A súa capital é Budapest, a maior cidade do país que concentra o 25% de toda a poboación húngara. A poboación é das máis homoxéneas etnicamente de toda Europa, estando composta na súa maioría polos maxiares, termo polo cal os húngaros se chaman. Os maxiares eran un pobo nómade que ocupou o planalto dos Cárpatos no século IX, loitando contra outros pobos durante séculos para manterse no mesmo lugar. Mesmo oprimidos por austríacos, turcos e rusos, os maxiares permaneceron unidos.
O nome Hungría vén do turcoOn-ogur que significa Dez lanzas e simbolizaba a unión das dez tribos que ocuparan o territorio húngaro no século IX, sete tribos maxiares e tres khazares. O termo latinohunni para os hunos, antigo pobo que dominou Hungría ata o século IV, xerou os termos latinos para definir Hungría. O termo maxiar probablemente vén das palabras magi e eri, a primeira de raíz proto-úgrica significa home ou pobo e a segunda do turco, co mesmo significado de pobo. O 1 de xaneiro do 2004 Hungría pasou a formar parte da Unión Europea, xunto a outros dez países, a maioría do leste europeo, entre os que se atopaban os países bálticos, a República Checa, Eslovaquia e Polonia.
A República Soviética Húngara foi un efémero réxime de ditadura do proletariado en Hungría, instaurado pola unión do Partido Socialdemócrata e o Partido Comunista na primavera de 1919, ante a grave crise interna no país. Iniciouse o 21 de marzo de 1919 e terminou o 1 de agosto do mesmo ano. Incapaz de alcanzar un acordo coa Entente que mantiña o seu bloqueo económico, acosada polos países veciños por disputas territoriais e embarcada nun profundo cambio social interno, a república fracasou nos seus obxectivos e quedou abolida a comezos de agosto.
A presentación da nota Vyx tivo como consecuencia a caída do Goberno de Károlyi, para entón sen apoio significativo, e a proclamación da república soviética ao día seguinte, o 21 de marzo de 1919. A súa principal figura foi o comunista Béla Kun, malia que a maioría do novo Goberno era socialista. Aparentemente democrático, o novo sistema concentraba en realidade o poder no novo Consello de Goberno, que o exerceu de xeito autoritario en nome, presuntamente, da clase traballadora.
O novo réxime non conseguiu chegar a un acordo coa Entente que supuxese o levantamento do bloqueo económico, a mellora do trazado das novas fronteiras ou o recoñecemento do novo Goberno polas potencias vencedoras da guerra mundial. Reorganizouse o Exército e tratouse de recuperar os territorios perdidos a mans dos países veciños. Pola súa banda, os países veciños utilizaron a loita contra o comunismo, primeiro contra o Goberno de Károlyi e máis tarde contra a república soviética, como xustificación das súas ambicións expansionistas.
Os dirixentes húngaros aplicaron medidas doutrinarias tanto en política exterior coma interior que lles fixeron perder o favor da maioría da poboación. Ao fracaso da reforma interna uniuse o da política exterior: o illamento político e económico da Entente, o fracaso militar ante os países veciños e a imposibilidade de unir forzas coas unidades soviéticas rusas provocaron o afundimento da república soviética. Ao Goberno social-comunista sucedeulle un exclusivamente socialista o 1 de agosto. En grave crise xa en xullo, disolveuse en agosto, e os seus dirixentes fuxiron ao estranxeiro mentres o poder volveu a mans da aristocracia feudal e nacionalista.
Budapest (/ˈbudɒpɛʃt/(axuda·info)) é a capital e cidade máis poboada de Hungría, así como o seu principal centro industrial, comercial e de transportes. A cidade posúe 1,74 millóns de habitantes (2011), unha diminución significativa respecto dos case 2,1 millóns cos que contaba a mediados dos anos 1980, que representan un quinto da poboación total de Hungría. É a cidade máis poboada de Europa central-oriental e a sétima da Unión Europea. Ocupa unha superficie de 525 km² e a súa área metropolitana conta cunha poboación de 2,38 millóns de habitantes. Budapest converteuse nunha única cidade cando ocupou as dúas beiras do río Danubio, unificando as cidades de Buda e Óbuda, na beira oeste, con Pest, na beira leste, o 17 de novembro de 1873.
Budapest é un importante centro financeiro de Europa Central. A cidade situouse terceira (dun total de 65 cidades) no Índice de Mercados Emerxentes elaborado por Mastercard, e clasificada como a cidade mellor habitable de Europa Central e Europa del Este por índice de calidade de vida segundo Economist Intelligence Unit. Tamén clasificouse como o "sétimo lugar idílico de Europa para vivir" pola revista Forbes, e como a novena cidade máis bela do mundo por UCityGuides. É, tamén, a mellor cidade de Europa Central e do Leste no índice Innovation Cities' Top 100.
Ferenc Purczeld Bíró, coñecido simplemente como Ferenc Puskás (ˈfɛrɛnʦ ˈpuʃkaːʃ), nado o 2 de abril1927 en Budapest e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 2006), foi un futbolista e adestrador hispano-húngaro, integrante histórico dos equipos Budapesti Honvéd Sport Egyesület e Real Madrid Club de Fútbol, sendo este último ao que debe os seus maiores éxitos e recoñecementos mundiais. É lembrado como un dos máximos goleadores de todos os tempos, e considerado como un dos mellores futbolistas da historia segundo a UEFA e a FIFA. Foi internacional coas seleccións de Hungría e España tras adoptar a nacionalidade española en 1961.