Bedřich Smetana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bedřich Smetana
Smetana.jpg
Nacemento2 de marzo de 1824
 Litomyšl
Falecemento12 de maio de 1884
 Praga
CausaSífilis
SoterradoCemitério Vyšehrad
NacionalidadeImperio austríaco e Imperio Austrohúngaro
EtniaPobo checo
Alma máterAkademické gymnázium Štěpánská
Ocupacióncompositor, director de orquestra, mestre, pedagogo, pianista e profesor de música
Coñecido/a porThe Brandenburgers in Bohemia, Prodaná nevěsta, Dalibor, Libuše, The Two Widows, The Kiss, The Secret, The Devil's Wall, Viola e Má Vlast
Smetana signature.jpg
editar datos en Wikidata ]
Este artigo trata sobre o compositor checo, para a crema agria véxase Smetana (lácteo).

Bedřich Smetana (pronunciado Modelo:IPA-cs), nado o 2 de marzo de 1824 en Litomyšl (daquela pertencente ao Imperio austríaco e actualmente na República Checa) e finado o 12 de maio de 1884 en Praga (daquela pertencente ao Imperio austrohúngaro e actualmente na República Checa), foi un compositor checo. Foi pioneiro no desenvolvemento dun estilo musical que quedou intimamente ligado ás aspiracións independentistas do seu país. É por iso que se lle recoñece no seu país como o pai da música checa. Internacionalmente é coñecido pola súa ópera A noiva vendida e polo ciclo de poemas sinfónicos Má vlastA miña patria») que representan a historia, lendas e paisaxes da patria natal do compositor.

Smetana posuía talento natural para el piano e deu o seu primeiro recital aos seis anos. Logo de recibir unha educación convencional na escola, estudou música con Josef Proksch en Praga. Escribiu a súa primeira composición nacionalista durante o levantamento de Praga de 1848, no que participou por pouco tempo. Ante a imposibilidade de iniciar a súa carreira en Praga, dirixiuse a Suecia, onde se estableceu como profesor e director de coro en Gotemburgo e comezou a escribir obras orquestrais a gran escala. Durante este período da súa vida, Smetana casou dúas veces e tivo seis fillos, dos cales tres faleceron durante a súa infancia.

A principios da década de 1860 un clima político máis liberal en Bohemia alentou a Smetana a regresar permanentemente a Praga. Entregouse á vida musical da cidade, principalmente como defensor do novo xénero da ópera checa. En 1866 as súas dúas primeiras óperas, Braniboři v Čechách (Os brandeburgueses en Bohemia) e Prodaná nevěsta (A noiva vendida), foron estreadas no novo Teatro Provisional de Praga, alcanzando esta última unha grande popularidade. Ese mesmo ano, Smetana chegou ser o director principal do teatro, mais os anos da súa dirección estiveron marcados pola polémica. As faccións encargadas da creación musical da cidade consideraban que a súa identificación coas ideas progresistas de Franz Liszt e Richard Wagner eran hostís ao desenvolvemento dun estilo de ópera checa distintivo. Esta oposición interferiu co seu traballo creativo e puido ter acelerado a degradación da súa saúde, precipitando a súa dimisión do teatro en 1874.

A finais de 1874, aos 50 anos, Smetana volveuse completamente xordo, mais, liberado das súas funcións no teatro e a polémica que causaba, comezou un período de composición constante que se prolongou durante case todo o resto da súa vida. As súas achegas á música checa ían sendo cada vez máis recoñecidas e respetadas, mais un colapso mental a principios de 1884 conduciu ao seu internamento nun asilo e o seu posterior falecemento. A reputación de Smetana como pai fundador da música checa fortaleceuse no seu país natal, onde os seus defensores convertérono nunha icona por riba dos seus contemporáneos e sucesores. Con todo, relativamente poucas das obras de Smetana encontranse no repertorio internacional e a maioría dos expertos extranxeiros tenden a considerar a Antonín Dvořák como o compositor checo máis importante.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe familiar e infancia[editar | editar a fonte]

