Christoph Gluck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christoph Willibald Gluck (retrato por Joseph Siffred Duplessis en 1775)

Christoph Willibald Gluck, nado en Erasbach, Alemaña, o 2 de xullo de 1714 e finado en Viena o 15 de novembro de 1787, foi un prolífico compositor alemán de orixe xermana-bohemia.

Estreou a súa primeira ópera, Artaxerxes, en Milán no ano 1741, permanecendo en Italia ata 1745. Despois viaxou a Londres, Dresde e Viena, cidade na que estreou Semíramis recoñecida en 1748.

Reformador da ópera, as súas primeiras innovacións son visibles no ballet Don Juan (1761) e na ópera Orfeo e Eurídice (1762). Tras un novo viaxe a Italia en 1763 regresou a Viena onde compuxo Alceste e posteriormente viaxou a Parma. De volta a Viena deu leccións á arquiduquesa María Antonieta, quén máis tarde protexeríalle coma raíña de Francia.

Na ópera propúxose subordinar a música á poesía có fin de reforzar a expresión dos sentimentos, deixándoa sen adornos superfluos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Artajerjes (1741)
  • Cleonice (1742)
  • Demofoonte (1743)
  • A Sofonisba (1744)
  • Semíramis recoñecida (1748)
  • Os chineses (1754)
  • A inocencia xustificada (1755)
  • O rei pastor (1756)
  • A illa de Merlín (1758)
  • A árbore encantada (1759)
  • Don Juan (1761)
  • Orfeo e Eurídice (1762)
  • Alceste (1763)
  • Ifigenia en Áulide (1774)