Tim Commerford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tim Commerford
Tim Commerford Montreux Jazz Festival 2005.jpg
Nome completo Timothy Robert Commerford
Naceu 26 de febreiro de 1968 (46 anos)
Orixe Irvine, California Flag of the United States.svg
Instrumento(s) baixo
Relacionado con Rage Against the Machine, Audioslave


Tim Commerford, tamén coñecido como Timmy C., Tim Bob, Simmering T, Y.tim.K, TIM.COM e tim.COM, nado en Irvine (California) o 26 de febreiro de 1968, é o baixista da banda de rock Rage Against the Machine e tamén tocou na recentemente desaparecida Audioslave.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É o máis novo de 5 irmáns. O seu pai foi enxeñeiro aeroespacial e traballou nos transbordadores espaciais da NASA, e a súa nai era matemática. Á súa nai diagnosticáronlle un cancro e pouco despois os pais divorciáronse. Tim quedou co seu pai, que volveu casar, mentres que a súa nai trasladouse a Sacramento, California coa súa irmá para recibir tratamento, ata que morreu da súa enfermidade cando Tim tiña 20 anos.

Commerford fíxose amigo de Zack de la Rocha no quinto grao, cando Tim ensinoulle a Zack como roubar comida da cafetería da escola. Zack introducíuno no baixo e Tim atopou unha saída na música e na poesía.

Commerford ten numerosas tatuaxes, incluíndo un deseño que lle cubre as súas costas, brazos, peito e a perna esquerda. O primeiro que se fixo foi unha sinxela banda negra ao redor do seu brazo para lembrar á súa nai.