Leipzig
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Saxonia - Sachsen | ||||
| Capital de | District Office Leipzig (en) Kreishauptmannschaft Leipzig (en) Kreis Leipzig-Land (en) Leipzig District (en) Amtshauptmannschaft Leipzig (en) | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 619.879 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 297,8 km² | ||||
| Bañado por | Elsterflutbett, Weisse Elster (en) | ||||
| Altitude | 110 m-116 m | ||||
| Comparte fronteira con | Leipzig (distrito) (pt) Großpösna Brandis (pt) Borsdorf Markkleeberg (pt) Pegau Zwenkau Markranstädt (pt) Taucha (pt) Krostitz Saxónia do Norte (pt) Jesewitz Schkeuditz (pt) Rackwitz Muldentalkreis (pt) Delitzsch (pt) Leipziger Land (pt) | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Burkhard Jung (2006–) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 04003, 04357, 04275, 04155, 04157, 04109, 04105, 04229, 04317, 04159 e 04177 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0341 | ||||
| Código NUTS | DED51 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 147130000000 | ||||
| Número de municipio alemán | 14713000 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | São Paulo Plovdiv Klaipeda Bamaco Kíiv (1961–) Boloña (1962–) Cracovia (1973–) Brno (1973–) Lión (1981–) Tesalónica (1984–) Hannover (1987–) Nanjing (1988–) Frankfurt (1990–) Birmingham (1992–) Houston (1993–) Travnik (2003–) Adís Abeba (2004–) Herzliya (pt) Cidade Ho Chi Minh (2021–) | ||||
| Sitio web | leipzig.de | ||||
Leipzig (
son (axuda · info); IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km².
Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia.
A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.
O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia.
Xa no ano 1165 a cidade recibiu o dereito de cidade e mercado (agora recinto feiral). Desde entón, Leipzig converteuse nun dos centros de comercio máis importantes de Europa central. A cidade ten unha longa tradición de recinto feiral unha das feiras máis antigas (1190) de Europa. Xunto con Fráncfort é Leipzig o centro histórico da imprenta e do comercio. Ademais, na cidade atópase unha das universidades máis antigas de Alemaña. Nas últimas dúas décadas, Leipzig foi o centro das manifestacións dos luns (Montagsdemonstrationen) de 1989, as cales lle deron o impulso necesario á reunificación alemá.
En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo coro da igrexa de Tomás.
División da cidade
[editar | editar a fonte]Leipzig componse de 10 distritos (Stadtbezirk) con 63 barrios históricos.
Os seguintes distritos limitan coa cidade de Leipzig:
| Krostitz | Jesewitz | ||
| Schkeuditz | Rackwitz | Taucha | |
| Borsdorf | Brandis | ||
| Markranstädt | Markkleeberg | Naunhof | |
| Kitzen | Zwenkau | Großpösna | |
Transportes
[editar | editar a fonte]A cidade dispón desde 1917 de autobuses e tranvías que conectan todos os barrios da cidade entre si. Ademais, estase a construír un metro para certas liñas do tranvía. Leipzig ten tamén un tren suburbano que a conecta coas cidades e vilas próximas dun xeito rápido e efectivo. En 1915 inaugurouse a estación de ferrocarril da cidade, a cal aínda hoxe está en uso e conecta a Leipzig con todo o país. Os aeroportos máis próximos son:
- Aeroporto de Leipzig/Halle, a 15 quilómetros de Leipzig.
- Aeroporto de Leipzig-Altenburgo, a 42 quilómetros de Leipzig.
Persoas destacadas
[editar | editar a fonte]
Leipzig é o lugar de nacemento de moitas persoas destacadas, tales como o filósofo e científico Gottfried Wilhelm Leibniz (1646), o compositor Richard Wagner (1813), o historiador da arte Nikolaus Pevsner (1902), o tipógrafo Jan Tschichold (1902), o pintor Max Beckmann o o socialista Karl Liebknecht (1871).
Moitas outras personalidades traballaron durante gran parte da súa vida na cidade, tales como Johann Sebastian Bach, que morreu nella en 1750, e Felix Mendelssohn Bartholdy, o filósofo Friedrich Nietzsche, o premio nobel de física Werner Heisenberg, a política Angela Merkel ou o construtor de automóbiles August Horch.
Die Prinzen é un grupo de música famoso en todo o país, cuxos integrantes estudaron no Conservatorio Superior Felix Mendelssohn-Bartholdy. O grupo comezou a súa carreira musical a finais dos oitenta e foi un dos poucos "produtos" orixinarios da República Democrática Alemá que logrou manter a súa popularidade na Alemaña reunificada. Die Prinzen contan con 14 discos de ouro e 6 de platino (até 2001), entre outros moitos premios.
Till Lindemann, cantante da banda Rammstein, naceu tamén nesta localidade.
Desde outubro de 2010[1] o Departamento de Translatoloxía e Lingüística Aplicada[2] da Universidade de Leipzig conta cun lectorado de galego [3] e outro de catalán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Galicia Hoxe (20 de outubro de 2010): Abre un novo centro de estudos galegos en Alemaña". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ "Departamento de Translatoloxía e Lingüística Aplicada da Universidade de Leipzig". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ "Blog do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 05 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Berlín Hamburgo Múnic |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Berlín | Berlín | 3 662 381 | 11 | Bremen | Bremen | 584 332 | |
| 2 | Hamburgo | Hamburgo | 1 892 122 | 12 | Dresden | Saxonia | 563 019 | |
| 3 | Múnic | Baviera | 1 512 491 | 13 | Hannover | Baixa Saxonia | 545 045 | |
| 4 | Colonia | Renania do Norte-Westfalia | 1 084 831 | 14 | Nürnberg | Baviera | 523 026 | |
| 5 | Frankfurt | Hessen | 773 068 | 15 | Duisburgo | Renania do Norte-Westfalia | 503 185 | |
| 6 | Stuttgart | Baden-Württemberg | 632 865 | 16 | Wuppertal | Renania do Norte-Westfalia | 358 876 | |
| 7 | Düsseldorf | Renania do Norte-Westfalia | 616 319 | 17 | Bochum | Renania do Norte-Westfalia | 357 024 | |
| 8 | Leipzig | Saxonia | 616 093 | 18 | Bielefeld | Renania do Norte-Westfalia | 331 519 | |
| 9 | Dortmund | Renania do Norte-Westfalia | 601 343 | 18 | Bonn | Renania do Norte-Westfalia | 327 913 | |
| 10 | Essen | Renania do Norte-Westfalia | 584 580 | 20 | Münster | Renania do Norte-Westfalia | 320 946 | |
| Datos do censo a 31 de decembro de 2022[1] | ||||||||
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- ↑ "Mitgliedsstädte". Deutscher Städtetag (en alemán). 31 de decembro de 2022. Consultado o 27 sw maio de 2025.