Bedřich Smetana naceu o 2 de marzo de 1824, en Litomyšl, ao leste de Praga, preto da antiga fronteira entre Bohemia e Moravia, daquela provincias do Imperio Habsburgo. Foi o terceiro fillo e único varón de František Smetana e a súa terceira esposa Barbora Lynková. František era pai de oito fillos de dous matrimonios anteriores, só cinco fillas sobreviviron a infancia, e con Barbora tivo dez fillos máis, dos cales sete acadaron a idade adulta.[1][2] Nese momento, baixo o dominio da case de Habsburgo, o alemán era o idioma oficial de Bohemia. František sabía falar checo, mais para os negocios e eventos sociais rara vez o empregaba e os seus fillos nunca o aprenderon ata acadar idades máis avanzadas.[3]

A pai, František Smetana (1832). Retrato de Antonín Machek.

A familia de Smetana procedía de Hradec Králové, unha rexión de Bohemia. František inicialmente aprendera o oficio de cervexeiro e terían adquirido unha riqueza moderada durante as Guerras Napoleónicas mediante a subministración de ropa e provisións para o exército francés. Posteriormente, rexentou varias cervexarías antes de trasladarse a Litomyšl en 1823 como fabricante de cervexa do conde Waldstein, cuxo castelo renacentista domina a cidade.[1][4]

O pai de Smetana, malia carecer de educación algunha, tiña un don natural para a música e foi un violinista competente que tocaba nun cuarteto de corda.[5] Bedřich introduciuse no mundo da música grazas a seu pai e en outubro de 1830, aos seis anos, deu a súa primeira actuación en público. Nun concerto celebrado na Academia de Filosofía de Litomyšl interpretou un arranxo para piano da abertura de La muette de Portici de Auber, tendo unha recepción entusiasta.[6][7] En 1831 a familia trasladouse a Jindřichův Hradec, ao sur de Bohemia; a rexión na que, unha xeración máis tarde, Gustav Mahler crecería.[4][8] Aquí, Smetana asistiu á escola primaria local e máis tarde ao Gymnasium. Tamén estudu violín e piano, descubrindo as obras de Mozart e Beethoven, e comezou a compoñer pezas sinxelas, das cales unha danza (Kvapiček ou Pequeño galope) sobrevive en forma de bosquexo.[8][9]

En 1835, František retirouse a unha granxa na rexión suroriental de Bohemia.[9] Ao non ter unha escola local axeitada, Smetana foi enviado ao liceo de Jihlava, onde se sentía nostálxico sendo incapaz de estudiar. Logo trasladouse á escola premonstratense de Německý Brod, onde foi feliz e fixo grandes progresos.[9] Entre os amigos que fixo aquí encontrábase o futuro poeta revolucionario checo Karel Havlíček,[10][a] cuxa partida a Praga en 1838 puido ter influído no propio desexo de Smetana de experimentar a vida na capital. O ano seguinte, coa aprobación de František, matriculouse na Escuela Académica de Gramática de Praga baixo as ensinanzas de Josef Jungmann, un distinguido poeta e lingüista, que ademais era unha figura principal no movemento de renacemento nacional checo.[11]

Músico aprendiz[editar | editar a fonte]

Primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Smetana chegou a Praga no outono de 1839. Axiña comezou a faltar a clase debido á súa pouca adaptación á escuela de Jungmann (os seus compañeiros mofábanse del polo seu comportamento poblerino).[11] Asistía a concertos, visitaba a ópera, escoitaba bandas militares e uniuse a un cuarteto de corda afeccionado para o cal compuxo pezas sinxelas.[11] Despois de que Liszt dera varios recitais de piano na cidade, convenceuse de que só ía hachar satisfacción seguindo unha carreira musical.[11] Segundo lle confiaba ao seu diario, «quería ser como Mozart en composición e como Liszt na técnica».[12][13] Con todo, todo rematou cando František descubriu o absentismo escolar do seu fillo e sacárono da cidade.[11] Nese momento František consideraba que a música era un pasatempo co que entreterse, non unha elección de carreira.[3] Temporalmente deixaron a Smetana ao coidado do seu tío en Nové Město, onde disfrutou dun breve romance coa súa prima Louisa. O compositor conmemorou a súa paixón en Louisen-Polka, a composición completa máis antiga de Smetana que chegou aos nosos días.[14]

