Portal:Ópera
![]()
Artigo destacado
Schachnovelle é unha ópera nun acto composta entre 2010 e 2012 por Cristóbal Halffter con libreto en alemán de Wolfgang Haendeler, baseado na novela homónima de Stefan Zweig. A obra, terceira ópera do compositor español, foi un encargo do Theater Kiel e a Ernst von Siemens Musikstiftung, e foi representada por primeira vez na Opernhaus de Kiel (Alemaña) o 18 de maio de 2013. O compositor adicoulle a ópera ao seu fillo Pedro.
A obra está encadrada no grupo de óperas de Halffter denominado ás veces como Kieler Trilogie (Triloxía de Kiel), xunto ás dúas primeiras óperas do compositor madrileño: Don Quijote e Lázaro. As tres obras de Halffter teñen como denominador común as súas representacións na ópera da cidade alemá. Se ben Don Quijote foi estreada no Teatro Real de Madrid e recuperada para o teatro alemán, Lázaro e Schachnovelle foron estreadas na Opernhaus Kiel. A ópera ten unha duración aproximada de 115 minutos Imaxe destacada
Este mes
Categorías
Biografía destacada
Angela Gheorghiu (nome real Angela Burlacu), nada o 7 de setembro de 1965 en Adjud (Romanía), é unha soprano romanesa. Dende o seu debut profesional en 1990 na Opera Națională Română din Cluj-Napoca en 1990 ten interpretado os papeis principais de numerosas óperas na Metropolitan Opera de Nova York, a Royal Opera House de Londres, a Wiener Staatsoper de Viena, o Teatro alla Scala de Milán, e moitos outros teatros de ópera de Europa e os Estados Unidos. Ten unha abundante discografía, principalmente cos selos EMI Classics e Decca, e é especialmente coñecida polas súas interpretacións de óperas de Giacomo Puccini, se ben é considerada a raíz das súas interpretacións de La traviata de Giuseppe Verdi como unha das mellores Violetta do mundo.
Gheroghiu casou, cando aínda era estudante, co enxeñeiro hidráulico Andre Gheorghiu, de quen tomou o apelido e conservou logo de divorciarse del por consello da súa discográfica. Posteriormente coñeceu ao tenor francés, coa que contraeu matrimonio en 1996, divorciándose del en 2009. Cita destacada
Son destacado
Sabías que...
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|