Pintura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Venus do espello de Velázquez.
Impresionismo: Claude Monet.
Le Déjeuner des canotiers de Pierre Auguste Renoir.

A pintura é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras sustancias aglutinantes orgánicas ou sintéticas, en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nesta arte empréganse técnicas de pintura, coñecementos de teoría da cor e de composición pictórica, e o debuxo. Nun sentido mais específico, a práctica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido, etc.- una técnica determinada, para obter unha composición de formas, cor, texturas, debuxos, etc. dando lugar a unha obra de arte segundo algúns principios estéticos.

O arquitecto e teórico do clasicismo André Félibien, no século XVII, nun prólogo das Conferencias da Academia francesa fixo unha xerarquía dos xéneros da pintura clásica: «a historia, o retrato, a paisaxe, os mares, as flores e os froitos».

A pintura é unha das expresións artísticas máis antigas e unha das sete Belas Artes, e está incluída como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina. En estética ou teoría da arte modernos a pintura está considerada como unha categoría universal que comprende todas as creacións artísticas feitas sobre superficies. Unha categoría aplicable a calquera técnica ou tipo de soporte físico ou material, incluíndo os soportes ou as técnicas efémeras así como os soportes ou as técnicas dixitais.

A pintura é considerada por moitos como un dos soportes artísticos tradicionais máis importantes; moitas das obras de arte máis importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas.

Diferénciase do deseño polo uso dos pigmentos líquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos.

Unha pintura é tamén unha táboa, lámina ou lenzo no que se pintou algo, isto é, unha obra pintada. En referencia á obra pictórica en si: "Unha pintura (cadro) de Picasso".

Tamén denominamos pintura o material de cor preparado para pintar, asi como o oficio do pintor.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da pintura.

A historia da pintura comprende desde a prehistoria ata a Idade Contemporánea, e inclúe todas as representacións realizadas coas diferentes técnicas e cambios, que coincide coa historia da arte no seu contexto histórico e cultural.

O chamado arte parietal consiste en pintura mural feita dentro de covas, este concéntrase fundamentalmente nalgunhas rexións pirenaicas pertencentes a Francia e España e na costa mediterránea o arte levantino, outras mostras inferiores seatopan en Portugal, Norte de África, Italia e Europa Oriental. As pinturas rupestres máis antigas coñecidas atópanse na Cova de Chauvet, en Francia, datadas por algúns historiadores nuns 32.000 anos, entre os períodos Auriñaciense e Gravetiense. Foron realizadas con ocre de arxila, vermello de óxido de ferro e negro de dióxido de manganeso. Tamén cabo destacar as pinturas realizadas nas covas de Lascaux e Altamira. Atópanse debuxados rinocerontes, leóns, búfalos, mamuts, cabalos ou seres humanos a miúdo en actitude de caza.[2]

As imaxes que se poden contemplar nas paredes das tumbas exipcias, remontanse a uns 5.000 anos, son escenas da vida cotiá e de carácter mitolóxico, simbolizadas cos trazos característicos de perfil e utilizando o tamaño das figuras como rango social. Na Antiga Roma era normal decorar os muros das casas e palacios principais e entre as mellor conservadas atópanse as de Pompeia e Herculano. Na época paleocristiá decoráronse as catacumbas con escenas do Novo Testamento e coa representación de Xesús como o «Bo Pastor». Eran figuras estáticas con grandes ollos que parecían mirar ao espectador. Este estilo continuou na escola bizantina de Constantinopla. A pintura románica desenvólvese entre os séculos XII e XIII, sendo as zonas máis interesantes as do sur de Francia e as de Cataluña, a maioría das veces eran temas relixiosos realizados para os ábsidas e muros das igrexas con representacións do Pantocrátor, a Virxe María e a vida dos santos. En pintura gótica ademais dos temas relixiosos represéntanse temas laicos principalmente en Francia e Italia, onde destacou a figura do pintor Giotto.[3]

No renacemento tivo a pintura unha gran influencia clásica, desenvolveuse a perspectiva lineal e o coñecemento da anatomía humana para a súa aplicación na pintura, tamén nesta época apareceu a técnica do óleo. Foi unha época de grandes pintores entre os que destacaron Leonardo da Vinci, Michelangelo, Rafael Sanzio e Tiziano. Na obra da Gioconda sobresaen as novas técnicas empregadas por Leonardo, o sfumato e o claroscuro. Michelangelo realizou unha das máis grandes obras pictóricas: os frescos da Capela Sistina. Os artistas que máis empregaron temas simbólicos foron os do Norte de Europa encabezados polos irmáns Jan van Eyck e Hubert van Eyck. En Alemaña sobresaíu o pintor e humanista Durero.

Notas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aymar, Gordon C (1967). The Art of Portrait Painting (en inglés). Filadelfia: Chilton Book Co. 
  • Calvon Serraller, Francisco (2005). Los géneros de la pintura. Taurus, Madrid. ISBN 84-306-0517-7. 
  • DDAA (2004). La Gran enciclopèdia en català:Volume X. Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-297-5438-5. 
  • DDAA (2004). La Gran enciclopèdia en català:Volume XVI. Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-297-5444-X. 
  • DDAA (1984). Historia Universal del Arte. Madrid: Sarpe. ISBN 84-7291-596-4. 
  • Fuga, Antonella (2004). Técnicas y materiales del arte. Barcelona: Electa-Mondadori. ISBN 84-8156-377-3. 
  • Givone, Sergio (2001). Historia de la estética. Barcelona: Lumen. ISBN 84-309-1897-3. 
  • Gombrich, Ernst (2002). Història de l'art (en catalán). Barcelona: Columna. ISBN 84-8300-768-1. 
  • Maltese, Conrado (2001). Las técnicas artísticas. Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-0228-9. 
  • Pedrola i Font, Antoni (1988). Materials, procediments i tècniques pictòriques (en catalán). Barcelona: Universitat de Barcelona. ISBN 84-7528-588-0. 
  • Suárez, Alícia; Vidal, Mercè (1989). Historia Universal del Arte: Volume IX. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-8909-5. 
  • Sureda, Joan (1988). Historia Universal del Arte:Las primeras civilizaciones Volume I. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 84-320-6681-8. 

Véxase tamén:[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]