Festival Internacional de Cine de Cannes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Festival de Cine de Cannes é un prestixioso festival de cine internacional que se celebrou por primeira vez do 20 de setembro ó 5 de outubro de 1946 na cidade costeira de Cannes, ó sur de Francia. Desde entón celebrouse practicamente cada ano, agás algunhas excepcións.

O Festival adoita lograr a máxima atención por parte dos medios de comunicación, e moitas estrelas do cine asisten ás diferentes proxeccións de películas que acolle.

En Cannes entrégase un prestixioso premio coñecido como Palma de Ouro que concede un prestixioso xurado internacional composto por profesionais do mundo do cine. En ocasións, varias películas comparten o galardón nun mesmo ano.

O festival de Cannes é un festival de categoría "A" acreditado pola Federación Internacional de Asociacións de Produtores Cinematográficos (FIAPF) xunto cos festivais de Berlín, Venecia, San Sebastián, Mar do Prata ou Karlovy Vary entre moitos outros (ver o enlace á FIAPF para a lista completa).

Historia[editar | editar a fonte]

A alfombra vermella en Cannes

A orixe do festival provén da necesidade de concibir unha alternativa ó Venecia que nese momento estaba baixo influencia fascista. O festival celébrase por primeira vez en 1946 e só se suspendeu dúas veces, en 1948 e 1950 debido á falta de fondos.

En 1950 créase a Palma de Ouro, trofeo que substitúe ó Gran Premio.

En 1982 inaugúrase o Palacio de Festivais, edificio que se constrúe onde estaba o antigo casino municipal. Hoxe conta con 25.000 m2 de espazo de exhibición e 26 salas e auditorios.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Longametraxes da sección oficial:
    • A Palma de Ouro (Palme d'or) ó mellor filme.
    • O 'Grand Prix para a película que manifesta a maior orixinalidade.
    • O Premio de interpretación feminina (Prix d'interprétation féminine) á mellor actriz.
    • O Premio de interpretaión masculina (Prix d'interprétation masculine) ó mellor actor.
    • O Premio de adaptación (Prix de la mise en scène) ó mellor director.
    • O 'Premio do Xurado (Prix du jury)
  • Curtametraxes en sección oficial:
    • A Palma de ouro de curtametraxe (Palme d'or du court métrage) á mellor curtametraxe
    • O Premio do Xurado (Prix du jury du court métrage)
  • Selección oficial (competición e Un certain regard), a Quincena dos directores e a Semana da crítica :
    • A Cámara de ouro (Caméra d'or) ó mellor primeiro filme do conxunto das seccións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Festival internacional de cine de Cannes
Xurados e palmarés do Festival de Cannes
1946 | 1947 | 1949 | 1951 | 1952 | 1953 | 1954 | 1955 | 1956 | 1957 | 1958 | 1959 | 1960 | 1961 | 1962 | 1963 | 1964 | 1965 | 1966 | 1967 | 1968 | 1969 | 1970 | 1971 | 1972 | 1973 | 1974 | 1975 | 1976 | 1977 | 1978 | 1979 | 1980 | 1981 | 1982 | 1983 | 1984 | 1985 | 1986 | 1987 | 1988 | 1989 | 1990 | 1991 | 1992 | 1993 | 1994 | 1995 | 1996 | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008| 2009 |2010 |2011 
Premios do Festival de Cannes
Palma de Ouro| Gran Premio do Xurado| Premio á interpretación masculina| Premio á interpretación feminina| Premio á mellor dirección| Premio ó mellor guión| Premio do Xurado| Palma de Ouro á mellor curtametraxe| Premio do Xurado á mellor curtametraxe| Cámara de Ouro| Mención especial cámara de oro