O País Vasco ten unha extensión total de 7.234 km², e unha poboación de 2.164.311 habitantes (INE2015), cunha densidade de poboación de 299,19 hab/km². Oficialmente non ten unha capital, pero oficiosamente, a súa capital é Vitoria (Álava), sede das institucións comúns do Parlamento e do Goberno vasco. A cidade máis poboada é Bilbao.
Hai unha forte forza do nacionalismo e independentismo, tanto politicamente de esquerdas (chamado abertzale) como de dereitas. Historicamente, o símbolo desta súa identidade independente é a árbore da vila biscaina de Gernika.
O museo foi aberto en 1997 é supón, canda a ponte deseñada por Santiago Calatrava, un dos grandes impulsores da economía vasca que supuxo un esforzo de revitalización da cidade de Bilbao, levada a cabo polas administracións publicas do País Vasco. Foi, no seu momento, un gran creador de emprego, debido a que as láminas de titanio utilizadas no seu recubrimento foron traballadas polos estaleiros da zona.
Case desde a súa apertura o museo converteuse nunha importante atracción turística atraendo visitantes de numerosos países e constituíndo o símbolo máis importante da cidade de Bilbao. Este museo non é soamente un espazo expositivo, senón que se ergue como un dos fitos da cidade, lugar de reunión e zona de lecer.
As súas principais actividades económicas son o comercio e o turismo, constituíndo no pasado un dos máis famosos destinos turísticos de España. A súa paisaxe, dominada pola baía da Concha, así como o seu desenvolvemento arquitectónico moderno iniciado na segunda metade do século XIX, que configurou unha cidade de corte francés e aburguesado, propiciaron o desenvolvemento da actividade turística a escala europea. Todo iso, unido a eventos internacionais como o Festival Internacional de Cine de Donostia, deu proxección exterior á cidade, malia as súas pequenas dimensións.
En 1959 doutorouse en Filosofía e Letras, disciplina na que se iniciara na cadea. En 1958 ocupou a cátedra de Lingua e Literatura vascas na Universidade de Salamanca (a primeira cátedra desta lingua nunha universidade española); en 1968 foi nomeado profesor de lingüística indoeuropea.
En 1978 fixose cargo da Facultade de Filoloxía da Universidade do País Vasco. Membro da Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia), ténselle considerado como unha das máximas autoridades na lingua éuscara, sendo un dos artífices da unificación deste idioma.