Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Antonín Dvořák

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Antonín Dvořák
Dvorak.jpg
Nome completoAntonín Leopold Dvořák
Nacemento8 de setembro de 1841 e 1841
 Nelahozeves
Imperio austríaco Imperio austríaco
(actual República Checa República Checa)
Falecemento1 de maio de 1904 (62 anos)
 Praga
Imperio Austrohúngaro Imperio Austrohúngaro
(actual República Checa República Checa)
CausaIctus
SoterradoCemitério Vyšehrad
NacionalidadeReino de Bohemia e Cisleitania
EtniaPobo checo
Relixióncatolicismo
Educado enPipe Organ School in Prague
Instrumento(s)Órgano
Composicións destacadasSinfonía do Novo Mundo
Cuarteto en Fa maior
PaiFrantišek Dvořák
NaiAnna Dvořáková
Parella/sAnna Čermáková
FillosOtilie Suková, Otakar Dvořák e Magdalena Dvořáková
PremiosOrdem da Coroa de Ferro, doutor honoris causa pola Universidade Carolina de Praga e Order of the Iron Crown (Austria)
Na rede
IMDB: nm0006053 IBDB: 447817
Spotify: 6n7nd5iceYpXVwcx8VPpxF iTunes: 219776 Last fm: Antonín+Dvořák Musicbrainz: 819eaeb2-8dd8-48a5-ad07-0bcd137985ef Songkick: 8652429 Discogs: 268272 IMSLP: Category:Dvořák,_Antonín Allmusic: mn0000768609 WikiTree: Dvořák-356 Find a Grave: 2220 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Antonín Leopold Dvořák (checo: /antoɲiːn ˈlɛopolt ˈdvor̝aːk/), nado en Nelahozeves o 8 de setembro de 1841 e finado en Praga o 1 de maio de 1904, foi un compositor de posromántico natural de Bohemia -territorio entón pertencente ao Imperio Austríaco-, un dos primeiros compositores checos que acadou recoñecemento mundial e un dos grandes compositores da segunda metade do século XIX. Está considerado como un dos grandes compositores da segunda metade do século XIX. Empregou frecuentemente ritmos e outros aspectos da música folclórica de Moravia e a súa Bohemia natal, seguindo o exemplo do seu predecesor, o nacionalista da era romántica Bedřich Smetana. Tense descrito o estilo de Dvořák como "a recreación máis completa dun idioma nacional co da tradición sinfónica, absorbendo influencias populares e encontrando formas efectivas de empregalas».[1]Sen perder unha ampla proxección internacional, soubo extraer as esencias da música da súa terra natal.

Dvořák amosou as súas dotes musicales a unha idade temperá, sendo un bo estudante de violín dende os seis anos. As primeiras representacións públicas das súas obras foron en Praga en 1872 e, con especial éxito, en 1873, cando tiña 31 anos. Buscando recoñecemento más aló da área de Praga, presentou unha partitura da súa Primeira Sinfonía a un concurso en Alemaña, mais non gañou, e o manuscrito non devuolto perdeuse ata que foi redescuberto moitas décadas despois. En 1874 presentouse ao Premio Estatal de Composición de Austria, incluíndo partituras de dúas sinfonías máis e outras obras. Aínda que non o sabía, Johannes Brahms foi o membro principal do xurado e ficou moi impresionado. Outorgáronlle o premio en 1874 e novamente en 1876 e 1877, cando Brahms e o destacado crítico Eduard Hanslick, tamén membro do xurado, se presentaron a el. Brahms recomendou a Dvořák ao seu editor, Fritz Simrock, quen pouco despois encargou o que se convertey en Danzas eslavas, Op. 46. Foron moi loadas polo crítico musical berlinés Louis Ehlert en 1878, a partitura (da versión orixinal para piano a catro mans) tivo excelentes vendas e lanzou a súa reputación internacional.

A primeira peza de carácter relixioso de Dvořák, o seu arranxoo de Stabat Mater, estreouse en Praga en 1880. Foi interpretado con gran éxito en Londres en 1883, o que deu lugar a moitas outras representacións no Reino Unido e os Estados Unidos.[2] Ao longo da súa carreira, realizou canto menos nove visitas como invitado a Inglaterra, frecuentemente dirixindo representacións das súas propias obras. A súa Sétima Sinfonía escribiuna para Londres. Ao visitar Rusia en marzo de 1890, dirixiu concertos da súa propia música en Moscova e San Petersburgo.[3] En 1891 nomeárono profesor no Conservatorio de Praga. Entre 1890 e 1891, escribiu o seu Trío Dumky, unha das súas pezas de música de cámara de maior éxito.

