Maria Anna Mozart
Maria Anna Mozart | |
---|---|
![]() Marianne de nena. Retrato presumiblemente de Pietro Antonio Lorenzoni. | |
Nacemento | 30 de xullo de 1751 |
Sankt Gilgen | |
Falecemento | 29 de outubro de 1829 |
Estado de Salzburgo | |
Soterrada | Petersfriedhof |
Nacionalidade | Austria |
Ocupación | pianista, compositora e cravista |
Pai | Leopold Mozart |
Nai | Anna Maria Pertl Mozart |
Irmáns | Wolfgang Amadeus Mozart |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Maria Anna Walburga Ignatia Mozart, tamén chamada Nannerl e Marianne, nada o 30 de xullo de 1751 e finada o 29 de outubro de 1829, foi unha famosa música do século XVIII. Era a irmá maior de Wolfgang Amadeus Mozart e filla de Leopold e Anna María Mozart.
Biografía[editar | editar a fonte]
Infancia[editar | editar a fonte]
Ós 7 anos de idade, o seu pai comezou a ensinalle a tocar instrumentos de teclado e inicialmente semellou ser unha potencial nena prodixio. Leopold levouna xunto co seu irmán en viaxes a moitas cidades, tales como Viena e París, para explotar os seus talentos. Nos seus comezos destacouse como excelente intérprete en clave e piano.
De calquera xeito, dada a opinión dos seus pais, frecuente na sociedade da súa época, facíase imposible que continuara a súa carreira. Durante os anos 1770, mentres Wolfgang triunfaba artísticamente en Italia xunto co seu pai, Maria Anna debía permanecer na súa casa xunto a súa nai. Igualmente tivo que quedarse na casa co seu pai mentres Wolfgang visitaba París e outras cidades (1777-1779) coa súa nai.
Existen evidencias de que Maria Anna escribiu composicións musicais, como poden ser as cartas de Wolfgang gabando o seu traballo, pero a voluminosa correspondencia de Leopold xamais menciona ningunha das súas composicións, e tampouco sobreviviu ata hoxe ningunha delas.
Matrimonio e maternidade[editar | editar a fonte]
En contraste co seu irmán, quen loitaba co seu pai e finalmente desobedecía os seus desexos respecto a aspectos cruciais (elección de carreira e de esposa), Marianne permanecía completamente servil fronte ós desexos do seu pai. Namorouse de Franz D´Ippold, capitán e titor privado, pero foi forzada polo seu pai a desfacer a súa proposta de matrimonio, malia os vaos esforzos realizados por Wolfgang de que seguira as súas propias preferencias.
Finalmente contraeu matrimonio o 23 de agosto de 1783 cun maxistrado millonario, Johann Baptist Franz von Berchtold zu Sonnenburg, e mudouse con el a St. Gilgen, unha vila austríaca a 25 km ó leste de Salzburgo, cidade onde estaba o fogar da familia Mozart. Sonnenburg tiña dous matrimonios anteriores, os cales remataron ó morrer as mulleres, e tiña cinco fillos ós cales Marianne axudou a criar. Tamén deu a luz tres nenos propios: Leopold Alois Pantaleon (1785–1840), Jeanette (1789–1805) e Maria Babette (1790–1791).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nannerls' blog (en inglés).
|