A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.
O baile irlandés ou danza irlandesa é un grupo de bailes tradicionais orixinarios de Irlanda, de entre os que se poden distinguir os bailes populares e os de competición. Estes bailes son coñecidos polos seus rápidos e rítmicos movementos de pés mentres que os brazos e o resto do corpo fican estáticos a maior parte do tempo.
As formas tradicionais de baile en Irlanda probabelmente se desenvolveron en estreita asociación coa música tradicional irlandesa. Porén, as súas orixes non son claras e hai que ter en conta que foron influenciadas por outras danzas do continente. Estes bailes comezaron a ser ensinados por mestres en toda Irlanda a finais do século XVIII e comezos do XIX. Durante este tempo, os lugares para concursos e feiras eran sempre pequenos e por iso había pouco espazo para a representación dos bailes. Moitas veces mesmo se facían enriba de mesas ou sobre bocois. Pénsase que esta é unha das principais razóns polas que estas danzas se desenvolveron coas mans ríxidas para os lados e cunha gran falta de movemento da metade superior do corpo. Co paso do tempo, os bailes e as competicións comezáronse a facer en espazos meirandes, polo que algúns estilos incluíron máis movemento e desprazamentos polo escenario.
O baile irlandés comezou a facerse coñecido de xeito internacional grazas ó espectáculo de danza Riverdance, que se representou no Festival de Eurovisión de 1994, ano no que Irlanda era o país anfitrión.
Binn Ghulbain é unha montaña tabular de 526 m de altura no condado de Sligo, en Irlanda. Tamén é coñecida polo seu nome en inglésBenbulbin, e ás veces tamén Ben Bulben ou Benbulben. Forma parte das montañas Dartry e atópase nunha zona coñecida tamén como "o país de Yeats". Binn Ghulbain é un espazo protexido do condado de Sligo.
A escalada pola cara norte é perigosa principalmente porque soporta o choque dos ventos fortes que chegan dende o Atlántico. Pola contra, a escalada pola cara sur é doada.
O célebre poemaUnder Ben Bulben escrito por William Butler Yeats é basicamente unha descrición de Binn Ghulbain e do "país de Yeats". Foi a súa derradeira poesía e foi publicada no The Irish Times.
Foi o director e xefe do departamento de construción de barcos da compañía Harland and Wolff en Belfast, Irlanda do Norte. Andrews foi o encargado do plan e da construción do famoso transatlántico RMS Titanic, ademais dos seus dous irmáns, propiedade da compañía White Star Line: o RMS Olympic e o HMHS Britannic. Viaxaba a bordo do Titanic durante a viaxe inaugural cando chocou contra un iceberg o 14 de abril e foi unha das 1517 persoas que perderon a vida no naufraxio. Foi visto por última vez mirando a pintura no cuarto de fumar de primeira clase, sen facer ningún intento para salvarse a si mesmo.