De acordo coa doutrina do destino manifesto, os Estados Unidos embarcáronse nunha grande expansión en Norteamérica ó longo do século XIX. Isto supuxo o desprazamento das tribos nativas, adquisicións de novos territorios e a admisión gradual de novos estados. Durante a segunda metade do século XIX, a guerra civil estadounidense acabou coa escravitude legal no país. A finais dese século, os Estados Unidos estendéronse ata o Océano Pacífico, e a súa economía comezou a evolucionar.
O grupo destaca pola súa imaxe particular, o seu estilo agresivo de música e as súas caóticas e enerxéticas actuacións en directo. Publicaron cinco álbums de estudio: Slipknot (1999), Iowa (2001), Vol. 3: (The Subliminal Verses) (2004), All Hope Is Gone (2008) que debutou na posición número 1 na lista Billboard 200, e .5: The Gray Chapter (2014). No seu conxunto, Slipknot leva vendidos máis de 20 millóns de discos en todo o mundo, acadando varias certificacións de platino e ouro nos seus álbums. No 2006 gañaron o Grammy á mellor actuación de metal polo sinxelo "Before I Forget". O grupo publicou tamén un álbum de directo titulado 9.0: Live, un recompilatorio titulado Antennas to Hell, e catro DVD de directo.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés:Los Angeles,[lɔːs ˈændʒələs](AFI),escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán:Los Ángeles,[los ˈaŋxeles](AFI)) é a cidade maior do estado de California en canto á poboación, e a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos de América. É unha cidade global con arredor de 3,8 millóns de habitantes e 1214,9km². A área metropolitana dos Ánxeles - Long Beach - Santa Ana é, así mesmo, fogar de aproximadamente 13 millóns de persoas. A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.
Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".
O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.
John Barrymore, nado como John Sidney Blyth en Filadelfia (Pensilvania) o 14 ou 15 de febreiro de 1882 e finado nos Ánxeles (California) o 29 de maio de 1942, foi un actor estadounidense de teatro, cine e radio. Membro das familias de actores Drew e Barrymore (cuxo representante actual máis coñecido é Drew Barrymore), tentou afastarse inicialmente da actuación probando unha carreira como artista, malia que no 1900 actuou no teatro xunto ó seu pai Maurice Barrymore e posteriormente coa súa irmá Ethel no ano seguinte. Comezou a súa carreira oficialmente no ano 1903 gañando atención como actor de teatro en comedias lixeiras nos comezos, pasando por representacións de varias obras dramáticas ata culminar nas producións de Justice (1916), Richard III (1920) e Hamlet (1922).
Após do seu éxito coa obra de Hamlet en Londres no ano 1925, Barrymore deixou o teatro durante uns 14 anos, centrándose ó completo no cinema. Na época do cine mudo obtivo unha boa recepción e foi durante este período onde recibiu o alcume de "o Gran Perfil". A súa voz, traballada no teatro, foi unha baza para el nos comezos do cine sonoro.
A súa vida persoal foi un foco de atención dos medios tanto antes do seu pasamento coma posteriormente. Tivo problemas de alcoholismo dende os catorce anos de idade, casou e divorciouse en catro ocasións, e nos últimos anos da súa vida declarouse en bancarrota. Gran parte dos seus últimos traballos incluían a parodia de si mesmo e o retrato de artistas acabados bébedos.