O seu primo maior, Josef Smetana, profesor da escola premonstratense en Plzeň, ofreceuse posteriormente para supervisar a ensinanza que lle quedaba por completar ao neno, e no verán de 1840 Smetana partiu para dita cidade.[5] Permaneceu aló ata que completou os seus estudos en 1843. As súas habilidades como pianista eran moi demandadas nas variadas veladas da cidade e disfrutou dunha axetreada vida social.[13] Esto incluíu unha serie de romances, o máis importante dos cales foi o de Katerina Kolarova, a quen coñecera brevemente na súa infancia temperá. Smetana quedou completamente cautivado por ela, escribindo no seu diario: «Cando non estou con ela estou sentado sobre brasas e non me sinto en paz».[15] Compuxo varias pezas para ela, entre as cales hai dúas Cuadrillas, un dúo para voz e piano, e un estudio incompleto para a man esquerda.[16] Tamén compuxo a súa primeira peza orquestral, un minueto en si bemol.[17]

Estudante e profesor[editar | editar a fonte]

Hector Berlioz (1803-1869), unha influencia musical nos inicios de Smetana.

Cuando Smetana completou a súa instrución, a fortuna do seu pai diminuíra. Aínda que František agora estaba de acordo con que o seu fillo debía seguir unha carreira musical, non podía prestarlle apoio financeiro.[13][16] En agosto de 1843, Smetana partiu cara a Praga con vinte floríns,[18][b] e sen ningún proxecto futuro.[20] Ao carecer de formación musical necesitaba un mestre, e foi presentado pola nai de Kateřina Kolářová a Josef Proksch, director do Instituto de Música de Praga, no cal Kateřina estaba estudando.[5][16] Proksch empregaba os métodos de ensinanza máis modernos, estudando as obras de Beethoven, Chopin, Berlioz e o círculo de Leipzig de Liszt.[5] En xaneiro de 1844, Proksch acordou tomar a Smetana como alumno e, ao mesmo tempo, as dificultades financeiras do músico mozo se aliviáronse cando se asegurou un posto como profesor de música na familia dun noble, el conde Thun.[5]

Durante os seguintes tres anos, ademais de dar clases de piano aos fillos de Thun, Smetana estudou teoría e composición con Proksch. As obras que compuxo nestes anos son cancións, danzas, bagatelas, improvisacións e a Sonata para piano en sol menor.[21] En 1846, Smetana asistiu a uns concertos en Praga que ofreceu Berlioz, e con toda probabilidade, reuniuse co maestro francés nunha recepción organizada por Proksch.[22] En casa do conde Thun coñeceu a Robert e Clara Schumann, e amosoulles a súa Sonata en sol menor, mais non logró obter a aprobación desta obra, dado que detectaran moita influencia de Berlioz en dita composición.[5] Mentres tanto, a súa amizade con Katerina florecera. En xuño de 1847, logo de renunciar á súa posición no fogar dos Thun, Smetana recomendouna para que o reemprazara. Seguidamente, marchou nunha xira por Bohemia Occidental coa esperanza de forxarse unha reputación como concertista de piano.[23]

Inicios da súa carreira[editar | editar a fonte]

Revolucionario[editar | editar a fonte]

A xira de concertos de Smetana recibiu escaso apoio económico, polo que abandonou o proxecto e regresou a Praga, onde se gañou a vida dando clases particulares a alumnos e con aparicións ocasionais como acompañante en concertos de cámara.[22] Tamén comezou a traballar na súa primeira gran obra orquestral, a Abertura en re maior.[24]

Unha representación das barricadas na Ponte de Carlos, Praga (1848). Smetana foi partícipe no levantamento da cidade.

