Axuda:AFI para o inglés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
A:AFI-I

En diversos artigos da Wikipedia indícase a pronuncia de palabras inglesas por medio do Alfabeto Fonético Internacional - AFI (International Phonetic Alphabet - IPA) . A táboa seguinte lista os símbolos AFI usados para as palabras e pronuncias do inglés. Algúns destes símbolos empréganse aquí de forma específica para a Wikipedia, distinta do uso doutros dicionarios.

Á hora de engadir unha pronunciación con esta chave, xeralmente debería formatearse usando o modelo {{IPAc-en}}, que fornece notas emerxentes para cada símbolo da pronuncia.

Chave[editar | editar a fonte]

Se algún símbolo AFI non se inclúe nesta táboa, vexa: Axuda:AFI para unha lista máis completa.

Consoantes
AFI Exemplos
b buy, cab
d dye, cad, do
ð thy, breathe, father
giant, badge, jam
f fan, caff, phi
ɡ (ɡ)[1] guy, bag
h high, ahead
hw why[2]
j yes, hallelujah
k sky, crack
l lie, sly, gal
m my, smile, cam
n nigh, snide, can
ŋ sang, sink, singer
θ thigh, math
p pie, spy, cap
r[3] rye, try, very
s sigh, mass
ʃ shy, cash, emotion
t tie, sty, cat, atom
china, catch
v vie, have
w wye, swine
z zoo, has
ʒ equation, pleasure, vision, beige[4]
Consoantes marxinais
x ugh, loch, Chanukah[5]
ʔ uh-oh /ˈʔʌʔoʊ/
˜ bon vivant /ˌbɒ̃ viːˈvɒ̃/[6]
Vogais
AFI Vogais completas AFI ... seguidas de R[7]
ɑː palm, father, bra ɑːr start, bard, barn, snarl, star
ɒ lot, pod, John[8] ɒr moral, forage
æ trap, pad, ban[9][10] ær barrow, marry[11]
price, ride, file, fine, pie aɪər Ireland, hire (= /aɪr/)
aɪ.ər higher, buyer
mouth, loud, foul, down, how aʊər flour (= /aʊr/)
aʊ.ər flower
ɛ dress, bet, fell, men[12] ɛr error, merry[12]
face, made, fail, vein, pay ɛər square, mare, scarce, cairn, Mary (= /eɪr/)[13]
eɪ.ər layer (one who lays)
ɪ kit, lid, fill, bin ɪr mirror, Sirius
fleece, seed, feel, mean, sea ɪər near, beard, fierce, serious (= /iːr/)[14]
iː.ər freer
ɔː thought, Maud, dawn, fall, straw[15] ɔːr north, born, war, Laura[16][17]
ɔː.ər sawer
ɔɪ choice, void, foil, coin, boy ɔɪər coir (= /ɔɪr/)
ɔɪ.ər employer
goat, code, foal, bone, go[18] ɔər force, more, boar, oral (= /oʊr/)[16][17]
oʊ.ər mower
ʊ foot, good, full, woman ʊr courier
goose, food, fool, soon, do ʊər boor, moor, tourist (= /uːr/)[16][17]
uː.ər truer
juː cute, mule, puny, beauty, huge, tune[19] jʊər cure (= /juːr/)
juː.ər fewer
ʌ strut, bud, dull, gun[20] ɜːr nurse, word, girl, fern, furry
ʌr hurry, nourish (no Reino Unido)
Vogais reducidas
ə comma, Rosa's, ago, quiet, focus ər letter, perceive
əl bottle ([əl] ou [l̩])
ən button ([ən] ou [n̩])
əm rhythm ([əm] ou [m̩])
i happy, serious[21] (/ɪ/ ou /iː/) u situation (/ʊ/ ou /uː/)
[22] roses, enough[23] (/ɪ/ ou /ə/) ᵿ[22] beautiful, curriculum ([jᵿ])[24] (/ʊ/ ou /ə/)
 
Acento Silabificación
AFI Exemplos AFI Exemplos
ˈ intonation /ˌɪntəˈneɪʃən/,[25]
battleship /ˈbætəlʃɪp/[26]
. /haɪər/ hire, /haɪ.ər/ higher[27]
ˌ

