201–222. ISBN 978-0700711246. 
  22. Amer Morgahi (2011). "An emerging European Islam: The case of the Minhaj ul Quran in the Netherlands". Producing Islamic Knowledge: Transmission and Dissemination in Western Europe. Martin van Bruinessen, Stefano Allievi. p. 47. ISBN 978-0415355926. http://books.google.com.pk/books?id=WO-5e-HSdOoC&pg=PA47. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  23. "Country Profile: Pakistan" (PDF). Library of Congress. 2005. pp. 2, 3, 6, 8. http://lcweb2.loc.gov/frd/cs/profiles/Pakistan.pdf. Consultado o 28 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ahmed, Akbar (1997). Jinnah, Pakistan and Islamic Identity: The Search for Saladin. Routledge. ISBN 978-0-415-14966-2
  • Cohen, Stephen Philip (2006). The Idea of Pakistan. Brookings Institution Press ISBN 978-0-8157-1503-0
  • Lieven, Anatol (2012). Pakistan: A Hard Country. PublicAffairs. ISBN 978-1-61039-145-0
  • Malik, Hafeez (2006). The Encyclopedia of Pakistan. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-597735-6
  • Malik, Iftikhar (2005). Culture and Customs of Pakistan (Culture and Customs of Asia). Greenwood. ISBN 978-0-313-33126-8
  • McCartney, Matthew (2011). Pakistan – The Political Economy of Growth, Stagnation and the State, 1951–2009 Routledge. ISBN 978-0-415-57747-2
  • Raja, Masood Ashraf (2010) [1857–1947]. Constructing Pakistan: Foundational Texts and the Rise of Muslim National Identity. Oxford. ISBN 978-0-19-547811-2
  • Spear, Percival (2007). India, Pakistan and the West. Read Books Publishers. ISBN 1-4067-1215-9

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]