Diego Rivera
González, Manuel (2022-07-19). "El mural que el magnate Rockefeller no pudo soportar". Portal Alba (en castelán). Consultado o 2022-11-16.
Diego Rivera, de nome completo Diego María de la Concepción Juan Nepomuceno Estanislao de la Rivera, nado en Guanajuato o 8 de decembro de 1886 e finado en San Ángel o 24 de novembro de 1957, foi un dos maiores pintores mexicanos así como esposo da pintora Frida Kahlo. Foi un artista con ideas políticas, era comunista e albergou a Trotski, pouco tempo antes da súa morte
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Academia de Belas Artes de San Carlos, no México, mais partiu para a Europa, beneficiado dunha bolsa de estudo, onde ficou de 1907 até 1921. Esta experiencia enriqueceuno moito en termos artísticos, pois tivo contacto con moitos pintores da época como Pablo Picasso, Salvador Dalí, Juan Miró e o arquitecto catalán Antoni Gaudí, que influenciarán a súa obra.
Comezou a traballar nun estudo en Madrid, España. Nesa época coñece á súa primeira esposa: a pintora rusa Angelina Beloff. Con ela, Diego ten un fillo. Logo ela falece.
Así como os outros muralistas, consideraba a pintura algo burgués, pois na maior parte dos casos as teas ficaban confinadas en coleccións particulares.
Ao longo da súa vida, creou máis de dous mil cadros, cinco mil deseños e cerca de catro mil metros cadrados de pintura mural. En 1929 casou coa pintora mexicana Frida Kahlo.
Obra
[editar | editar a fonte]Xuntamente con José Clemente Orozco e David Siqueiros creou o movemento muralístico mexicano. Eles acreditaban que só a través do mural se podería redimir artisticamente un pobo que esquecera a grandeza da súa civilización precolombiana durante séculos de opresión estranxeira e de espoliación por parte das oligarquías nacionais culturalmente voltadas para a metrópole española. Pola súa formación tivo influencia da tradicion da pintura de Europa.
Diego fixo o primeiro mural do vestíbulo da Fundación Rockefeller en Nova York, sendo eliminado no 1934 e recreado despois no Pazo de Belas Artes da Cidade de México.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González, Manuel (2022-07-19). "El mural que el magnate Rockefeller no pudo soportar". Portal Alba (en castelán). Consultado o 2022-11-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Diego Rivera |
- Virtual Diego Rivera Web Museum Arquivado 25 de novembro de 2003 en Wayback Machine.