Os habitantes de Suecia gozan dun alto nivel de vida, e é un país xeralmente percibido como moderno e liberal. A conservación da natureza, protección do medio ambiente e a eficacia enerxética son polo xeral prioridade na formulación de políticas e contan con acollida por parte da poboación sueca en xeral. Suecia ten sido durante moito tempo un importante exportador de ferro, cobre e madeira, ademais na década de 1890, a escolarización universal e a industrialización permitiron ao país desenvolver unha gran industria manufactureira. No século XX foi clasificada constantemente entre os países con mellor Índice de Desenvolvemento Humano, ocupando en 2007 o sétimo posto a nivel mundial.
A lingua sueca é a lingua oficial do país, se ben dende 2009 outras cinco linguas son recoñecidas como linguas minoritarias no país. A moeda de Suecia é a coroa sueca (SEK).
IKEA é unha corporación multinacional de orixe sueca, fundada en 1943 en Småland, adicada á venda minorista de mobles e obxectos para o fogar e decoración a baixo prezo e deseño contemporáneo. A estrutura organizativa da empresa é opaca e confusa. A marca IKEA pertence a unha fundación con sede nos Países Baixos, baixo o control da familia Kamprad, e que cobra un canon a cada tenda pola súa operación. Á súa vez, as tendas e algunhas fábricas son propiedade de distintas empresas e fundacións interrelacionadas entre si e supostamente tamén controladas pola familia Kamprad, pero cuxa estrutura societaria real non se desvelou completamente.
É unha das principais empresas en fabricación de mobles. En 2007 contaba con 238 tendas en 34 países e emprega a 104.000 traballadores en 44 países. A súa casa matriz está na cidade de Älmhult, Suecia. A empresa é considerada unha icona do deseño contemporáneo e unha das máis prestixiosas e innovadoras. O seu exitoso modelo é motivo de estudo nas escolas de negocios.
A palabra IKEA está formada polas iniciais do seu fundador, Ingvar Kamprad (I.K.), máis a primeira letra de Elmtaryd e Agunnaryd, que son a granxa e a aldea onde creceu, respectivamente.
Estocolmo está formada por 14 illas e illotes, unidos por medio de 53 pontes. O municipio está dividido dende 1998 en 18 distritos, que ten a responsabilidade das escolas primarias, asistencia social o os medios culturais locais. O actual alcalde de Estocolmo é Sten Nordin (dende 2008), do Partido Moderado.
Estocolmo é o centro histórico de Suecia dende o século XIII, grazas a súa localización, na costa leste sueca, no centro sur, cun arquipélago do Mar Báltico en fronte e o lago Mälaren ás costas.
Está considerada como unha cidade global. É unha das cidades máis visitadas do Países nórdicos, darredor dun millón de visitantes tivo no 2006.
As súas dúas paixóns foron o teatro e mailo cine. Por esta última foi recoñecido mundialmente até que en 1983 se retirou da dirección cinematográfica con Fanny e Alexander (3 premios Oscar). Dende entón colaborou en guións e sobre todo escribiu ensaio máis ou menos autobiográficos: Imaxes ou Lanterna Máxica, entre outras. No ano 1997 o Festival Internacional de Cine de Cannes, que celebraba o seu 50 aniversario, concedeulle a Palma das Palmas, unha "Palma de honor" só outorgada naquela ocasión, que lle entregaron todos os galardoados até entón coa Palma de Ouro que se puideron reunir en Cannes.