Brad Wilk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brad Wilk
Brad Wilk.jpg
Brad Wilk en xullo do 2008 durante unha actuación de Rage Against the Machine
Nacemento 5 de setembro de 1968 (49 anos)
Orixe Portland, Oregon Flag of the United States.svg
Instrumento(s) batería
Relacionado con Rage Against the Machine, Audioslave, Puscifer, Greta
Tempo en activo 1991 - actualidade

Brad Wilk, nado en Portland (Oregon) o 5 de setembro de 1968, é un batería estadounidense, coñecido polo seu traballo coas bandas de rock Rage Against the Machine e Audioslave.

Biografía[editar | editar a fonte]

Wilk naceu o 5 de setembro de 1968 en Portland, Oregon nunha familia de oxixe aléma e polaca. O seu avó escapou de Alemaña durante o holocausto e emigrou aos Estados Unidos. Viviu en Chicago na súa infancia e despois a familia mudouse a California. Wilk comezou a tocar a batería cando tiña 13 anos e tivo o seu primeiro instrumento un ano despois, con 14.

Rage Against the Machine[editar | editar a fonte]

Wilk chegou a Rage Against the Machine procedente doutra banda. Fixo unha audición para un grupo chamado Lock Up, que editou un álbum, Something Bitchin' This Way Comes, a través da Geffen Records en 1989 e separouse cando comezou a recibir a atención dos medios. O guitarrista de Lock Up, Tom Morello, quería comezar unha nova banda e contactou con Wilk, que nese momento tocaba na banda Greta, para ver se estaba interesado en tocar a batería. Pouco tempo despois o dúo coñeceu ao rapeiro Zack de la Rocha e a través deste coñeceron ao baixista Tim Commerford (amigo da infancia seu) formándose así Rage Against the Machine. Despois de frecuentar o circuíto de Los Angeles Rage Against the Machine asinou un contrato coa Epic Records en 1992. Ese mesmo ano a banda editou o su primeiro álbum Rage Against the Machine. A banda conseguiu un grande éxito comercial e editou tres álbums máis.

Audioslave[editar | editar a fonte]

A finais do ano 2000 de la Rocha deixou o grupo. O 13 de setembro dese ano Rage Against the Machine realizou o seu derradeiro concerto no Grand Olympic Auditorium de Los Angeles, California. Os membros restantes formaron Audioslave xunto co antigo líder de Soundgarden Chris Cornell. Audioslave desfaríase cando Cornell abandonou a banda en febreiro do 2007. A banda chegou a editar tres álbums de estudio: Audioslave (2002), Out of Exile (2005) e Revelations (2006).

Reunión de RAtM[editar | editar a fonte]

Os rumores sobre unha reunión de Rage Against the Machine escoitáronse por ver primeira o 22 de xaneiro do 2007, e o 29 de abril a banda tocou no Coachella Music Festival. Inicialmente só tiñan pensado realizar esa única actuación, pero finalmente non foi así. A banda realizou 7 concertos máis nos Estados Unidos ese ano, e no 2008 tocaron en Asia e en Europa. Durante o ano 2010 volverían a Europa e realizaron os seus tres últimos concertos ata o de agora no mes de outubro en Sudamérica.