Conxo, Santiago de Compostela
Coordenadas: 42°52′03″N 08°33′25″O / 42.86750, -8.55694
Conxo | |
---|---|
![]() Hospital provincial. | |
Concello | Santiago de Compostela |
Poboación | 502 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 16 |
Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 576 habitantes.
Índice
Xeografía[editar | editar a fonte]
Está situada ao suroeste do centro urbano da cidade, á beira do río Sar.
Historia[editar | editar a fonte]
No castriño de Conxo consérvanse restos do poboado castrexo, e nel hai unha rocha con diferentes petróglifos.
Xa no século X apareceu o núcleo de poboación arredor da Igrexa da Nosa Señora da Mercé de Conxo. O castelo da Rocha Forte foi construído no século XIII e foi destruído na Gran Guerra Irmandiña.
Trala división territorial de España en 1833 Conxo constituíuse como concello de seu. En 1837 naceu en Cornes a escritora Rosalía de Castro. En 1856 tivo lugar o Banquete de Conxo, ao que asistiron entre outros Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. En 1873 saíu da estación de Cornes o primeiro ferrocarril de Galicia, con destino Carril.
Anexo á igrexa estaba o mosteiro de Santa María, abandonado trala desamortización, e no que o cardeal Miguel Payá creou en 1885 o Hospital Psiquiátrico de Santiago de Compostela. En 1925 o concello de Conxo pasou a formar parte do de Santiago de Compostela.
Existe unha locución moi común referida a Conxo: Vaiche na misa en Conxo, que se di cando alguén non está, e vai tardar en chegar. Segundo Eladio Rodríguez, a expresión provén de cando foi asasinado o arcebispo Sueiro, en 1366, no contexto duns graves enfrontamentos polos que se ordenou o peche de tódalas igrexas de Santiago. En consecuencia, os composteláns tiñan que ir a misa a Conxo, daquela lonxe da cidade, polo que tardaban moito en ir e volver.[1].
Economía[editar | editar a fonte]
En Conxo ten a súa sede a multinacional galega das telecomunicacións Televés.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Conxo, Santiago de Compostela.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Conxo[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Conxo de Abaixo | Conxo de Arriba | A Curuxeira | A Fervenza | O Monte do Seixo | A Nogueira | Pai da Cana | A Ponte da Rocha | A Ponte Pereda | O Porto | A Poza Real | O Rial | A Rocha Vella | Torrente | A Volta do Castro |
Parroquias de Santiago de Compostela[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
|
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ir.