Numeración romana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Decimal Romana
1 I
5 V
10 X
50 L
100 C
500 D
1000 M

O sistema de numeración romana desenvolveuse na antiga Roma e utilizouse en todo o seu imperio. Neste sistema as cifras escribense con determinadas letras, que representan os números. As letras son sempre maiúsculas, xa que no alfabeto romano non existen as minúsculas.

As equivalencias dos numerais romanos co sistema decimal son as seguintes:

No sistema de numeración romano as letras deben situarse da orde de maior valor para a de menor valor. Non se deben escribir máis de tres I, ou tres X, ou tres C en calquera número. Se estas letras se sitúan á fronte dun V, un L, ou un D, respectivamente, subtráese o seu valor á cifra das ditas letras. Debe notarse que isto non foi sempre así, senón que os romanos usaban inicialmente a repeticion de 4 elementos, así 4 puñan IIII e non IV, e o mesmo para XXXX etc.

Os romanos descoñecían o cero, introducido posteriormente polos árabes, de forma que non existe ningunha forma de representación deste valor.

Para cifras elevadas os romanos utilizaban un hifen colocado por riba da letra correspondente. O hifen multiplicaba o valor da letra por 1.000. Por exemplo, un "C" con hifen superior correspondía ao valor 100.000 (100 x 1.000), e un "M" con hifen superior correspondía ao valor 1.000.000 (1.000 x 1.000). Este método permitía escribir cifras realmente altas.

Preséntanse varios exemplos de números romanos, coas súas equivalencias decimais:

Decimal Romana
1 I
2 II
3 III
4 IV
5 V
6 VI
7 VII
8 VIII
9 IX
10 X
104 CIV
1444 MCDXLIV
2003 MMIII