Saltar ao contido

Mestre de capela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Salieri (1750-1825) foi mestre de capela

O mestre de capela (en francés: maître de chapelle, en italiano: mestre dei cappella e en alemán: Kapellmeister) é un músico de experiencia e prestixio, sempre compositor, que forma, xestiona e dirixe ó grupo de cantores e instrumentistas responsable da música sacra nos oficios das igrexas, ou da música profana nas festas cortesás. Tanto ó grupo musical mesmo como ó lugar onde o grupo ensaiaba e recibía clase do mestre, denominábaselle en séculos pasados, sobre todo durante o Renacemento e o Barroco, capela de música, tanto se o grupo era relixioso coma se era cortesán, aínda que o primeiro foi moito máis adoito, particularmente no Renacemento. Nalgunhas catedrais e palacios, a capela de cantores podía diferenciarse da de menestreis. Esta última, a capela de menestreis, chegaba en ocasións a ter o seu propio mestre.

Durante a Idade Media e o Renacemento, a organización gremial do traballo artístico e a súa posición na sociedade (que era a de artesán) determinaban a vida dos músicos: ingresaban de nenos como cantores (chamados seises en España, por ser ese un número frecuente de cantores infantís), quedando dende entón a disposición do mestre, co que vivían. Del aprendían canto chan, contrapunto, a tañer un instrumento (frecuentemente órgano) e quizais composición. De adultos, a súa carreira era de cantores se non perdían a voz, de organistas ou menestreis (músicos de vento) se adquiriran dominio de instrumentos, e de mestres de capela se eran os máis dotados, quen de gañar os concursos que convocaban as igrexas cando había vacantes, ou de ter suficiente prestixio como para ser reclamados por catedrais e capelas cortesás.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]