Aisne
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
| Epónimo | Rio Aisne (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Altos de Francia | ||||
| Capital | Laon | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 523.342 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 7.369 km² | ||||
| Punto máis alto | Q26842902 | ||||
| Comparte fronteira con | Marne, sueste Norte, Francia, norte Ardenas, leste Provincia de Hainaut, nordés Somme, noroeste Sena e Marne, suroeste Oise, oeste Jemappe (1795–1814) | ||||
| Creación | 4 de marzo de 1790 | ||||
| Organización política | |||||
| • Presidente | Nicolas Fricoteaux (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | FR-02 | ||||
| Código NUTS | FR221 | ||||
| Código de departamento INSEE | 02 | ||||
| Sitio web | aisne.com | ||||
Aisne (02) é un departamento francés situado no noroeste de Francia, que pertence á rexión do Alta Francia. O seu nome vén do río Aisne, o cal atravesa o departamento.
Historia
[editar | editar a fonte]O departamento de Aisne é un dos 83 departamentos formados trala Revolución francesa o 4 de marzo de 1790. O departamento de Aisne creouse a partir da segregación das provincias de Île-de-France, Picardía, e da Champagne.
A maioría dos bosques da zona, foron destruídos durante a segunda guerra mundial. A ofensiva francesa na Chemin des Dames na primavera de 1917 é coñecida ás veces como a Segunda batalla de Aisne.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Aisne bordea a rexión de Ardenas e Bélxica polo nordeste. O río Aisne percorre o departamento de leste a oeste, onde se une ao río Oise. A paisaxe do departamento está dominada polas rochas. Destacan sobre todo as paisaxes rochosas de Laon e de Chemin des Dames.
As principais cidades de Aine son:
- Laon, pob. 26.000 (capital)
- Saint-Quentin, pob. 60.000
- Soissons, pob. 30.000
- Tergnier, pob. 15.000
- Château-Thierry, pob. 14.967
Clima
[editar | editar a fonte]Aine ten unha media de precipitacións de entre 500 e 750 mm ao ano.
Economía
[editar | editar a fonte]A agricultura domina a economía de Aisne. Destacan especialmente os cereais e a remolacha. A seda, o algodón, e a la destacan en Saint-Quentin. Saint-Gobain é coñecida pola súa produción de espellos, que vén xa dende o século XVII. Guise é o centro agrícola da parte setentrional de Aisne.
Cultura
[editar | editar a fonte]Durante a segunda guerra mundial destruíronse numerosas construcións de interese arquitectónico. Das construcións que sobreviviron, as igrexas medievais de Laon, Braine, e Urcel son as máis importantes. Tamén destaca o castelo de La Ferté-Milon, en ruínas na actualidade.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Château de Condé, preto de Château-Thierry.
-
Concello de Saint-Quentin.
-
Concello de Château-Thierry.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aisne |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da prefectura
- Páxina web do Departamento Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- Cámara de comercio e industria de AisneArquivado 01 de xullo de 2009 en Wayback Machine.
- Agricultura en Aisne
- Axencia de desenvolvemento de Aisne Arquivado 19 de maio de 2007 en Wayback Machine.
- Sitio oficial de turismo de Aisne