Encádrase dentro do chamado Romanticismo. Usou nas súas obras moitas melodías populares de Moravia e da súa Bohemia natal. Os seus traballos inclúen óperas, sinfonías, coros e música de cámara. Entre as súas obras máis coñecidas inclúense a Sinfonía nº 9, máis coñecida por "Sinfonía do novo mundo", as Danzas Eslavas, o Cuarteto de Cordas Americano e o Concerto para Violoncello en si menor.

Sen perder unha ampla proxección internacional, soubo extraer as esencias da música da súa terra natal. e considerado o principal representante do nacionalismo checo na música

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Casa natal de Antonín Dvořák en Nelahozeves.

Antonín Dvořák naceu en Nelahozeves, unha pequena poboación ao norte de Praga (daquela parte de Bohemia no Imperio austríaco, agora República Checa), o 8 de setembro de 1841. O seu pai, František Dvořák (1814-1894), posuía un pequeno establecemento hoteleiro e tamén traballou como intérprete profesional de cítola e como carniceiro. A súa nai, Anna, de solteira Zdeňková (1820-1882), era filla de Josef Zdenĕk, o bailío do príncipe Lobkowicz.[4][5] Anna e František casaron o 17 de novembro de 1840.[6] Antonín foi o maior dos seus catorce irmáns, oito dos cales sobreviviron á infancia.[7] Foi bautizado como católico ba igrexa de Santo André da súa vila. Os primeiros anos de Dvořák en Nelahozeves nutriron a súa forte fe cristiá e o amor da súa herencia bohemia que influíron tan fortemente na súa música.[8] En 1847 ingresou na escola primaria da súa vila, onde recibiu as primeiras ensinanzas musicais e aprendeu a tocar o violín da man do seu mestre Joseph Spitz. Amosou un talento precoz e grazas á súa habilidade tocou nunha banda da súa vila e na igrexa.[9] František estaba moi satisfeito dos dons do seu fillo. Aos 13 anos de idade, e baixo a influencia do seu pai, enviárono a Zlonice a vivir co seu tío Antonín Zdenĕk, co fin de aprender alemán. A súa primeira composición, Polka Pomnenka, escribiuna probablemente en 1855.[10]

Antonín Dvořák de neno.

Recibiu leccións de piano, órgano e violín do seu profesor de alemán Antonín Liehmann, quen tamén lle ensinou teoría da música e lle presentou os compositores da época. Dvořák tiña moito respecto polo seu mestre, a pesar de que este tiña un carácter bastante duro. Liehmann era o organista da igrexa de Zlonice e ás veces deixaba a Dvořák que tocara nos servizos relixiosos.[11] Recibiu máis leccións de órgano e teoría musical en Česká Kamenice con Franz Hanke,[12] quen alentou aínda máis o seu talento musical e foi máis comprensivo. Aos 16 anos e baixo a insistencia de Liehmann e Zdenĕk, František permitiu a seu fillo converterse en músico, coa condición de que fora organista.[13] Despois de partir cara a Praga en setembro de 1857, ingresou na Escola de Órgano da cidade, onde estudou canto con Josef Zvonař, teoría con František Blažek e órgano con Joseph Foerster. Este último non só foi profesor no Conservatorio de Praga, senón tamén compositor de órgano.[a] Tamén realizou un curso adicional de idiomas para mellorar o seu alemán e traballou como violista «extra» en numerosas bandas e orquestras, incluída a orquestra da Sociedade de Santa Icía.[17] Graduouse na Escuela de Órgano en 1859, ocupando o segundo lugar na súa clase.[18] Solicitou, sen éxito, un posto como organista na igrexa de San Henrique (Sv. Jindřich), mais mantívose impertérrito na procura dunha carreira musical.[19]

