Portal:Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portal Rusia.jpeg
Coat of Arms of the Russian Federation.svg

Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiya), ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Kuriles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o Océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta con Xapón, ao sur con Corea do Norte, China, Mongolia, Casaquistán, o Mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, Ucraína, Belarús,Letonia, Estonia, co Golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.

Artigo destacado - Избранная Статья

editar

Ipatyev house basement.jpg
A execución da familia imperial rusa, pertencente á dinastía Romanov, tivo lugar en Ekaterimburgo a noite entre o 16 e 17 de xullo de 1918. O tsar Nicolao II, a súa esposa a tsarina Alexandra e os seus cinco fillos (Olga, Tatiana, María, Anastasia e Aleksei) foron fusilados xunto a un grupo de axudantes que decidiron acompañalos no seu exilio, entre os que destacan Eugene Botkin, Anna Demidova, Aleksei Trupp e Ivan Kharitonov. O fusilamento foi executado por un grupo de bolxeviques dirixidos por Iakov Iurovski baixo as ordes do Soviet Rexional dos Urais.

O lugar no que se agocharon os corpos foi descuberto en 1979 polo detective Aleksandr Avdonin, pero o achado dos restos non se publicou ata 1989, durante o período do glasnost...


Imaxe destacada - Избранные фото

editar

Blinier.jpg
Caviar sobre blinis con vodka e champaña doce nun restaurante ruso


Sabías que...? - Знаете ли вы, что...?

editar

Stalin en 1894

  • ...Stalin (na imaxe) non comezou a aprender ruso ata os 8 anos, por que a súa lingua natal era o xeorxiano?
  • ...a cervexa non foi considerada unha bebida alcohólica en Rusia ata 2011?
  • ...o lago Karachai, situado ao sur dos montes Urais, é o lago máis contaminado do mundo?


Biografía destacada - Избранная Персоналии

editar

Vice-AdmiralKolchak.jpg
Aleksandr Vasilievich Kolchak (en ruso:Алекса́ндр Васи́льевич Колча́к), nado en San Petersburgo o 4 de novembroxul./ 16 de novembro de 1874greg. e finado en Irkutsk o 7 de febreiro de 1920, foi un mariñeiro, militar e explorador do Ártico ruso, caudillo do movemento antibolxevique coñecido como Movemento branco durante a guerra civil rusa que dirixiu en Siberia un Goberno oposto ao de Lenin desde novembro de 1918 a febreiro de 1920.

Kolchak comezou a súa carreira como oficial, oceanógrafo e hidrólogo da Armada Imperial Rusa e foi membro e logo comandante de varias exploracións polares auspiciadas pola Academia de Ciencias de Rusia. A illa Kolchak, situada no mar de Kara, foi bautizada na súa honra. Durante a guerra ruso-xaponesa (1904-1905) distinguiuse no sitio de Port Arthur cando unha mina lanzada desde o destrutor ao seu mando afundiu o cruceiro xaponés Takasago. Despois da guerra foi un dos renovadores da frota rusa e participou na creación do Estado Maior da Armada, o equivalente da Stavka. Durante os primeiros anos do século XX, alternou os seus estudos científicos e exploracións coas súas tarefas de modernización da Mariña rusa no Estado Maior...


Símbolos históricos - Исторические символы

editar

Flag of Russia.svg Lesser Coat of Arms of Russian Empire.svg
Himno do Imperio Ruso
gravación de 1915.


Artigos de calidade e bos
Categorías - Категории
Proxectos relacionados
Proxectos irmáns