Saltar ao contido

Estética

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A estética é a rama da filosofía interesada pola arte e a beleza en xeral. A palabra deriva das voces gregas αἰσθητική (aisthetikê) «sensación, percepción», de αἴσθησις (aisthesis) «sensación, sensibilidade», e -ικά (ica) «relativo a». Outros autores denominárona caloloxía, de kalos (belo).

Historia da estética

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Historia da estética.

Aínda que o interese polo artístico e a reflexión acerca del son tan antigos coma o ser humano, como disciplina filosófica ten unha orixe recente (s. XVIII), sendo o nome elixido polo filósofo alemán Alexander Gottlieb Baumgarten na súa obra Reflexións filosóficas sobre a poesía (1735) e máis tarde en Aesthetica (1750). Malia isto, o concepto é aplicable aos estudos sobre o tema efectuados por filósofos anteriores, especialmente dende a Antiga Grecia. Cómpre sinalar, por exemplo, que os antigos gregos tiñan unha palabra comparable ao concepto actual de estética, que era φιλοκαλία (filocalia), «amor pola beleza». Poderíase dicir que a estética naceu na Antiga Grecia como concepto, mentres que con Baumgarten converteuse nunha rama da filosofía.

Século XX

[editar | editar a fonte]

A arte do século XX supón unha reacción contra o concepto tradicional de beleza. Algúns teóricos como Hal Foster chegan incluso a describir a arte moderna como «antiestética».[1]

As innovacións tecnolóxicas coma a fotografía, capaz de reproducir o seu modelo con absoluta fidelidade, ou os medios mecánicos de reprodución de obras, que se introducen no conxunto de bens de consumo da sociedade, supoñen a comezos do século XX unha verdadeira convulsión para a teoría e a práctica artística. Así, non só o estudo da estética senón o propio campo da arte vaise orientando cara a unha profunda corrente autorreflexiva que marcou toda a arte do século XX: «¿que é a arte?», «quen define o que é arte?».

  1. Foster, Hal (1983). The Anti-Aesthetic: Essays on Postmodern Culture. Bay Press. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]