Tras obtener el graduado, su tío dejó de prestarle su ayuda económica, por lo que, en 1858, se incorporó a la orquesta de Karel Komzák, con quien actuó en los restaurantes y balls de Praga.[20][21][19] El alto nivel profesional del conjunto atrajo la atención de Jan Nepomuk Maýr, quien contrató a toda la orquesta para la Orquesta del Teatro Provisional de Bohemia. Dvořák tocó la viola en la orquesta a partir de 1862. Apenas podía pagar las entradas para un concierto y tocar en la orquesta le dio la oportunidad de escuchar música, principalmente óperas.[22] En julio de 1863, actuó en un programa dedicado al compositor alemán Richard Wagner, quien dirigió la orquesta. Había tenido una «admiración ilimitada» por el compositor alemán desde 1857.[23] En 1862, había comenzado a componer su primer cuarteto de cuerdas.[24] En 1864, acordó compartir el alquiler de un piso ubicado en el distrito Žižkov de Praga con otras cinco personas, entre las que también se encontraban el violinista Mořic Anger y Karel Čech, quien más tarde se convirtió en cantante.[25][26] En 1866, Maýr fue reemplazado como director en jefe por Bedřich Smetana.[27] La constante necesidad de complementar sus ingresos empujó a Dvořák a dar lecciones de piano. Fue a través de estas lecciones de piano que conoció a su futura esposa. Originalmente, se enamoró de su alumna y colega del Teatro Provisional, Josefína Čermáková, para quien aparentemente compuso el ciclo de canciones Cipreses.[26] Sin embargo, su amor no fue correspondido y terminó casándose con otro hombre.

En 1873, Dvořák se casó con la hermana menor de Josefina, Anna Čermáková (1854-1931). Tuvieron nueve hijos: Otakar (1874-1877), Josefa (1875-1875), Růžena (1876-1877), Otýlie (1878-1905), Anna (1880-1923), Magdalena (1881-1952), Antonín (1883-1956), Otakar (1885-1961) y Aloisie (1888-1967).[28] En 1898, su hija Otýlie se casó con su alumno, el compositor Josef Suk. Su hijo Otakar escribió un libro sobre él.[28]


Fillo de mesoneiro, mostrou aptitude para a música dende moi pequeno. Comezou os seus estudos no ano 1853 en Zlonice e proseguiunos en Praga entre 1857 e 1859. Despois entrou nunha orquestra, na que tocou a viola ata 1871, labor que compaxinou coa de compositor. O seu primeiro éxito foi un himno con texto de Hálek, no ano 1873, grazas ao cal obtivo o posto de organista na igrexa de San Adalberto, cargo que ocupou ata 1877.


A estes anos pertence o Stabat Mater e outras composicións sinfónicas e vocais, sobre todo para conxuntos de cámara, entanto a súas obras espertaron o interese de Johannes Brahms e Eduard Hanslick, crítico musical, así como do editor Simrock. Esta época é a de máximo esplendor da súa obra, coa publicación das Danzas eslavas (1878), o Cuarteto op.41 (1879) e as súas primeiras sinfonías. Tamén comeza a recibir recoñecementos, como o nomeamento de doutor Honoris Causa da Universidade de Cambridge en 1891, nunha das súas numerosas visitas a Inglaterra. Pouco despois tamén recibiría a mesma honra das universidades de Viena e Praga.

En 1892 trasladouse a Nova York ao aceptar a invitación para dirixir o Conservatorio Municipal. Nos Estados Unidos compuxo algunha das súas obras máis coñecidas: a Sinfonía do novo mundo (1893), o Cuarteto en Fa maior (1893), os Cantos bíblicos (1894) e o Concerto para violoncello e orquestra (1895).

Co tempo volveu a Praga, onde ocupou o posto que xa alcanzara en 1891, de profesor do Conservatorio da cidade. Sen moito éxito tentou, segundo o exemplo de Bedřich Smetana, compoñer para o teatro nacional, destacando neste campo Russalka (1900). Morreu catro anos despois da composición de tal obra, sendo considerado no momento da súa morte como un dos principais músicos do seu momento e en especial do seu país.

Obra[editar | editar a fonte]

A obra musical de Dvořák é moi variada, dende a ópera ata a música de cámara, así como a música sinfónica.

A miúdo a edición das obras por Simrock leva a confusións sobre a súa orde cronolóxica, a miúdo as casas editoras pretendían dar aos músicos noveis a imaxe de artistas consolidados, polo que daban ás súas obras un número de opus superior á que lles correspondería realmente. Pola súa parte, o propio Dvořák tamén xogou un papel nisto, ó dar un número de opus máis baixo a algunha das súas composicións para poder vendelas a outras editoriais, eludindo as súas obrigas contractuais. Nalgúns casos, unha mesma obra chegou a ter tres números de opus diferentes.

