Guilhermina Suggia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Guilhermina Suggia
Guilhermina Suggia.jpg
Nacemento 27 de xuño de 1885 e 21 de xuño de 1885
  Porto
Falecemento 30 de xullo de 1950
  Porto
Nacionalidade Portugal
Alma máter Escola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy
Ocupación música
Premios Order of Saint James of the Sword
editar datos en Wikidata ]

Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia, nada en Porto o 27 de xuño de 1885 e finada na mesma cidade o 30 de xuño de 1950, foi unha violoncellista portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Leipzig con Julius Klengel. Dende 1907 ata 1913 viviu e traballou en París co seu colega violoncellista Pau Casals, con quen non estivo casada como ás veces se afirma (o seu marido foi José Casimiro Carteado Mena, co que non tivo descendencia). A partir de 1914 desenvolveu unha carreira espectacular, sobre todo en Londres e Portugal. Visitou frecuentemente o castelo de Lindisfarne, onde hoxe se exhibe o seu violoncello en lembranza das tempadas que pasou alí. Deu o seu derradeiro concerto na Gran Bretaña no Festival de Edimburgo en 1949.

Retrato[editar | editar a fonte]

Probablemente a imaxe máis famosa da Guilhermina Suggia é o retrato ao óleo realizado polo artista galés Augustus John. Este retrato foi comezado en 1920 e non se rematou ata 1923. Aparentemente Suggia está executando unha Suites para violoncello só de Johann Sebastian Bach. O retrato foi exhibido no instituto Carnegie de Pittsburg en 1924, sendo mercado por un estadounidense, pero logo foi regresado a Inglaterra e presentado na Tate Gallery. As medidas do retrato son 186x185 cm.