Durante un breve período en 1848, Smetana foi un revolucionario. No clima de cambio político e de axitación que se extendeu por Europa ese año, un movemento prodemocrático de Praga dirixido polo antigo amigo de Smetana, Karel Havlíček, buscaba lograr a fin do goberno absolutista dos Habsburgo con miras a lograr unha maior autonomía política.[25] Formouse un exército de cidadáns (Svornost) para defender a cidade contra un posible ataque. Smetana escribiu unha serie de obras patrióticas, destacando dúas marchas adicadas respectivamente á Garda Nacional Checa e á Lexión de Estudantes da Universidade de Praga, e Píseň svobody (en galego A canción da liberdade) con letra de Jan Kollár.[26] En xuño de 1848, cando os exércitos dos Habsburgo trasladáronse para reprimir tendencias rebeldes, Praga foi atacada polas forzas austríacas dirixidas polo Príncipe de Windisch-Grätz. Como membro de Svornost, Smetana axudou a dirixir as barricadas na Ponte de Carlos.[25] O incipiente levantamento foi rapidamente esmagado, mais Smetana librouse da prisión ou o exilio que recibiron os líderes como Havlíček.[25] Durante o seu breve paso polo Svornost, encontrouse co escritor e líder radical Karel Sabina, que máis tarde prepararía os libretos para as súas dúas primeiras óperas.[25]

Instituto de piano[editar | editar a fonte]

A principios de 1848, Smetana escribiu a Franz Liszt, a quen aínda non coñecía persoalmente, pedíndolle que aceptara a adicatoria dunha obra para piano, as Seis piezas características, e que lle recomendara un editor. Tamén pediulle un empréstamo de 400 floríns para poder abrir unha escola de música. Liszt respondeu cordialmente a aceptación da adicatoria e a promesa de axudar a encontrar un editor, mais non ofreciu ningunha axuda financeira.[27][28] Este estímulo foi o comezo dunha amizade de gran valor para Smetana na súa carreira posterior.[29] Pese a que Liszt non lle proporcionou apoio financeiro, Smetana foi quen de fundar un instituto de piano a finais de agosto de 1848, con doce alumnos.[30] Tras un período de apuros, o instituto comezou a florecer e púxose un pouco de moda, especialmente entre os partidarios do nacionalismo checo, para quen Smetana estaba creándose unha reputación. Proksch escribiu acerca do apoio de Smetana para a causa do seu pobo e dixo que «ben podería converterse no transformador das miñas ideas no idioma checo».[31] En 1849 o instituto trasladouse á casa dos pais de Katerina e comezou a atraer a visitantes distinguidos; Liszt asistía con regularidade e o ex emperador Fernando, que se establecera en Praga, acudía aos conciertos de tarde da escola.[31] As actuacións de Smetana nestes concertos convertéronse nunha característica recoñecida da vida musical de Praga. Nesta época de relativa estabilidade financeira, Bedřich casou con Kateřina o 27 de agosto de 1849. Catro fillas naceron froito da parella entre 1851 e 1855.[28]

Compositor en ciernes[editar | editar a fonte]

En 1850, a pesar dos seus sentimentos revolucionarios, Smetana aceptou o cargo de pianista da Corte no Castelo de Praga, lugar de retiro do emperador Fernando.[26][31] Continuou ensinando no instituto de piano e adicouse cada vez máis á composición. Entre as súas obras, principalmente para piano, inclúense as Svatební scény (Escenas de vodas), cuxa música sería empregada parcialmente en Prodaná nevěsta máis adiante.[32] Tamén escribiu numerosas pezas curtas experimentais reunidas baixo o nome Lístek do památníku (Follas de álbum) e unha serie de polkas.[32] Entre 1853 e 1854 trabalou nunha peza orquestral importante, a Sinfonía Triunfal, composta para conmemorar a voda do emperador Francisco Xosé.[28] A sinfonía foi rexeitada pola Corte Imperial, posiblemente alegando que a breve referencia musical ao himno nacional de Austria non era suficientemente visible. Sen inmutarse, Smetana contratou unha orquestra pagada por el para interpretar a sinfonía no Salón de Konvikt en Praga o 26 de febreiro de 1855. O trabajo foi recibido con frialdade e o concerto foi un fracaso financeiro.[33]

Tristeza persoal e desencanto profesional[editar | editar a fonte]

Un retrato ao óleo (1854) de Smetana.