A maiores, tamén existen problemas sobre a orde das sinfonías de Dvořák, xa que nun principio foron enumeradas por orde de publicación, non de composición. Por exemplo, a Sinfonía do Novo Mundo foi coñecida durante un tempo como Quinta e posteriormente coma Oitava para rematar sendo numerada como Novena nos anos 50 do século pasado.

Obras varias[editar | editar a fonte]

  • Serenata para corda, op. 22 (1875).
  • Concerto para piano e orquestra (1876).
  • Stabat Mater, op. 58 (1877).
  • Danzas eslavas, op. 46 & 72 (1878)-1886).
  • Concerto para violín e orquestra (1879).
  • Cancións Xitanas, op. 55 (1880).
  • Obertura Entroido, op. 92 (1891).
  • Cuarteto de corda nº 12, "Americano" (1893).
  • Humoresque nº 7, op. 101 (1894).
  • Concerto para violoncello (1895).

Sinfonías[editar | editar a fonte]

Óperas[editar | editar a fonte]

Estudantes de Dvořák[editar | editar a fonte]

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

  • 1841 - Nace en Nelahozeves, Bohemia, o 8 de setembro.
  • 1849 - Ocupa un posto na orquestra do seu pobo.
  • 1857 - Matricúlase na Escola de Órgano de Praga.
  • 1862 - É membro da Orquestra Nacional de Ópera.
  • 1866 - Unha obra de Smetana esperta o seu interese polo nacionalismo musical checo.
  • 1873 - Primeiro gran éxito coma compositor.
  • 1876 - Morren os seus tres fillos.
  • 1878 - Comeza a súa amizade con Johannes Brahms
  • 1884 - Comeza a gozar de gran prestixio internacional.
  • 1891 - Profesor de composición no Conservatorio de Praga. Doutor Honoris Causa pola Universidade de Cambridge.
  • 1892 - É nomeado Director do Conservatorio de Nova York.
  • 1893 - Estrea, no Carnegie Hall de Nova York, a Sinfonía do Novo Mundo.
  • 1895 - Volve ao seu país.
  • 1901 - Director do conservatorio de Praga.
  • 1904 - Morre en Praga o 1 de maio.

Legado[editar | editar a fonte]

Estatua en Stuyvesant Square, preto da que foi a súa residencia en Nova York.

Dende 2008, a Academia de Música Clásica da República Checa organiza o Festival Internacional de Música de Dvořák de Praga, unha importante serie de concertos que se celebra anualmente para homenaxear a vida e obra do compositor. Inaugura a tempada de concertos en outono e se desenvolve durante dúas semanas.[29]

A casa de Dvořák en Nova York estaba localizada en 327 East 17th Street, preto da intersección do que hoxe se chama Perlman Place. Foi nesta casa onde compuxo tanto o Concierto para violonchelo en si menor como a Sinfonía do Novo Mundo. A pesar das protestas do presidente checo Václav Havel, entre outros, que querían que a casa se conservara como un sitio histórico, foi demolida en 1991 para facer espazo para unha residencia do Centro Médico Beth Israel para persoas con sida.[30][31][32] En 2017, esta residencia converteuse nun refuxio para persoas sen fogar.[33][34] Con todo, para honrar a Dvořák, se erixiuse unha estatua súa na próxima Stuyvesant Square.[35]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

O filme de 1980 Koncert na konci léta (traducible ao galego Concerto ao final do verán) baséase na vida de Dvořák. O papel protagonista foi interpretado por Josef Vinklář.[36] O filme de televisión de 2012 Americké dopisy (traducible ao galego Cartas americanas) céntrase na vida amorosa de Dvořák, que é interpretado por Hynek Čermák.[37] Ian Krykorka escribiu varios libros para nenos baseados nalgunhas das óperas de Dvořák. Josef Škvorecký escribiu Dvorak in Love sobre a súa vida nos Estados Unidos como director do Conservatorio Nacional de Música. Ademais, tense empregado a súa música en más de 300 filmes y programas de televisión.[38]

Neil Armstrong levou unha gravación da Sinfonía do Novo Mundo durante a misión do Apolo 11, a primeira misión que pisuo a Lúa, en 1969,[39] e en 2009 foi votada como a sinfonía favorita nunha enquisa realizada por ABC Classic FM en Australia.[40]

