Portal:Santiago de Compostela
![]()
Artigo destacado
O Aeroporto de Santiago de Compostela (IATA: SCQ, OACI: LEST), no pasado tamén coñecido como Aeroporto da Lavacolla, é un aeródromo situado preto da capital de Galicia, concretamente na Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela.
O aeroporto de Santiago de Compostela comezou a súa andaina no ano 1932, cando un grupo de afeccionados da aeronáutica constrúe un aeroclube na cidade, máis concretamente, no termo municipal da Lavacolla. Nos seus inicios, o aeroporto contou con tres zonas de aterraxe formando un triángulo de pistas de dimensións 1100 por 200 m, 950 × 150 m e 600 × 125 m. Co motivo do Ano Santo de 2010 constrúese unha nova terminal de pasaxeiros. Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. Na actualidade dende Lavacolla hai voos regulares a 29 destinos, 24 deles durante todo o ano e o resto estacionais. O aeroporto enlaza a capital galega con, entre outras cidades: Madrid, Barcelona, Londres, Dublín, Istambul, Frankfurt, Milán, Xenebra ou Ámsterdam. Lugar de interese
O Castelo da Rocha Forte é un sitio arqueolóxico en proceso de escavación do castelo medieval máis emblemático da mitra compostelá, que tivo un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia de Santiago de Compostela. Tamén coñecido como Castelo dos Churruchaos, está situado na parroquia de Conxo no lugar da Rocha Vella, pertencente ao concello de Santiago de Compostela.
O castelo foi construído polo arcebispo Xoán Arias cara ao ano 1240, e dende entón serviu como residencia arcebispal e do cabido, sendo testemuña de gran parte da historia medieval de Santiago. No ano 1255 aparece a primeira mención documental da fortaleza en relación coas constitucións capitulares de Xoán Arias. Imaxe destacada
Biografía destacada
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abondosa bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio galego como no estranxeiro. É tal a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo, que nas últimas décadas os seus poemas foron traducidos a linguas como o francés, o alemán, o ruso ou o xaponés. O 24 de febreiro de 2015, o Doodle Google estivo adicado a Rosalía de Castro, para conmemorar o 178 aniversario do seu nacemento. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proyectos irmáns
|