Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]), situada no nordés da Península Ibérica, é a capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da Cidade Condal, por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
Cunha poboación de 1.615.448 habitantes, Barcelona é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid, e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km². 2007. Padró municipal d'habitants (en catalán).
Barcelona foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.
Na actualidade, Barcelona é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 35 millóns de pasaxeiros en 2013.
Artigo destacado
editar
O
Arco de Triunfo de Barcelona (en
catalán:
Arc de Triomf) é un
monumento desa
cidade que se ergue na confluencia do paseo de Lluís Companys e o paseo de Sant Joan. Foi construído con motivo da
Exposición Universal de 1888 e era a portada de acceso ao recinto feiral. É obra do arquitecto
Josep Vilaseca i Casanovas. Trátase dunha construción vermelliza de ladrillo vista de estilo
neomudéxar, moi de moda na época. Destacan os seus relevos escultóricos da parte superior: o
friso da fachada principal, a que da ao paseo de Sant Joan, contén a escultura "Barcelona rep les nacions" (Barcelona reciba as nacións) de
Josep Reynés; o da fachada posterior representa "Recompensa", e é unha obra primeriza de
Josep Llimona, que figura o libramento de galardóns aos participantes na 'Exposición.
Lugar de interese
Sabías que...?
editar
- ...en 1716 comeza a construción da Ciutadella a costa do derrubamento de gran parte do barrio da Ribera?
- ...en 1842 Barcelona érguese contra Espartero, e o militar bombardea a cidade?
- ...se produciu un atentado anarquista no Liceu no ano 1893?
- ...Arquivo