O asteroide (2055) Dvořák, descuberto por Luboš Kohoutek,[41] e o cráter de impacto Dvorák no planeta Mercurio reciben o seu nome no seu honor.[42]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Casa na que naceu Dvořák. 
Antonín Dvořák en 1868
Estatua de Dvořák en Praga
Dvořák tocou o órgano na Igrexa de S. Etelberto, Praga, de 1874 a 1877
Dvořák coa súa muller, Anna, en Londres en 1886
Dvořák coa familia e amigos en Nova York en 1893
Funeral de Dvořák o 5 de maio de 1904

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O fillo de Joseph Foerster, Josef Bohuslav Foerster, converteuse nun compositor máis coñecido.[14][15][16]
Referencias
  1. Clapham 1980, p. 765.
  2. Clapham 1979b, p. 60.
  3. Burghauser 1960.
  4. Clapham 1979a, p. 295; tamén achega unha árbore xenealóxica parcial de ascendentes e descendentes.
  5. Hughes 1967, pp. 22-23.
  6. Clapham 1979a, p. 3.
  7. Hughes 1967, p. 24.
  8. Clapham 1979a, p. 23.
  9. Burghauser 1960, p. 466.
  10. Burghauser 1960, pp. 49-50.
  11. Clapham 1979b, p. 12.
  12. Burghauser 1960, p. 468.
  13. Honolka 2004, pp. 14-16.
  14. "Josef Bohuslav Förster". Enciclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2022. 
  15. "Kasika" (en inglés). Czech music.  |capítulo= ignorado (Axuda)
  16. Smaczny, Jan (2002a). "Foerster, Josef Bohuslav". En Alison Latham. Oxford Companion to Music (en inglés). Oxford University Press. pp. 468-469. 
  17. Schönzeler 1984, pp. 36-38.
  18. Smaczny 2002, p. 391.
  19. 19,0 19,1 Schönzeler 1984, p. 39.
  20. Clapham 1979b, p. 20.
  21. Clapham 1979a, p. 5.
  22. Clapham 1979b, pp. 21-22.
  23. Clapham 1979b, p. 17.
  24. Clapham 1979b, p. 21.
  25. Hughes 1967, p. 35.
  26. 26,0 26,1 Clapham 1979b, p. 23.
  27. Clapham 1979b, p. 24.
  28. 28,0 28,1 Dvořák, Otakar (2004). Můj otec Antonín Dvořák (Vyd. 1 ed.). Příbram: Knihovna Jana Drdy. ISBN 978-80-86240-78-7. OCLC 56724472. 
  29. "Dvořák Prague International Music Festival". dvorakovapraha.cz (en inglés e checo). Consultado o 1 de xullo de 2022. 
  30. Horowitz, Joseph (10 de febreiro de 2002). "Music; Czech Composer, American Hero". The New York Times (en inglés). In 1991, the New York City Council was petitioned by Beth Israel Hospital to permit the demolition of a small row house at 327 East 17th Street, once the home of Antonín Dvořák. 
  31. "Dvorak's Homecoming, With Music". The New York Times (en inglés). 7 de setembro de 1997. 
  32. "Topics of the Times, The New World at City Hall". The New York Times (en inglés). 23 de xuño de 1991. 
  33. "BRC Homeless Safe Haven" (en inglés). BRC Website. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  34. McCarthy, Clara (30 de xuño de 2017). "Homeless Facility To Open In Gramercy" (en inglés). Patch. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  35. Naureckas, Jim (13 de xuño de 2006). "New York Songlines". Seventeenth Street (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  36. "Koncert na konci léta (1979)" (en inglés). Czech and Slovak Film Database. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  37. "Americké dopisy (TV film) (2015)" (en inglés). Czech and Slovak Film Database. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  38. Smithee, Alan (22 de marzo de 2006). "Dvorak Symphony no 9: From the New World" (en inglés). Crowndozen.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembreo de 2007. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  39. "Search – Classic 100 Archive – ABC Classic FM" (en inglés). Australian Broadcasting Corporation. 11 de noviembre de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  40. "(2055) Dvořák". (2055) Dvořák In: Dictionary of Minor Planet Names (en inglés). Springer. 2003. p. 166. ISBN 978-3-540-29925-7. doi:10.1007/978-3-540-29925-7_2056. 
  41. "Dvorák". Gazetteer of Planetary Nomenclature (en inglés). United States Geological Survey. 11 de outubro de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]