H. P. Lovecraft
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
H. P. Lovecraft | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de agosto de 1890 |
Lugar de nacemento | Providence, Rhode Island |
Falecemento | 15 de marzo de 1937 |
Lugar de falecemento | Providence, Rhode Island |
Causa | small intestine cancer |
Soterrado | Swan Point Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | estadounidense |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Hope High School |
Ocupación | novelista, poeta, xornalista, escritor de ciencia ficción, ensaísta e escritor |
Pai | Winfield Scott Lovecraft |
Nai | Sarah Susan Phillips Lovecraft |
Cónxuxe | Sonia Greene |
Coñecido por | The Call of Cthulhu, The Shadow Out of Time, At the Mountains of Madness, The Case of Charles Dexter Ward, The Cats of Ulthar, Beyond the Wall of Sleep, The Dream-Quest of Unknown Kadath e The Shadow Over Innsmouth |
Premios | Retro Hugo Award, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame e Retro Hugo Award for Best Series |
Na rede | |
https://www.hplovecraft.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Howard Phillips Lovecraft, nado en Providence, Rhode Island, o 20 de agosto de 1890 e finado no mesmo lugar o 15 de marzo de 1937, é un escritor en lingua inglesa ao que se considera herdeiro da narrativa de Edgar Allan Poe.[Cómpre referencia]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Unha das constantes da vida de Lovecraft é a enfermidade, que o acompaña dende moi neno. Tamén de neno sufriu constantemente os insultos da súa nai, que o chamaba feo. Isto, engadido ós seus constantes pesadelos, prefiguran a parte principal dos ingredientes da súa obra.
As súas primeiras historias ven a luz en 1905 cando comeza a escribir para gañar a vida. Tamén comeza a manter correspondencia con multitude de escritores, entre os cales, e baixo a súa supervisión, configuraran os Mitos de Cthulhu.
Etapas narrativas[editar | editar a fonte]
A súa obra distingue dúas partes principais: a chamada época dunsaniana e a época de apoxeo dos mitos.
A época dunsaniana de Lovecraft componse de relatos moi oníricos. Exemplo deles son as aventuras oníricas de Randolf Carter: A declaración de Randolf Carter e outras.
Na segunda época, Lovecraft dá renda solta ós seus medos e horrores. Nos seus mitos (e a diferenza de Derleth e os demais colaboradores) atópanse un exacerbado pesimismo, unha angustiosa soidade e frustración. A linguaxe descritiva, por exemplo, é redundante, atafegante. Obras desta época son Nas montañas da loucura, A sombra que caeu sobre Insmouth e outras.
O máis destacable da súa obra é a creación dos Mitos de Cthulhu. Na mesma acabaron colaborando varios dos escritores cos que mantiña correspondencia. O máis destacable deles é August Derleth, ademais de Forrest J. Ackerman, Robert Bloch e Robert E. Howard. A relación entre eles era tan estreita que non dubidaban incluso en introducirse uns a outros coma personaxes das súas obras.
A grandes trazos, os Mitos de Cthulhu son unha mitoloxía novelesca, sustentada por referencias a libros canónicos, piares dun suposto coñecemento esquecido e horrible. O principal libro é o Necronomicon. Os libros tratarían de varias supostas civilizacións perdidas e esquecidas, moi anteriores á presenza do ser humano no planeta.
Obra[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- O relato fantástico: de Poe a Lovecraft, intro. de G. Navaza, trad. de Ricardo Terco. Ir Indo.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: H. P. Lovecraft ![]() |