Entre 1854 e 1856, Smetana sufriu unha serie de golpes persoais. En xullo de 1854 a súa segunda filla, Gabriela, morreu de tuberculose. Un ano máis tarde a súa filla maior, Bedriska, que aos catro anos estaba mostrando signos de precocidade musical, morreu de escarlatina.[34] Smetana escribiu o seu Trío para piano en sol menor, como unha homenaxe á súa memoria; foi interpretado en Praga o 3 de decembro de 1855 e, segundo o compositor, foi recibido «con severidade» pola crítica, a pesar de que foi eloxiado por Liszt.[5][35] As dores de Smetana continuaron: xusto despois da morte de Bedriska, naceu unha cuarta filla, Katerina, pero tamén morreu en xuño de 1856. Nestas datas diagnosticáronlle tuberculose á esposa de Smetana, Kateřina.[34]

En xullo de 1856, Smetana recibiu a noticia da morte no exilio do seu amigo revolucionario Karel Havlíček.[36] O clima político en Praga foi unha fonte adicional de tinieblas; a esperanza dun goberno máis ilustrado e a reforma social trala adhesión de Francisco Xosé en 1848 desvanecéranse mentres o absolutismo austríaco reafirmouse no barón Alexander von Bach.[36] A pesar do bo nome do Instituto de Piano, a opinión de Smetana como pianista de concerto en xeral era considerada inferior á de coetáneos seus, como Alexander Dreyschock.[36] Os críticos recoñeceron o «delicado, cristalino toque» de Smetana, máis próximo en estilo a Chopin que Liszt, pero consideraban que a súa fraxilidade física era un serio inconvinte para a súa ambición de ser intérprete de concertos.[32] O seu maior éxito interpretativo deste período foi a súa forma de tocar o Concerto para piano en re menor de Mozart nun concerto para celebrar o centenario do nacemento do compositor austríaco, en xaneiro de 1856.[36] O seu desencanto con Praga foi creciendo e, talvez influenciado polo relato de Dreyschock das oportunidades que se encontraban en Suecia, Smetana decidiu buscar o éxito aló. O 11 de outubro de 1856, logo de escribir a seus pais «Praga non quería recoñecerme, así que deixeina», partiu cara a Gotemburgo.[37]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Havlíček tamén era coñecido como Karel Havlíček Borovský.
  2. É difícil igualar o valor dun florín austro-húngaro de mediados do século XIX a dólares ou libras esterlinas do século XXI. Unha avaliación xeral podería facerse en base ao salario anual de Smetana de 1866, cando foi nomeado director do Teatro Provisional checo, que era de 1 200 floríns.[19]
Referencias
  1. 1,0 1,1 Clapham 1972, pp. 9-11.
  2. Large 1970, p. 395.
  3. 3,0 3,1 Large 1970, p. 3.
  4. 4,0 4,1 Steen 2003, p. 694.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Ottlová, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2019. 
  6. Clapham 1972, p. 12.
  7. Newmarch 1942, p. 54.
  8. 8,0 8,1 Large 1970, p. 5.
  9. 9,0 9,1 9,2 Clapham 1972, pp. 13-14.
  10. Large 1970, pp. 6–7.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Large 1970, pp. 7-10.
  12. Schonberg 1975, p. 77.
  13. 13,0 13,1 13,2 Newmarch 1942, p. 56.
  14. Large 1970, pp. 10-11.
  15. Large 1970, p. 17.
  16. 16,0 16,1 16,2 Large 1970, p. 19.
  17. Clapham 1972, pp. 15-16.
  18. Newmarch 1942, p. 57.
  19. Clapham 1972, p. 34.
  20. Clapham 1972, p. 17.
  21. Large 1970, pp. 29-35.
  22. 22,0 22,1 Clapham 1972, p. 19.
  23. Large 1970, p. 39.
  24. Clapham 1972, p. 21.
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 Large 1970, pp. 42-43.
  26. 26,0 26,1 Steen 2003, p. 696.
  27. Steen 2003, pp. 695-96.
  28. 28,0 28,1 28,2 Ottlová, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). 
  29. Clapham 1972, p. 20.
  30. Large 1970, p. 48.
  31. 31,0 31,1 31,2 Large 1970, pp. 48-49.
  32. 32,0 32,1 32,2 Large 1970, pp. 51-54.
  33. Large 1970, pp. 57-62.
  34. 34,0 34,1 Clapham 1972, p. 22.
  35. Large 1970, pp. 63-65.
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 Large 1970, pp. 67-69.
  37. Ottlová, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]