Mac OS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "MacOS")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Mac OS
Desenvolvedor Apple
Familia de S.O. Unix
En galego non
Espazo de usuario Acqua
Interface de usuario Dock
Licenza Propietaria, pechada
Última versión estable 10.13
Sitio web apple.com/osx

Mac OS é un sistema operativo creado por Apple para a súa liña de computadoras Macintosh. Na actualidade estáse a comercializar a versión 10.13 (macOS High Sierra) do macOS, a última versión do sistema.

Aparición[editar | editar a fonte]

A primeira versión deste sistema foi lanzada ó mercado en 1984, coincidindo co primeiro ordenador Macintosh. Ó igual que os sistemas empregados en anteriores máquinas de Apple introducía unha interface gráfica manexada mediante o rato, fronte ós PC de IBM desa época, que utilizaban MS-DOS.

Porén, a realidade é que o seu éxito no mercado foi relativo, especialmente tras a xeralización das máquinas PC e a introdución do Microsoft Windows. En calquera caso, sempre mantivo unha cota de mercado aceptable, ó redor dun 5%. Co paso dos anos, os problemas financeiros de Apple e a escasa innovación, xunto coa competencia de alternativas libres como Linux puxeron en risco a continuidade da plataforma.

macOS[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Mac OS X.

No ano 2001 Apple introduciu a versión 10 deste sistema. Esta versión foi revolucionaria, xa que supuxo a ruptura coa liña de desenvolvemento existente ata entón: é un sistema novo, cun fondo UNIX, e que para manter a compatibilidade co software existente ata entón sérvese dun emulador. A introdución deste novo sistema, bautizado como Mac OS X, xunto co éxito doutras áreas comerciais da empresa (iPod) fai que a supervivencia da plataforma pareza garantida. O 13 de xuño de 2016, durante a WWDC, Apple anunciou que OS X pasaría a chamarse macOS, facendoo coincidir co esquema dos nomes dos demais sistemas operativos de Apple; iOS, tvOS e watchOS.[1]

Evolución da súa compatibilidade[editar | editar a fonte]

No 2005 Apple tomou a decisión de deixar de incorporar procesadores PowerPC nas súas máquinas e comezar a empregar Intel Pentium. Isto abre as portas da compatibilidade deste sistema con máquinas PC, e de feito nese mesmo ano comezaron a aparecer os primeiros desenvolvementos extraoficiais con ese obxectivo, aínda que nin contan co apoio da compañía nin con respaldo legal. Nun futuro, porén, non é descartable a aparición dunha versión oficial para PC.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Definitiva y oficialmente OS X pasa a llamarse macOS". soydemac.com (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.