Saltar ao contido

Portal:Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Portugal, oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Cunha extensión total de 92.212 km², a súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro Imperio global. O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa.

Portugal é membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Artigo destacado

editar

Os pasteis de Belém (en portugués pastéis de Belém) son unha das especialidades máis características da pastelaría portuguesa. Xenericamente reciben o nome de natas.

Son tortiñas de crema, duns 10 centímetros de diámetro, elaboradas conforme unha receita secreta que non foi desvelada en case douscentos anos e que, supostamente, só tres persoas coñecen no planeta. Tanto a pasta como a crema comezan a elaborarse a porta pechada, na chamada oficina do segredo, nun proceso que dura dous días. A pasta é de masa follada. A crema ten unha base fundamental de xema de ovo, leite e azucre. Cómense tanto en quente como en frío.

Crese que foron creadas con anterioridade ao século XVIII polas freiras do mosteiro lisboeta dos Xeromes, situado na freguesía de Belém, nos arredores da capital portuguesa.

Un británico chamado Andrew Stow modificou a receita con técnicas inglesas e comezou a vender estes novos pasteis no Lord Stow's Cafe, un establecemento da súa propiedade en Coloane, (Macau). Na actualidade estas tortiñas de ovo á portuguesa están dispoñíbeis en numerosas pastelarías, así como nos restaurantes típicos de Macau e nas franquías honconesas do KFC.

Cidade destacada

editar

Guimarães é unha cidade portuguesa situada no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Ave (unha das subrexións máis industrializadas do país), cunha poboación de 52.182 habitantes, repartidos nunha malla urbana de 23,5 km², en 20 freguesías e cunha densidade de poboación de 2 223,9 hab./km². É sede dun municipio con 242,85 km² de área e 161.876 habitantes (2004), subdividido en 69 freguesías, residindo a maioría da poboación na cidade e na súa zona periférica.

É unha cidade histórica, cun papel crucial na formación de Portugal, e que conta xa con máis dun milenio desde a súa fundación, altura en que era designada como Vimaranis

Guimarães é unha das máis importantes cidades históricas do país, sendo o seu centro histórico considerado Patrimonio Cultural da Humanidade, tornándoa definitivamente un dos maiores centros turísticos da rexión. As súas rúas, avenidas e monumentos respiran historia e encantan quen a visita.

A Guimarães actual soubo conciliar, da mellor forma, a historia e consecuente mantemento do patrimonio co dinamismo e emprendedorismo que caracterizan as cidades modernas.

Categorías
Biografía destacada

editar

Amália da Piedade Rebordão Rodrigues, más conocida como Amália Rodrigues, nada en Lisboa o 23 de xullo de 1920 e finada na mesma cidade o 6 de octubre de 1999), foi unha cantante de fados e actriz portuguesa. Recibiu o alcume da «Raíña do Fado» (Rainha do Fado), e foi a cantante que máis popularizou este tipo de música no mundo. Do mesmo xeito, foi unha gran embaixadora cultural de Portugal, e a súa voz valeulle un importante recoñecemento.

Tivo unha carreira profesional, tanto na música como na actuación, de máis de corenta anos. A súa fama internacionalizouse durante as décadas de 1950-1970, mais os seus vínculos co réxime de António de Oliveira Salazar obrigárona a retirarse dos escenarios durante a década posterior á Revolución dos Caraveis de 1974. Ao longo da súa carreira, cantou sobre todo en portugués, mais tamén en castelán, inglés, italiano e en francés.

Ao longo da súa vida, Amália Rodrigues gravou máis de 170 discos.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

Mosteiro de Batalha.


Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario