Dende o punto de vista xeográfico, podemos distinguir tres grandes áreas ambientais, conformadas pola interacción dos distintos factores físicos que inciden sobre o medio natural: Serra Morena –que separa Andalucía da Meseta–, os Sistemas Béticos e a Depresión Bética que individualizan a Alta Andalucía da Baixa Andalucía.
La historia e a cultura de Andalucía son o resultado dun complexo proceso no que se fusionaron ao longo do tempo diferentes pobos e culturas, así como diferentes realidades socioeconómicas e políticas. A pesar da contemporaneidade da formación do Estado Autonómico Andaluz, non se pode esquecer a impronta que deixaron no actual territorio andaluz pobos como o ibero, o fenicio, o cartaxinés, o romano, o bizantino, o andalusí ou o castelán.
Madīnat al-Zahrā (en árabe مدينة الزهراء, "A cidade de Zahra"), tamén coñecida como Medina Azahara, foi unha cidade palatina ou áulica que mandou edificar Abderramán III (Abd al-Rahman III, al-Nasir) a uns 8km na periferia de Córdoba en dirección oeste, máis concretamente, en Serra Morena.
Os principais motivos da súa construción son de índole político-ideolóxica: a dignidade de califa exixe a fundación dunha nova cidade, símbolo do seu poder, a imitación doutros califatos orientais e sobre todo, para mostrar a súa superioridade sobre os seus grandes inimigos, os fatimíes de Ifriqiya, a zona norte do continente africano. Ademais de opoñentes políticos, tamén o eran no religioso, xa que los fatimíes, xiís, eran inimigos dos omeias, maioritariamente sunnitas.
A cultura popular tamén di que foi edificada como homenaxe á muller favorita do califa: Azahara.
O xacemento arqueolóxico de Madīnat al-Zahrā está declarado Ben de interese cultural na categoría de monumento dende o ano 1923. O 27 de xaneiro de 2015 «Madīnat al-Zahrā» foi inscrita na Lista Indicativa de España do Patrimonio da Humanidade, na categoría de ben cultural (nº. ref 5978).
Cidade de interese turístico pola súa longa e influente historia de 3.100 anos, tivo importancia en procesos coma as guerras púnicas, a romanización de Hispania, o descubrimento de América ou a instauración do réxime liberal en España. Toda a cidade presenta numerosas prazas, xardíns, igrexas etc, que constantemente o rememoran.
O conxunto Cádiz-San Fernando está separado da Península polo Caño de Sancti Petri. Historicamente foi desde un pequeno arquipélago a unha illa, situación na que se debate se aínda se atopa nela. Esta particularidade fai difícil definir a súa condición xeográfica. Hoxe en día recibe un plan de tratamento insular. É coñecida popularmente como a Tacita de Plata.
Abu al-Walid Muhammad Ibn Ahmad Ibn Munhammad Ibn Ruchd (أبو الوليد محمد بن احمد بن محمد بن احمد بن احمد بن رشد), filósofo e médicoandaluz coñecido como Averroes, naceu en Córdoba en 1126 e morreu en Marrakech (Marrocos) en 1198.
Está considerado como un dos filósofos máis importantes do mundo árabe na conexión co pensamento aristotélico. Foi discípulo de Ibn Tufayl. Viviu en Sevilla e Córdoba onde exerceu como maxistrado. Era coñecido por Ibn Rushd, filósofo árabe musulmán, físico, xurista maliki e teólogo ashari; na súa cidade natal tamén estudou teoloxía, filosofía occidental e matemáticas co filósofo árabe Ibn Tufayl, e medicina co médico árabe Avenzoar.