Aclaracións

  • A marca de acento da AFI (ˈ) indícase antes da sílaba que ten o acento, en contraste á pronuncia indicada por algúns dicionarios publicados nos Estados Unidos.
  • As palabras en versaleta son os conxuntos léxicos estándar. As palabras nos conxuntos léxicos bath e cloth poden ter dúas transcricións, ben con /ɑː/ e /ɔː/, ou con /æ/ e /ɒ/, respectivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Se os caracteres ɡ e Opentail g.svg non coinciden e o primeiro semella un γ, pode que teñas un problema de visualización relacionado coa fonte tipográfica usada polo teu navegador.
  2. O fonema /hw/ non se distingue de /w/ en moitos dialectos coa fusión wine–whine.
  3. Na maioría de variedades do inglés, /r/ pronunciase como unha aproximación de is [ɹ]. Malia que o símbolo AFI [r] representa unha vibrante, /r/ usase habitualmente no lugar de /ɹ/ nas transcricións do inglés.
  4. Unha serie de palabras inglesas, coma genre e garage, pronuncianse con /ʒ/ ou /dʒ/.
  5. Na maioría de dialectos, /x/ substitúese por /k/ na maioría de palabras, incluíndo loch. Cando o son comeza unha palabra, coma por exemplo en Chanukah, en ocasións substitúese por /h/. En ugh adoita substituírse por /ɡ/.
  6. Só se da en préstamos do francés e adoita substituirse por /n/ ou /m/: bon vivant /ˌbɒn viːˈvɒn/.
  7. Nos acentos non róticos /r/ non se pronuncia agás que vaia seguido de vogal.
  8. /ɒ/ non se distingue de /ɑː/ nos dialectos coa fusión father–bother.
  9. Nalgunhas rexións sepárase en dous fonemas, /æ/ e /eǝ/, facendo que a vogal de crash se asemelle máis á de mail que á de cat. Noutros dialectos os dous sons son alófonos.
  10. Nalgunhas rexións o que adoita ser [æŋ] ou [æɡ] pronúnciase [eŋ] ou [eɪŋ], [eɡ] ou [eɪɡ], facendo que a a en rang e rag se asemelle máis á ai en rain que á a en rat.
  11. /ær/ pronúnciase igual ca /ɛr/ nos acentos coa fusión Mary–marry–merry.
  12. 12,0 12,1 /ɛ/ transcríbese coma /e/ en moitos dicionarios.[ref 1]
  13. /ɛər/ pronúncase igual ca /ɛr/ en acentos coa fusión Mary–marry–merry. Adoita transcribirse como /eə/ en dicionarios británicos e como /er/ en dicionarios estadounidenses. O OED usa /ɛː/ para BrE e /ɛ(ə)r/ para AmE,[ref 2] pero o Oxford Online Dictionaries adoita usar sempre /er/ para AmE malia ter /e(ə)r/ na súa chave de pronuncias estadounidenses.[ref 3][ref 4]
  14. /ɪər/ pronúnciase igual ca /ɪr/ en acentos coa fusión mirror–nearer.
  15. /ɔː/ non se distingue de /ɒ/ (agás antes de /r/) en dialectos coa fusión cot–caught.
  16. 16,0 16,1 16,2 /ɔər/ non se distingue de /ɔːr/ en dialectos coa fusión horse–hoarse, incluíndo gran parte dos dialectos do inglés moderno.
  17. 17,0 17,1 17,2 /ʊər/ non se distingue de /ɔːr/ en dialectos coa fusión pour–poor.
  18. /oʊ/ adoita transcribirse como /əʊ/ ou /oː/.
  19. En dialectos con elisión de /j/, /juː/ pronúnciase igual ca /uː/ tralas consoantes coronais (/t/, /d/, /s/, /z/, /n/, /θ/ e /l/) na mesma sílaba, polo que dew /djuː/ pronúnciase igual ca do /duː/. En dialectos con coalescencia de /j/, /tj/, /dj/, /sj/ e /zj/ pronúncianse /tʃ/, /dʒ/, /ʃ/ e /ʒ/, polo que a primeira sílaba en Tuesday pronúnciase igual ca choose.
  20. /ʌ/ non se usa nos dialectos da metade norte de Inglaterra, algunhas partes de Gales e en acentos do leste de Irlanda. Estas palabras toman a vogal ʊ.
  21. /i/ pronúnciase [i] en dialectos con tensión happy, [ɪ] noutros dialectos. A convención británica adoitaba transcribilo con ɪ, pero o OED e outros dicionarios pasaron a usar i.
  22. 22,0 22,1 Os símbolos ᵻ e ᵿ non se usan segundo o AFI. Están baseados no uso por parte do OED.
  23. /ᵻ/ pronúnciase [ə] nos dialectos australianos e moitos dialectos estadounidenses, [ɪ] na Pronuncia Recibida.
  24. /ᵿ/ pronúnciase [ʊ] en moitos dialectos, [ə] noutros.
  25. Existe debate sobre a non existencia de distinción fonémica no inglés entre o acento primario e secundario,[ref 5] pero a convención é indicalos desta forma.
  26. As vogais completas que seguen a unha sílaba con acento, coma a de ship en battleship, márcanse co acento secundario nalgúns dicionarios (Merriam-Webster), pero non noutros (OED).
  27. As divisións silábicas non adoitan marcarse, pero o punto do AFI '.' pode usarse cando se desexa marcar de forma explícita unha división entre sílabas.
Referencias
  1. Wells, John (18 de marzo de 2009). "e and ɛ". John Wells's phonetic blog. Blogspot. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  2. "Key to pronunciation". Oxford English Dictionary. Oxford University Press. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  3. "square". Oxford Online Dictionaries (en inglés). Oxford University Press. Consultado o 6 de marzo de 2017. 
  4. "Key to US pronunciations". Oxford Online Dictionaries (en inglés). Oxford University Press. Consultado o 6 de marzo de 2017. 
  5. Ladefoged, Peter (1993). A Course in Phonetics (3rd ed.). Orlando: Harcourt Brace. ISBN 0-15-507319-2.